Xosé González, elixido Secretario Xeral no Plenario da Sección Sindical de CCOO Teleperformance Galicia

O pasado martes 6 de xuño tivo lugar o plenario da sección sindical
de CCOO Teleperformance Galicia, no que se debateron os plans de
traballo para realizar en Galicia, ademais de elixirse os novos
órganos de dirección.

Saíu
elixido co 100% dos votos tanto o novo secretario xeral, Xosé
González Paz, coma a nova executiva, composta por 4 persoas de
distintas campañas.

No plenario valoramos o plan de traballo desta
sección sindical, e debatemos sobre os problemas máis importantes
que afectan ao persoal de Teleperformance, de cara a buscar solucións
para cada un deles, temas coma formación,
saúde laboral, conciliación
ou incentivos.