Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo provincial de OFICINAS Y DESPACHOS, subscrito pola comisión paritaria na súa reunión do día 10 de febreiro de 2011.
Primeiro.–Que o dito acordo de revisión salarial presentouse nesta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar o día 23 de febreiro de 2011, complementándose o 3 de marzo de 2011.
Segundo.–Que
no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e
as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de
terceiros
FUNDAMENTOS
DE DEREITO
Primeiro.–Que
esta xefatura territorial é competente para resolver a presente
solicitude, en virtude do artigo 3 do Real decreto 713/2010, de 28 de
maio, sobre rexistro e depósito dos convenios e acordos colectivos
de traballo e o artigo 3 da Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se
crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da
Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo.–Que
os artigos 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de
marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos
traballadores, outorga facultades á autoridade laboral competente en
orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos acordos
colectivos pactados no ámbito da súa competencia.
ESTA
XEFATURA DE TRABALLO E BENESTAR ACORDA:
1.º.–Ordenar
a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de
Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o subseguinte
depósito do texto e demais documentación orixinal.
2.º.–Dispoñer
a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
3.º.–Ordenar
a notificación desta resolución á comisión paritaria.
A
Coruña, 7 de marzo de 2011
O
xefe territorial de Traballo e Benestar
Luis
Alberto Alvarez Freijido
I
ANEXO Á REVISIÓN DE TÁBOAS SALARIAIS DO ANO 2011 DO X CONVENIO
COLECTIVO DE OFICINAS E DESPACHOS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA A SÚA
PUBLICACIÓN OFICIAL
Na
Coruña, sendo as 13.00 horas do día 10 de febreiro de 2011, reúnese
a comisión mixta paritaria do convenio de oficinas e despachos da
provincia da Coruña para a sinatura da revisión salarial para o ano
2011 do X convenio colectivo de oficinas e despachos da Coruña.
Pola
representación empresarial:
D.
Jesús Vázquez Vázquez (Asociación Profesional de Graduados
Sociales, Asesores Fiscales, Empresarios de la Provincia de La
Coruña).
D.
Isidro Pousada Vales (Asociación Profesional de Graduados Sociales,
Asesores Fiscales, Empresarios de la Provincia de La Coruña)
Pola
representación social:
D.
Angel Iglesias Fernández (Unión General de Trabajadores).
D.
Juana Estébanez Cepedal (Comisiones Obreras).
Acórdase
facultar a D.ª Juana Estébanez Cepedal para a realización de
cantos trámites sexan necesarios ante a Consellería de Traballo ou
outros organismos para a publicación dos acordos da comisión mixta
paritaria do X convenio colectivo de oficinas e despachos da
provincia da Coruña.
Na
Coruña, sendo as 13.30 horas do día 10 de febreiro de 2011, asínase
o presente acordo
Polos
membros da comisión mixta paritaria
TÁBOAS
SALARIAIS ANO
2011
CONVENIO
OFICINAS E DESPACHOS DA CORUÑA
NIVEIS
€/MES €/AÑO
1
1467.51 20545.14
2
1324.55 18543.70
3
1305.60 18278.40
4
1264.81 17707.34
5
1184.52 16583.28
6
1159.65 16235.10
7
1104.47 15462.58
8
1063.45 14888.30
9
1019.86 14278.04
10
1003.70 14051.80
Artigo
19.–Axuda de custos e desprazamentos.
As
axuda de custos para o persoal que, en razón dos métodos de
organización das empresas, deban efectuar saídas fóra do municipio
en que radica o centro de traballo, quedan establecidas da seguinte
maneira:
a)
Para o ano 2011
Por
almorzo: 6,57 €
Por
comida: 19,72 €
Por
cena: 14,23 €
Por
aloxamento: pernoctación pagada cun límite máximo de 65,71 €.
Estas
cantidades son incrementadas conforme á subida salarial do ano 2011.
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2011/03/24/bop_57.pdf#page=77