O martes, 27 de outubro, reuniuse o Consello Nacional da Federación de
Servizos de Comisións Obreiras de Galicia, máximo órgano desta
organización entre congresos. Neste conclave, Antonio Lago (ata ese
momento vogal) foi elixido por unanimidade novo secretario xeral de
CCOO-Servizos.
Antonio Lago substitúe no cargo a Julián Valiente, secretario xeral os
últimos sete anos, e que neste Consello Nacional presentou a súa
dimisión por razóns de saúde.
O Consello Nacional de
CCOO-Servizos tamén aprobou incorporar á súa Comisión Executiva a Xoán
Carlos Viveiro Cadenas (secretario xeral de CCOO en Caixabank) e Isabel
Fernández, que viña desempeñando as funcións de responsable da Muller
nesta federación.