O
Convenio Colectivo de Comercio Alimentación de Pontevedra rematou a
súa vixencia o 31 de decembro de 2015. As centrais sindicais
representadas na mesa de negociación,
CCOO, CIG, UGT e USO,
despois de moitos meses conseguimos comezar as negociacións. Despois
de 13 reunións, a patronal segue mantendo as súas propostas, perder
a maioría de dereitos que temos conqueridos, TODOS
E TODAS.
Non falaron de darnos, só
queren quitarnos. Segue
As
Centrais Sindicais,
lexitimadas para negociar e presentes no convenio, despois da última
reunión decidimos convocar unha ASEMBLEA
de sector para contarvos polo miúdo o que pretenden estes
empresarios, pero adiantámosvos algo para que o vaiades asimilando:
-
Vixencia,
cinco anos. -
Eliminar
a promoción interna, modificar as categorías profesionais. -
IT,
eliminar o 100% de salario. -
Cambiar
as compensacións que temos por mobilidade xeográfica. -
Eliminar
antigüidade.
E
por suposto, o incremento salarial é CERO para os tres primeiros
anos e 0.25% para os dous últimos.
Ante
esta agresión
tan brutal de perdas de dereitos,
de perdas económicas, non
podemos estar calados e caladas,
non podemos estar impasibles, debemos reaccionar e espertar canto
antes, polo que convocamos ASEMBLEAS
que convocamos
en domingo para que todos e todas poidamos participar.
ASEMBLEA
EN VIGO: DÍA 23 DE OUTUBRO ÁS 11:30 HORAS NOS LOCAIS DA CIG, RÚA
GREGORIO ESPINO, 47
ASEMBLEA
EN PONTEVEDRA: DÍA 23 DE OUTUBRO AS 11:30 NOS LOCAIS SINDICAIS, RÚA
PASANTERÍA.
¡POR
UN CONVENIO DIGNO, POR UN CONVENIO XUSTO!