Desde
CCOO
consideramos como tema a destacar tras a sinatura do acordo, que por
fin acabamos coa situación de bloqueo que tiña este convenio desde
finais do ano 2010.
Acabouse tanto
a conxelación salarial, como manter un texto que tan só polo simple
paso do tempo era obsoleto nalgúns dos seus artigos.
É
un convenio asinado para o que queda deste ano 2018 e o ano 2019, por
tanto desde
CCOO considerámolo como un convenio de tránsito que nos permite
acabar con este bloqueo e empezar a planificar o futuro a curto
prazo.
É
importante poñer en valor que se desbloqueou o convenio GRAZAS
Á VOSA PARTICIPACIÓN, coa asistencia tanto ás mobilizacións
que tiveron lugar durante o verán, como ás asembleas nos locais
sindicais, deixando claro á luz pública e á Patronal, que este
bloqueo tiña que finalizar. Ler máis
Por
destacar algúns dos termos do acordo indicamos:
–
Incremento salario 2018:
6%
–
Incremento salario 2019:
2%
–
Plus de nocturnidade:
Incremento do 30% de salario entre as 22:00 e as 6:00.
–
Traballo en domingos e festivos:
Compensación de 8 horas por 7 traballadas.
–
Equiparación salario:
Encargada e Dependenta maior.
–
Vacacións:
-
17 días
entre 15 xuño e o 30 de setembro. -
Non poderán
empezar en domingo ou festivo. -
Regulación
en caso de Incapacidade Temporal para gozalas posteriormente.
–
Persoal fixo: Mínimo
de 70% en centros de máis de 12 traballadores aos 3 anos.
– Licenzas
e permisos:
-
Incremento de
días no apartado 2) de licenzas. -
Equiparación
de parellas de feito. -
Incremento
dos días de lactación.
– Contrato
a tempo parcial:
-
Mínimos de
28 H semanais para contratos indefinidos en centros de máis de 5
persoas en plantel. -
Preaviso de
horas complementarias con 7 días de antelación. -
Dereito
preferente a incremento de xornada antes de realizar novas
contratacións. -
Contratos de
menos de 25 H sen peche ao mediodía, xornada continuada. -
Contratos de
menos de 20 H con peche ao mediodía, xornada continuada.
Para
máis información sobre o acordo podes acudir aos locais de CCOO,
onde as delegadas que asistiron ás reunións poderán informarte con
máis detalle.