Sector do Comercio Vario da Coruña: nin atrasos, nin redución de xornada ata os 14, nin complemento por incapacidade

A patronal négase a pagar os atrasos do convenio, a ampliar a redución de xornada ata os catorce anos e insiste en penalizar as baixas por incapacidade (segue)

Dende as tres centrais sindicais,
CCOO-CIG-UGT,
na última reunión mantida ca patronal o dia 8 de maio deixamos moi
claro, unha vez máis, que o complemento por incapacidade nas baixas
NON SE TOCA.
Non imos permitir que a patronal aproveite a negociación do convenio
para recortar os dereitos de todas as traballadoras e traballadores
do comercio da provincia da Coruña, e perder o dereito o cobro do
100% cando se está enferma ou enfermo.

A patronal segue a insistir en eliminar
o cobro do 100% na situación de baixa médica, culpando ás
traballadoras e traballadores do absentismo que, según eles, existe
no sector, co cal os nosos salarios se verían seriamente reducidos.

Levamos dende xuño de 2015 sen
actualizar os nosos salarios e a patronal ofrece un mísero 1% para
cada ano pero sen cobrar atrasos deses anos e perdendo poder
adquisitivo.

Négase a recoñecernos o dereito á ampliación por garda legal ata os 14 anos de idade tal e como se ven
recollendo noutros convenios, dereito necesario para poder conciliar
a nosa vida laboral coa familiar.

As traballadoras e traballadores do
sector do comercio estamos fartas e fartos de escoitar reunión tras
reunión, que o comercio está en crise, cando todas e todos nós
sabemos que iso non é así, todas e todos nós traballamos no
sector e sabemos o que se factura nas tendas, e non é que sexa pouco
e saian perdendo, é que queren gañar máis a conta de recortarnos os
dereitos de todas e todos nós. Por iso debemos demostrar que no
sector do comercio onde traballamos milleiros de traballadoras e
traballadores, estamos máis unidos ca nunca e que imos loitar pola
mellora dos nosos dereitos.

Levanta a túa voz e participa nas
asembleas informativas que se van celebrar nas vindeiras datas para
acordar un calendario de mobilizacións en defensa dos nosos
dereitos!!!

ASAMBLEA
XERAL DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO COMERCIO VARIO, O 29 DE
MAIO AS 22:30H.

Coruña:
Edificio Sindical – Salón de Actos – Alfonso Molina s/n.

Ferrol:
Edificio Sindical – C/ María nº 42.


O
NOSO FUTURO ESTÁ EN XOGO, ASISTE E PARTICIPA !!