Hoxe mércores, 28
de febreiro, o persoal de Perfumerías Muchas en A Coruña elexiu
cunha alta participación a candidatura presentada por CC.OO., cun
total de cinco delegadas de cinco postos a cubrir. Este resultado da
forza ás persoas que a compoñen e que loitan polos dereitos dos
traballadores e traballadoras que as apoiaron.
Cabe salientar que
nas eleccións celebradas o ano pasado en Pontevedra se obtivo o
mesmo exitoso resultado
A Federación de
Servizos de CCOO agradece aos traballadores e traballadoras destas
empresas a confianza depositada no sindicato e garante redobrar o
esforzo e manter o traballo diario.