Comisións Obreiras (CCOO) convoca mobilizacións contra as «actitudes antisindicais e anticonstitucionais» de Decathlon, empresa recentemente condenada pola Audiencia Nacional por vulnerar os dereitos das delegadas e delegados sindicais. Por este motivo, haberá unha concentración o vindeiro luns, 12 de agosto, das 12 ás 13 horas, diante da tenda que a compañía ten no polígono de Costa Vella (Santiago de Compostela).
O pasado mes de xuño, a Audiencia Nacional deulle a razón a CCOO mediante unha sentenza en que aprecia a «evidente mala fe» de Decathlon España e estimou que a «vontade» da empresa é «contraria […] a respectar os dereitos dos seus delegados sindicais». O tribunal impúxolle á empresa unha multa de 3.000 euros así como unha indemnización ao sindicato doutros 30 000 por danos e prexuízos.
Tentativa de intimidar a CCOO
Malia este precedente, Decathlon España continúa reincidindo nestas prácticas, neste caso interferindo nas eleccións sindicais do centro de traballo de Costa Vella, en Santiago de Compostela, mediante a comunicación de sancións e despedimentos para «tentar intimidar as persoas que se presentan polas nosas candidaturas».

____________________________________
Actualización: Hoxe, día 12 de agosto, concentrámonos contra as actitudes antisindicais e anticonstitucionais de Decathlon. A continuación amosamos imaxes e vídeo das concentracións:













Información sobre a sentenza da Audiencia Nacional: La AN sentencia que Decathlon vulnera la libertad sindical de los y las delegadas de CCOO
As mobilizacións en presa:
TVE 1: Reportaxe. [Minuto 08:38]
El Español: CCOO protesta ante Decathlon, en Santiago, por sus actitudes "antisindicalistas".
La Vanguardia: CC.OO. protesta ante Decathlon en Santiago por vulnerar “derechos sindicales” pese a haber sido condenada en junio
El Correo Gallego: CCOO denuncia en Santiago las "actitudes antisindicales" de Decathlon
Xornal de Compostela: CCOO protesta diante de Decathlon por vulnerar “dereitos sindicais” a pesar de ser condenada en xuño
Europa Press: CC.OO. protesta ante Decathlon en Santiago por vulnerar "derechos sindicales" pese a haber sido condenada en junio
Diario de Santiago: Una protesta en Santiago exige el fin del acoso sindical en la tienda Decathlon de Costa Vella