Situación do Convenio Colectivo Comercio-Alimentación A Coruña

 Tras un parón na negociación, o día seis mantivemos unha nova reunión na que
intercambiamos as plataformas reivindicativas de sindicatos e
patronal. A plataforma conxunta das centrais sindicais, pretende sobre a base
do convenio anterior avanzar en temas como:

  • Melloras
    substanciais nos contratos a tempo parcial, no que respecta a tipo
    de horarios, consolidación de horas e promoción a tempo completo.

  • Control de
    Xornada mediante instalación de sistemas de fichaxe.

  • Libranzas
    de fin de semana en tendas de zona de influencia turística.

  • Melloras
    en vacacións e licenza retribuídas.

  • Inclusión
    de normas para o tratamento do acoso.

  • Melloras
    no tratamento dos inventarios.

  • Paga de
    Incentivos por beneficios.

  • Un
    incremento de salarios acorde ás melloras das condicións
    económicas das empresas.

Por parte da patronal, e negociando nunhas condicións económicas
que para nada teñen que ver cos momentos máis difíciles da crise
da negociación do Convenio anterior, manteñen unha actitude de
negociación á baixa, sen presentar unha plataforma clara das súas
pretensións e cunha ambigüidade que deixa ver un intento ou
pretensión de empeorar en aspectos como:

  • Sen
    proposta de incremento salarial definido.

  • Modificar
    Pago IT (baixas por enfermidade ou accidente laboral)

  • Recorte de
    pluses, axudas, nocturnidad e tempo de descanso.

  • Recorte de
    abono de horas extras.

  • Incremento
    das porcentaxes de horas complementarias obrigatorias.

Desde Comisións Obreiras, entendemos que a patronal se equivoca e
que non é o momento de tentar precarizar e empeorar máis as
condicións laborais do persoal que traballa no Comercio de
Alimentación.

https://www.facebook.com/ServizosCCOO

https://twitter.com/servizosccoo