8M no Corte Inglés

Con
motivo da folga convocada para o día 8 de marzo volvemos a ver que
Fetico e Fasga continúan facendo o mesmo papel, seguidismo da
patronal e das empresas, tentando desprestixiar unha mobilización
histórica e necesaria.

Non
imos perder nin un minuto en responder aos argumentos tan absurdos
que utilizaron na reunión extraordinaria do Corte Inglés de Vigo,
que se celebrou neste centro o día 22 de febreiro. Non recoñecen, e parece non preocuparlles moito, os problemas reais que sufrimos
as mulleres, tamén nesta empresa. Imos explicarvos os motivos que
nos levaron a convocar esta mobilización.

As
CCOO estivemos sempre en primeira liña na loita polos dereitos das
mulleres e pola igualdade. Quixemos protagonizar unha mobilización
laboral sen precedentes na historia do movemento sindical e feminista
en España.

Por
que CCOO pode convocar unha folga xeral? Porque é a primeira
organización sindical neste país e formamos parte de organizacións
sindicais internacionais.

Sobran
os motivos:

  • Os
    contratos de semanas ou meses recaen maiormente nas mulleres, as
    cales están a traballar con xornadas con menos horas.
  • As
    pensións son un 37% máis baixa para as mulleres.
  • No
    2017 foron asasinas 49 mulleres e 8 nenas e nenos por violencia
    machista.
  • A
    brecha salarial segue aumentando en todos os sectores do noso país,
    en traballo de igual valor as mulleres cobran ata un 30% menos que os
    homes.
  • Os
    coidados recaen maioritariamente sobre nós, e 9 de cada 10 permisos
    ou excedencias recaen sobre as mulleres.
  • Cantas
    mulleres están a traballar nos departamentos de loxística? E na
    liña de caixas?
  • E
    cantas de directoras de centros? Teñen o mesmo porcentaxe de
    presenza na empresa?
  • Realmente
    cremos que a igualdade efectiva e real chegou por asinar un acordo ou
    non? queda moito camiño por andar.

Por
todo isto cremos que unha folga de 2 horas por quenda de traballo é
a forma máis eficaz para conseguir este obxectivo. Tamén, porque é
a menos gravosa para o conxunto das persoas traballadoras, ao supor
un menor prexuízo económico.

Todos
os traballadores e traballadoras teñen dereito á folga, é un
dereito recoñecido pola Constitución a todas as persoas
traballadoras, e están cubertas pola convocatoria xeral. Por tanto,
non hai que notificalo, nin preavisar a intención de secundar a
folga. Doutra banda, a empresa tampouco debería preguntar aos seus
traballadores e traballadoras se acudirán a traballar ou non, xa que
podería considerarse un intento de coacción, algo perseguido pola
lei.

Ao
tratarse dunha folga ou paro de 2 horas, o desconto salarial será de
dúas horas incluíndo a parte proporcional das pagas
extraordinarias.