CCOO Servizos acada un excepcional resultado nas eleccións de LIDL Coruña

O día vintetrés de xullo celebráronse eleccións sindicais en LIDL, nas cales se obtiveronn os seguintes  resultados: CCOO: 7, Fasga: 1, CIG: 1. E por iso queremos dicir:

RESPONSABILIDADE: Recollemos esta enorme responsabilidade con entusiasmo e animamos a seguir loitando polos nosos dereitos, sen dar un paso atrás. Os vosos votos dannos a forza e a ilusión para enfrontarnos aos enormes retos do futuro.

TRABALLO: Dedicámonos a traballar durante catro anos, vístesnos nas tendas, negociamos coa empresa acordos importantes que melloran o convenio colectivo… pero o noso traballo (que é o noso mellor aval) está apoiado pola profesionalidade dunha sección sindical estatal e polo sindicato máis representativo do país, e por suposto, o apoio do persoal que acudiu a votar para conseguir estes magníficos resultados.

GRAZAS: Queremos dar as grazas a todas aquelas compañeiras/os que decidiron formar parte das nosas candidaturas e tamén a todas e todos os que votástedes e confiástedes en CCOO.

A LOITA CONTINÚA: Compañeiras, compañeiros….SEGUIREMOS LOITANDO!