O pasado día 29 de xullo asinamos o convenio de Comercio Retallista Téxtil
da provincia de Pontevedra, nos termos establecidos no preacordo
alcanzado na reunión anterior. Lembramos as melloras que se
introduciron:
-
Vixencia
para os anos 2016, 2017, 2018. -
Incremento
salarial:1.5% para cada un dos anos de vixencia, en tódolos
conceptos económicos. -
Cláusula
de revisión para cada un dos anos de vixencia na diferenza entre o
IPC real e o incremento establecido para este ano. -
Créase
un novo plus de traballo nas tardes do 24 e 31 de decembro
consistente en un recargo de 5? sobre a hora efectiva traballada
entre a partir das 16:00 horas. -
Horas
extraordinarias pasarán a aboarse cunha recarga do 100% do seu
valor habitual. -
Vacacións:
disfrute entre os meses de maio a outubro. Se voluntariamente se
disfrutan fóra deste período o dereito é a 31 días de vacacións
e unha bolsa de 200?. -
Amplíase
a posibilidade de acollerse a excedencia por maternidade ata un
máximo de 4 anos e co límite de idade do fillo o filla de cinco
anos. -
A
póliza de seguro de vida pasa a ser de 20.000 ?. -
Licenzas:
amplíase en 1 día a licenza por matrimonio, pasando a 16 días, e
establécese en 6 días a licenza do artigo 30 por nacemento de fillo
ou filla e polo falecemento accidente ou enfermidade grave,
hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización de
parentes ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade. -
Guarda
legal: amplíase a posibilidade de reducir a xornada ata que o menor
cumpra os 14 anos. -
Posibilidade
de acumulación da lactación en 23 días naturais. -
Nas
empresas con máis de 15 traballadores establecese a xornada efectiva
mínima para os contratos a tempo parcial en 27 horas semanais.
Dende
CCOO facemos unha valoración positiva do acordado, que mellora en
conciliacións e sobretodo nun incremento nas horas mínimas nos
contratos a tempo parcial. Ademais garante un incremento salarial
aceptable para os tempos que corren e a garantía de mantemento do
poder adquisitivo.