Na sinatura destes dous convenios tivemos en conta
que son dous sectores tocados especialmente pola
crise con empresas que xa pecharon, outras que están con ERTES
continuos e sen demasiadas perspectivas de mellora, polo que
estabamos obrigados a tomar unha posición responsable. De todas
maneira conseguimos asinar, aínda
que sexa de forma moderada, incremento salarial para cada un dos anos
de vixencia e algunha mellora máis. Segue
Texto Convenio Comercio Mobles
Texto Convenio Materiais de Construcción
Comercio do Moble
da provincia de Pontevedra,
chegamos a un
acordo e asinouse este convenio cos seguintes cambios sobre o
convenio anterior:
-
Incremento salarial do 0?25% para 2016, 0?50% para 2017 e 0?75%
para 2018. -
Licencia para acompañamento de fillo menor de 14 anos a asistencia
médica. -
Sometemento o AGA e a Comisión Tripartita Galega
para inaplicación de convenios para solución de conflitos e
posibles descolgues sen acordo.
Comercio Materiais de Construción: O pasado 26 de maio
decidimos firmar o convenio CCOO e UGT, negándose a asinalo a
representación de CIG, situándose en reivindicacións maximalistas
que son claramente inasumibles pola parte empresarial e dificilmente
defendibles na situación actual.
As condicións de modificación sobre o anterior convenio son as
seguintes:
-
Vixencia de 2 anos, ata o 31 de decembro de 2017.
-
Incremento salarial para 2016 do 0,75% e para 2017 o 1,25%, con
cláusula de revisión a final de 2017 sobre o IPC real e sen
carácter retroactivo. -
Establecer como días de licenza retribuída os días 24 e 31 de
decembro de 2016 e 7 de xaneiro e 9 de decembro de 2017. -
1 día por matrimonio de parentes hasta 2º grao.
-
Posibilidade de implantar un protocolo de actuación para a
prevención e tratamento do acoso sexual ou moral nos centros de
traballo. -
Incluír nas competencias dos Comités de Empresa a obriga de
recibir información polo menos anualmente sobre a aplicación na
empresa do dereito de igualdade no trato e de oportunidades entre
homes e mulleres. -
Obrigatoriedade de elaborar un Plan de Igualdade nas empresas que
superen os 250 traballadores e traballadoras. -
Solución de conflitos a traveso do AGA e a Comisión Tripartita
Galega para a inaplicación de convenios colectivos.
Tras esta sinatura só resta
a súa publicación no Boletín.
Vigo a 17
de xuño de 2016