Concentración contra o despedimento de dous delegados de CCOO de Eurostars Gran Hotel La Toja

 En xuño de 2015,
o grupo Hoteleiro Hotusa, tras facerse cargo da xestión do Gran Hotel La Toja, presentou ás traballadoras e traballadores cartas
de subrogación nas que se garantían os postos e as condicións de
traballo
. Meses despois, e amparado en informes económicos
desfavorables expresou a súa intención de pechar as súas portas en
tempada baixa.

Mediante un ERTE establecéronse axustes
nas xornadas laborais cun tope de 1.300 horas no ano 2016 para evitar
pechar ao público, compensando períodos de menor e maior afluencia.

Porén, neste último
verán a empresa negociou de forma individual cos afectados o cambio
de contrato fixo a fixo discontinuo, evitando a negociación
colectiva e presionando de todos os xeitos posibles para que os
sindicatos aceptasen esta medida, feito ao que Comisións Obreiras
non cedeu e ao que se opuxo rotundamente.

CC.OO asegura que as
dúas persoas despedidas se caracterizaron polo firme rexeitamento ao
expediente de regulación de emprego
(ERE) formulado pola dirección
do grupo Hotusa, que explota as instalacións. Asemade, denunciaron
incumprimentos da cadea hoteleira, como o non pagamento das horas
extras realizadas durante a vixencia do ERE, xa que o acordo asinado
entre o comité e a dirección fixaba un máximo de 1.300 horas
anuais, que se acabou superando. Tamén se opuxeron á destrución
dos contratos fixos e de maiores de 55 anos, que foron sustituídos
por fixos discontinuos, por xente xoven con salarios de miseria e
alumnos en prácticas
.

Cabe salientar que
esta política de represión sindical de Hotusa estase aplicando con
igual intensidade no Hotel de la Reconquista de Oviedo con despidos
de integrantes do comité de empresa.

Comisións lamenta
tamén a pasividade e falta de solidariedade amosada polos outros
sindicatos con representación na empresa, CIG e CSIF, que ademais
non acudiron á concentración.

concentración LaTojaconcentración LaToja

Máis imaxes

Video: intervención de Isabel, unha das despedidas

En «La Voz de Galicia»