O pasado 5 de abril,
constituíuse a mesa de negociación do noso convenio, os tres
sindicatos puxémonos de acordo en elaborar unha plataforma conxunta
para defendela de forma unitaria a cal foi entregou á patronal o pasado día
16 de abril. As traballadoras e traballadores do téxtil de Ourense temos un convenio prorrogado e con conxelación salarial desde o ano
2011. Non podemos escoitar, cada día, que a situación económica
mellora, e consentir que isto non se reflicta, tanto nos salarios,
como nas condicións de traballo do persoal. Desde a negociación do
convenio temos que traballar para conseguir un salario digno e unhas
condicións que nos permitan conciliar a nosa vida laboral e
familiar. Resumo plataforma sindical conxunta
FAGAMOS
VALER A UNIDADE A UNIÓN FAI A FORZA
Convenio
Comercio Téxtil 2018 Resumo da Plataforma Sindical Conxunta
Vixencia e
duración.
De 1 de xaneiro de
2011 a 31 de decembro de 2019
Salarios.
Anos 2011, 2012,
2013, 2014, 2015, 2016 e 2017: IPC do ano anterior máis 1 punto.
Anos 2018 e 2019: Incremento de 60 ? lineais cada un dos anos nas
quince pagas.
Pagas
extraordinarias.
A paga de beneficios
pasará a denominarse ?paga de primavera?.Como norma xeral, agás
acordo explícito entre as partes, as pagas extraordinarias non se
ratearán nas nóminas mensuais.
Xornada laboral.
-
Xornada
máxima anual de 1.800 horas. -
Libranza
mínima de 18 sábados ao ano. -
Os descansos
durante a xornada serán:-
Xornadas de
5 horas: 15 minutos. -
Xornadas de
6 ou 7 horas: 30 minutos. -
Xornadas
partidas de 8 horas: 15 e 30 minutos (mañá e tarde)
-
-
Nos comercios
con horario de apertura continuada, a xornada laboral das persoas
empregadas será tamén continuada. -
Cada
traballador terá dereito a catro días de asuntos propios que
poderán gozar sempre que os comunique con quince días de
antelación e que non supoñan prolongación ou adiantamento do
período de vacacións.
Traballo en
domingo, festivo e xornadas especiais.
-
O traballo en
domingos, festivos e xornadas especiais serán de carácter
voluntario. -
Enténdese
por xornadas especiais os días 24 e 31 de decembro ou as campañas
extraordinarias (Black Friday etc…). -
A retribución
será de 30 ?/hora, debendo garantirse un mínimo de cinco. -
A xornada
máxima en festivos seguirá sendo de 7 horas, mais para os efectos
da súa compensación, tanto en cartos como en libranza, terá o
mesmo tratamento que se fora de 8 horas.
Vacacións.
31 días naturais e
non poderán comezar a computarse en festivo nin en véspera de
festivo. Axustar a relación entre vacacións e IT ao actual marco
legal. Necesariamente, 15 días gozaranse entre o 15 de xuño e o 30
de setembro.
Contratación
fixa.
Deberá ser dun
mínimo do 75% do cadro de persoal no segundo ano de apertura.
Contratos
formativos e contrato en prácticas.
Regulalos para
evitar o fraude.
Inasistencias
retribuídas.
-
Matrimonio:
18 días. -
Incrementar a
4 días o apartado 2), e a 6 días no caso de desprazamento. -
Un día por
voda de pais, nais, irmáns ou fillos. -
Lactación:
20 días hábiles. -
Revisar garda
legal e paternidade. -
Incrementar
garda legal ata os 14 anos. -
Elección da
concreción horaria na redución de xornada por garda legal. -
Comezo das
licenzas o primeiro día laborable seguinte ao feito causante.
Outras condicións
económicas.
-
Plus
transporte: 51 ? mensuais. -
Plus
nocturnidade: Aboarase nunha contía do 30% do salario base polo
tempo traballado entre as 22:00 e as 8:00 horas.
Novos artigos:
-
Obrigatoriedade
de aplicación do convenio sectorial nas empresas multiservizos. -
Creación
dunha póliza de seguros colectiva. -
Nas xornadas
do 24 e 31 de decembro, a hora de peche non poderá ser máis alá
das 16:00 horas -
Contrato a
tempo parcial: -
A duración
mínima será de 28 horas. -
Xornadas
mínimas de 4 horas continuadas. -
Establecer
limitacións para a celebración destes contratos. -
Consolidación
das horas complementarias: o 50% das realizadas no ano natural. -
As persoas
con concreción horaria tamén se beneficiarán da consolidación. -
As horas
complementarias non poderán superar o 15%. -
As horas que
excedan a xornada contratada que non sexan avisadas con máis de 7
días de antelación, terán a consideración de horas
extraordinarias. -
Preferencia
de conversión dos contratos parciais a tempo completo antes de
realizar novas contratacións parciais.