Mobilizacións polo convenio de enxeñerías: Tecniberia boicotea a negociación

O
pasado mes de Decembro tivo lugar a última reunión da mesa de
negociación do XIX Convenio de Enxeñarías e Oficinas Técnicas sen
chegar a ningún tipo de acordo entre Tecnibería e os sindicatos
presentes na mesma.

Desde
CCOO en Galicia, fomos testemuñas da dinámica de negociación que
ten a nosa patronal estatal: atrasar a proposta e o debate, dilatar
os prazos de reunións, ameazar coa propia desaparición da patronal
por motivos económicos e finalmente tentar forzar á parte social a
incumprir o Acordo Estatal de Negociación Colectiva asinado entre os
nosos maiores: CEOE, CEPYME e as executivas confederais de CCOO e
UGT. Todo isto aderezado coa constante ameaza de considerar decaído
o convenio ao finalizar o ano de ultraactividade legalmente
establecido.

Non
serviu de nada tender a man, ofrecer seguir coa negociación
oficialmente e dar vixencia e estabilidade ao sector durante a mesma.
Nestes momentos, avecíñase un período de incerteza e de alta
conflitividade no sector, tanto xudicial como sindical.

Queremos
trasladar a preocupación pola situación xerada e pedimos a Ageinco
instar a Tecniberia que continúe coa negociación e recoñeza a
vixencia do convenio mentres dure a mesma.

Desde
CCOO Servizos queremos indicar que esta decisión irresponsable, só
pode provocar unha resposta que manifeste nosa máis firme convicción
en apoiar, promover e manter na nosa comunidade, todas as
mobilizacións necesarias en defensa do convenio colectivo, das
condicións laborais do persoal e por tanto do propio sector.

Vídeo