A Federación de Servizos de CCOO gañou as eleccións sindicais en
Adecco Outsourcing en Vigo. Coa vitoria de Comisións remata un proceso
que o sindicato cualifica de «accidentado», pois prolongouse case dez
meses.
O proceso electoral foi obxecto de
numerosas impugnacións dada a actitude da empresa, que o «bloqueou e
retrasou» durante meses. Nesta actitude contou coa axuda do sindicato
«corporativo» FASGA, así cualificado nunha sentenza xudicial sobre o
caso.

Malia os atrancos referidos, a
candidatura de CCOO impúxose ás de FASGA, pois logrou catro dos cinco
membros do comité, mentres que unha terceira candidatura, da UGT quedou,
sen representación.
candidatura de CCOO impúxose ás de FASGA, pois logrou catro dos cinco
membros do comité, mentres que unha terceira candidatura, da UGT quedou,
sen representación.
CCOO atribúe boa parte do
éxito da candidatura á «implicación» dos seus integrantes, así como á
«sintonía» coa maior parte do persoal da empresa. Tamén influíu
positivamente que o sindicato presentara recentemente un conflito
colectivo pola bolsa de horas imposta por Adecco.

Da Federación de Servizos de CCOO agradécenlle á candidatura o traballo realizado e ao conxunto do persoal o seu apoio. Reitera, ademais, o compromiso para «erradicar» a precariedade laboral, tanto nesta empresa como nas restantes darama de actividade denominada «multiservizo», cuxos convenios colectivos «condenan» o persoal a soldos de 800 euros ao mes por xornadas de máis de 40 horas e en moitas ocasións bolsas horarias «abusivas».
CCOO agradece ao plantel e á candidatura o apoio recibido e reitera o seu compromiso para erradicar a precariedade laboral e continúa a súa ofensiva nas empresas denominadas «multiservizos» ou «Outsourcing», onde os convenios colectivos propios condenan ao persoal a soldos de 800 euros ao mes por xornadas de máis de 40 horas e en moitas ocasións bolsas horarias abusivas.