"Levámolo dicindo durante todo o verán, despois de que a CEOE se erguese da mesa de negociación: "salario ou conflito". É unha cuestión de principios", sinalou a dirixente sindical ante os medios de comunicación.
"A clase traballadora non pode pagar o custo da crise. Fálase moito de pacto de rendas, pero a patronal só quere oír falar del cando os traballadores e as traballadoras sexan quen asuman o custo da crise, por iso cómpre actuar tamén sobre os beneficios empresariais", clarificou a sindicalista.
Hoxe venres, 7 de otubro, a secretaria xeral de CCOO, canda o seu homólogo da UGT, estarán na concentración convocada en Ourense, ás 12 horas, diante da patronal provincial.
Mobilizacións do venres, 7 de outubro
Xoves, 6 de outubro
— Ourense: concentración ás 12.00 horas diante da Confederación de Empresarios de Ourense. Asistirán a secretaria xeral de CCOO e o secretario xeral de UGT
— Lugo: concentración ás 12.00 horas diante da Confederación de Empresarios de Lugo (só CCOO)
— Pontevedra: concentración ás 12.00 diante da Cámara de Comercio (só de CCOO)
— Vigo: concentración ás 12.00 horas diante da Confederación de Empresarios de Pontevedra