A declaración de Zona de Gran Afluencia Turística nunha Cidade non pode supor a precarización do emprego e a perda de dereitos

A
Federación de Servizos de CCOO de Galicia quere saír ao paso das
declaracións vertidas na prensa por parte da Patronal de Grandes
Almacéns (ANGED), nas que vén dicir que deixar fóra das
devanditas zonas ás grandes cadeas de distribución evita a
competitividade das tendas físicas vs tendas online e evita a
creación de centos de postos de traballo que serían necesarios para
atender un horario comercial máis amplo.

É
necesario aclarar que a Patronal ANGED xa vén pedindo desde hai
moitos anos a liberalización total do comercio e só grazas ao
rexeitamento dos Sindicatos e do Pequeno Comercio se puido evitar. 

Esta Patronal sempre argumenta que esta liberalización vai crear emprego, e con todo, ano tras ano o que fai é precarizar a situación no sector, asinando convenios cos seus sindicatos afíns que van minguando as condicións de traballo nos centros. Só no último convenio pasouse a aumentar a xornada en 28 horas anuais e deixar de remunerar os domingos e festivos pasando a traballarse coma se dun día máis se tratase (co que nos podemos imaxinar en que situación nos quedariamos se, como pretenden, nos fan abrir todos os domingos e festivos do ano). Segue

Por
suposto non aceptamos tampouco que se defina ao comercio como un
servizo público, ANGED confunde e esquécese de engadir a
preposición e definilo como o que realmente é, «un servizo para
o público».

Entendemos
que o desafío do comercio hoxe pasa por entender as necesidades do
consumidor ofrecéndolle o que necesita e mantendo un bo ambiente
laboral nas tendas para que o traballador poida desenvolver o seu
traballo en condicións óptimas, e non en fomentar o consumo
irresponsable e baixar prezos á conta das condicións laborais dos
traballadores.

Por
último, se ANGED o que propón é que nos acheguemos ás condicións
de libre apertura de Portugal, nós propomos achegarnos ás
condicións doutros países onde tamén no comercio se pode conciliar
a vida familiar e laboral.

En
definitiva estamos de acordo en afrontar ese debate coherente sobre o
futuro do comercio, sempre que sexa iso (coherente), e non busque
precarizar aínda máis as condicións xa de seu inasumibles de todos
os traballadores e traballadoras do comercio, e considerando que 12
horas ao día 6 días á semana son máis que suficientes para
atender ao consumidor.