CCOO Servizos considera insuficiente o complemento salarial aplicado por Inditex

Con
respecto ás reunións convocadas pola dirección da empresa, con
toda rapidez, para aplicar un plus que equipare as condicións
salariais das tendas
de INDITEX Ourense e Lugo a outras provincias, desde CCOO queremos indicar: segue

Que
loxicamente estamos a favor de calquera incremento económico, pero
non se pode dicir que o plus foi negociado. O importe do mesmo
decidiuse unilateralmente pola dirección da empresa e o que se expón
para Lugo e Ourense non equipara realmente condicións, non soluciona a
diferenza con respecto a outras provincias e non se achega ás
pretensións que ten CCOO:

  • Desde
    CCOO traballamos para que todas as traballadoras e traballadores de
    INDITEX teñan as mellores condicións laborais, xa sexan de tendas,
    loxística
    ou oficinas,
    evitando que haxa traballadores e traballadoras de primeira,
    segunda e terceira categoría.

  • Por
    iso desde CCOO cremos que a única forma seria e responsable de
    evitar diferenzas nas condicións entre o persoal, é unha reunión
    global a nivel de Galicia. INDITEX ten que sentar a negociar de
    verdade, porque todo o persoal ten que ter as mesmas condicións
    independentemente da provincia e o centro de traballo.

  • Outras
    opcións sindicais son moi libres de dicir e facer o que queiran,
    pero nós limitámonos aos feitos e estes son que non hai
    negociación, hai decisión unilateral da empresa no que respecta a
    importes de complementos por provincia e aínda que non podemos
    negar que o complemento é importante, non podemos conformarnos,
    porque as diferenzas salariais e sociais seguen existindo.

  • En
    CCOO só temos un obxectivo, conseguir que algún día, esperemos
    máis pronto que tarde, absolutamente todo o persoal das tendas de
    INDITEX, teña as mellores condicións sociais e económicas.

https://www.ccoo-servicios.es/galicia/

https://www.facebook.com/ServizosCCOO