Autor: Servicios Galicia

  • Publicado o Convenio Colectivo Comercio Alimentación de A Coruña

    Trala sinatura do preacordo e tal como se informou o vinte de decembro de 2016, CCOO decidiu non asinalo en base a:

    • Por unha parte ao recorrido que aínda quedaba para o proceso negociador e a posibilidade de iniciar campañas de mobilizacións e folga
    • Por outra a unha serie de temas fundamentais que era importante mellorar respecto ao convenio anterior:  
      • Non reduce a xornada laboral: é un dos convenios coa xornada anual máis alta e non considera un mínimo de sábados libres ao ano
      • Non regula o control de presenza polo que se seguirán producindo prolongacións irregulares de xonada
      • O incrementos salariais son insuficientes
      • Non referencia o mantemento do poder adquisitivo ao IPC

    Texto Convenio Colectivo Comercio Alimentación A Coruña (01.01.2016 a 31.12.2019)

  • CCOO Servizos obtén toda a representatividade en DÉCIMAS (A Coruña, Ferrol e Santiago)

    CCOO gañou as eleccións sindicais ao ter sido elexidas as tres delegadas de personal que se presentaron, quedando a CIG sen representación.

    CCOO mellora os resultados obtidos nas anteriores eleccións en Sport Street S.L., empresa da que provén Décimas SLU, despois da segregación en distintas marcas.

    Cabe salientar que o plantel é maioritariamente feminino e que estre feito se reflectiu na elección das representantes. CCOO quere expresar o seu agradecemento ás persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza nas Comisións Obreiras.
  • Asinado acordo económico en Randstad Project

    No día de hoxe asinouse o primeiro acordo económico entre a
    dirección de Randstad Project e o Comité de Empresa co que se
    consegue mellorar os salarios do colectivo que presta os seus
    servizos para a empresa GEFCO en Vigo, nun porcentaxe superior ó 8%.

    Este acordo baséase en dous aspectos fundamentais, os cales teñen
    un compoñente económico claro e que consegue mellorar os baixos
    salarios destes traballadores e traballadoras. Estes dous aspectos
    son por unha banda a regulación da xornada laboral e por outro as
    condicións económicas que se rexen por un moi baixo convenio de
    empresa. Segue

     No que respecta á xornada laboral, acordamos en resumo que todas as
    horas que se realicen en sábado e domingo despois das primeiras 21
    realizadas, se abonen ao prezo de hora extraordinaria e ao prezo
    establecido no grupo IV do convenio (supón un 1,8% de incremento no
    valor de cada hora). Antes deste acordo e por aplicación da xornada
    flexible establecida no Convenio moitas das horas que se realizaban
    en sábado ou domingo considerábanse ordinarias.

    En canto ás condicións económicas o acordo supón un incremento do
    salario bruto anual do 8,15%, pasando dun salario bruto anual de
    10.450 eur a 11.247,17 eur (10.839,17 eur de salario base, 308 eur de
    plus de asistencia e 100 eur de plus de sinistralidade). Ademais todo
    o persoal pasa do grupo I actual ao grupo III, con aplicación dos
    salarios correspondentes do grupo IV, o que suporá que se lles
    aplique ademais o incremento que se acorde para este último grupo na
    negociación que se está producindo actualmente a nivel estatal do
    Convenio Colectivo desta empresa.

    O 8,15% parece un incremento importante, pero en CCOO temos claro que
    cando se fala duns salarios tan baixos, un incremento deste tipo non
    se pode considerar significativo, polo que consideramos que temos a
    obriga como sindicato de seguir loitando por uns salarios dignos para
    este colectivo. Este acordo non pode ser máis que un primeiro paso
    en busca do obxectivo principal de lograr que os traballadores e
    traballadoras de Randstad Project, e de todas as empresas de
    multiservizos, gocen das mesmas condicións que teñen os que
    traballan para a empresa principal.

    Queremos significar e poñer en valor o labor dos cinco compoñentes
    do Comité de Empresa, todos eles de CCOO, que en menos de seis meses
    desde a súa constitución conseguiron mellorar as condicións de
    traballo dos seus representados. Cónstanos a CCOO que non están do
    todo satisfeitos e que seguirán loitando, co noso apoio e o do
    persoal, por mellorar ao máximo tanto as condicións económicas
    como as laborais de todos os traballadores e traballadoras.

  • BBVA: non máis despedimentos, non hai razóns

    BBVA despediu a 50 traballadoreslas nos últimos meses, polo que o banco considera»baixa produtividade,
    intencionada e voluntaria». Nada máis lonxe da realidade: o
    banco obtivo este ano uns
    beneficios de 3. 475 millóns de euros, todo para manter
    unhas inmorais retribucións de 2. 200 Directivos, faltos de talento
    para o posto que desempeñan
    e que son incapaces de acadar as cifras de beneficios que xustifiquen as súas
    altísimas remuneracións. 

    Están preparando o terreo para acelerar o «Banco
    Dixital»e atentar agora contra o emprego de todos e todas nós. A Reforma Laboral de
    2012 favorece a impunidade empresarial para levar a cabo estes despedimentos
    inxustos, que o banco, nos xulgados, recoñece como improcedentes,
    pero que deixan na rúa a
    50 familias. Ademais, con estes despedimentos,»pinga a pinga»,
    BBVA persegue manter
    amedrentado a todo o seu persoal. 

    Ante esta actitude
    dos novos responsables de Recursos Humanos en BBVA, que destrúe emprego, o conxunto
    da representación sindical de BBVA mobilizámonos co cadro de persoal para ir
    desenvolvendo as accións necesarias ante a sociedade, que deixen en evidencia o falso
    discurso de Ética e Responsabilidade Social que manexa o BBVA. Atentar contra o emprego é agredir ao personal así como unha irresponsabilidade social.

    Despedimentos BBVA

    Vídeo

  • CCOO gaña por maioría absoluta as eleccións en Coremain

    A candidatura de CCOO gañou as eleccións sindicais celebradas
    hoxe en Coremain, despois dunhas eleccións parciais anteriores cun
    resultado parello para ambas candidaturas. 

    O sindicato revalidou a
    súa maioría cun resultado de 7 delegados, correspondendo 6 para
    CIG, cun censo aproximado de 190 traballadoras e traballadores. Cabe
    salientar que foi un proceso con incidencias, derivado de expedientes
    iniciados pola empresa ao longo da campaña electoral.

    CCOO considera moi importante o triunfo nestas eleccións pois
    permite continuar na liña de traballo dos últimos meses ademais de
    constituír un claro recoñecemento ao traballo desenvolvido.

    Por
    último, agradecer a todo o persoal a confianza depositada na
    candidatura das Comisións Obreiras.