Despois dun longo proceso acadamos un acordo no Convenio de Comercio do Metal da
provincia de Pontevedra que levaba en ultractividade desde o ano
2014.
O
principal problema durante toda a negociación foi a pretensión da
patronal de conxelar a antigüidade, ao que finalmente accedemos a
cambio de actualizar a cantidade ao devindicado
á
data de publicación do convenio e un 6% adicional no incremento
salarial para todas a categoría, ademais de que o Complemento de
Antigüidade que teña cada un increméntese cada ano no mesmo
porcentaxe que o faga o salario base. (A modo de exemplo: unha persoa
con 10 anos de antigüidade o seu Complemento de antigüidade sería
o 10% polos dous cuadrienios máis o 2.5% polos dous anos restantes
ata os 10, é dicir o 12.5% do salario base). Ler máis
Ademais
establecemos as seguintes melloras sobre o convenio actual:
-
Incremento
salarial á parte do establecido pola conxelación da antigüidade
será do 1?25% para 2017, o 2% para 2018 e o 1?25% para o 2019,
con cláusula de revisión sobre o IPC real. O cobro de atrasos será
desde xaneiro de 2018. -
Establécese
a obriga de aplicar
o convenio a aquelas empresas multiservizos que traballen no sector. -
A
obriga de negociar o convenio unha vez rematado nun prazo máximo de
tres meses e de non facelo iniciarase coa intervención do AGA. -
Establécense
as vacacións en 22 días laborables cando se traballa de luns a
venres e 24 se se traballa tamén os sábados. -
As
licenzas establécense para todos os familiares ata segundo grao de
consanguinidade ou afinidade. Tamén se establece o goce a partir do
día seguinte laborable. -
Increméntase
a 21 días a posibilidade de acumulación da lactación. -
10
horas ao ano para asistir ao consultorio médico tanto propio como
por acompañamento de familiares. -
O
seguro de vida increméntase ata os 24.000 ? e incluímos a
cobertura da enfermidade profesional.
A
representación de CCOO na mesa de negociación valoramos
positivamente que por fin se alcanzara un acordo que polo menos cubre
unha das nosas prioridades no aspecto económico, máis baixo de
convenio superior a 14.000 euros anuais, e desbloquea unha
negociación que se alongaba moito no tempo.
O
próximo día 24 de outubro teremos a reunión para a firma
definitiva do texto.