Autor: Servicios Galicia

  • Terceiro acordo de condicións laborais en Adecco Outsourcing na provincia de Pontevedra

    Nas asembleas
    celebradas no día de hoxe xoves, vinte e dous de decembro, nos
    locais de CCOO en Vigo, referendouse por unanimidade o acordo sobre
    salarios que se comezará a aplicar a partir do 1 de xaneiro de 2017.

    O acordo supón a
    converxencia salarial progresiva en 3 anos cos salarios establecidos
    no Convenio de Transporte de Mercadorías de Pontevedra partindo da
    retribución anual de cada traballador, o cal no 3º ano quedará
    establecido en 14.679 eur para o Peón Especializado e para a de Xefe
    de Equipo en 16.091 eur. A partir do ano 2020 aplicaranse os salarios
    establecidos no devandito convenio.

    Por outra banda, no
    ano 2017 revisaranse as funcións das persoas con categoría de Peón
    Especializado e en razón destas reclasificaranse a Oficial de 2ª
    (cun salario de 15.091,35 eur en 2019) ou Oficial de 1ª (con salario
    de 15.631,50 eur en 2019). Segue

    Outra cuestión
    importante recollida neste acordo é que para os cálculos
    indemnizatorios individuais en caso de despedimento improcedente ou
    obxectivo e os de finalización de contrato, aplicaranse os salarios
    establecidos para o ano 2019.

    Este acordo supón
    un incremento medio no salario fixo de máis do 8% en cada un dos
    anos. Ademais, se engadimos as melloras económica que se establecen
    nos dous acordos anteriores coa creación de pluses novos (Plus de
    distancia/desprazamento, Plus de puntualidade e asistencia,
    Complemento de IT ao 100% en accidente laboral e ao 75% en
    enfermidade común) e a regulación da bolsa de horas que supuxo un
    incremento importante nas horas extras; neste ano 2016 a
    representación de CCOO no Comité de Empresa viu recompensado o gran
    esforzo realizado para mellorar as paupérrimas condicións de
    traballo do persoal desta empresa de Multiservizos.

    Pero quedan máis
    asuntos que tratar. Agora precísase constituír o Comité de Seguridade e
    Saúde no mes de xaneiro e desde este mellorar as condicións de
    traballo nesta materia. Tamén é necesario facer un seguimento do
    cumprimento dos acordos para que o esforzo realizado se vexa
    realmente e efectivamente compensado.

    Desde que naceu este
    comité, o 5 de febreiro de 2016, o compromiso adquirido co persoal
    foi conseguir mellorar ao máximo as condicións de traballo e até
    a data hai que recoñecer que o cumpriu sobradamente.

    Vigo a 22 de decembro de 2016

    JORGE CARNEIRO PENEDO

    Responsable da Federación de Servizos na provincia de Pontevedra.

  • Convocatoria asembleas nivel I Federación de Servizos

    O
    pasado 11 de xullo o Consello Confederal de Comisións Obreiras
    aprobou as normas do XI Congreso do sindicato, procedéndose a
    renovar con elas todas as estruturas de CCOO.

    Como
    afiliado, afiliada, ao sindicato, tes o dereito a ter voz e voto e
    participar nesta renovación de
    CCOO
    .

    A
    pesar de non pasar máis de dous anos do primeiro congreso da
    Federación de Servizos de CCOO de Galicia, onde agrupamos a atención
    sindical de diferentes sectores, como os Servizos Administrativos e
    Financeiros, o Comercio, a Hostalaría, Seguros, Enxeñarías,
    Contact Center, TIC´s, etcétera, o próximo 13 de marzo de 2017, en
    Santiago, celebraremos o II Congreso da Federación en Galicia.

    Sete
    mil persoas manteñen a súa afiliación á Federación de Servizos,
    demostrando a súa confianza na atención sindical e asesoramento
    ante conflitos individuais ou colectivos
    . Segue

    Documento en PDF

    Durante
    este curto período, demostramos a utilidade do sindicato como
    ferramenta de mellora das condicións de traballo nos nosos sectores,
    liderando a negociación colectiva, e
    asinando os convenios colectivos provinciais de Comercio de
    Alimentación en Pontevedra e Lugo, Comercio de Materiais de
    Construción e Saneamentos na Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense,
    Comercio retallista téxtil de Pontevedra, Comercio do Moble de
    Pontevedra e Comercio do Metal en Lugo
    .

    Igualmente,
    realizamos mobilizacións importantes contra o bloqueo nos convenios
    colectivos de Aforro e Contact Center, contra os Expedientes de
    Regulación de Emprego de Tragsatec, Banco Popular, Eurostars Gran
    Hotel La Toja, entre outras empresas, contra a precariedade laboral
    en Galicia, contra a liberalización dos horarios comerciais, entre
    moitos outros conflitos.

    Por
    todo iso, e ante a importancia da túa implicación, animámoste a
    participar
    neste proxecto ilusionante de renovación do sindicato, e
    convocámoste ás asembleas
    congresuais do teu ámbito sectorial

    que podes ver na listaxe adxunta, lembrándoche a importancia que ten
    a túa achega nas devanditas asembleas congresuais e a túa
    colaboración activa para
    fortalecer o sindicato, a mellor ferramenta para a defensa dos
    intereses dos/as traballadores/as, axudando a estender a afiliación,
    propóndolla aos teus compañeiros e compañeiras de traballo, e en
    xeral, cooperando na difusión dos nosos obxectivos, que son os de
    conseguir emprego mellor e máis
    seguro para a clase traballadora, mellores condicións de vida e
    lograr maiores cotas de igualdade e xustiza social
    .

    Nas
    seguintes ligazóns podes consultar as normas e regulamentos que
    rexen as asembleas congresuais, así como os diferentes documentos
    obxecto do debate pola afiliación.

    Normas
    e reg
    ulamentos

    Documentos
    para o debate:


    Asembleas
    para el
    ixir
    a delegación correspondente a
    o
    nivel II d
    o
    Congreso de CCOO Servizos Galicia

    Asembleas
    para el
    ixir
    a delegación correspond
    ente
    aos Congresos Comarca
    is
    d
    o
    S.N. de CCOO de Galicia

  • CCOO Servizos non asina o preacordo do Convenio Comercio Alimentación provincia de A Coruña

    O 14 de
    Decembro, chegouse a un preacordo para a firma do Convenio Colectivo
    de Comercio Alimentación da provincia da Coruña.

    CCOO
    decidiu NON ASINALO

    e a decisión, aínda que difícil de tomar, faise desde a
    responsabilidade que temos como sindicato na defensa das condicións
    laborais dos traballadores e traballadoras do sector.

    A
    decisión de NON ASINALO non é caprichosa
    ,
    tomámola baseándonos nunha serie de temas fundamentais que
    queriamos mellorar con respecto ao convenio anterior, unha vez pasado
    o máis duro da crise económica e na idea de que presionando á
    patronal, poderiamos conseguir un convenio con mellores condicións: Segue

    • NON
      REDUCE A XORNADA LABORAL
      ,
      cando actualmente o de Comercio Alimentación Coruña é un dos
      convenios coa xornada anual máis alta, nin entra a discutir a nosa
      pretensión de conseguir un mínimo de sábados libres ao ano como
      posible mecanismo para reducir a xornada.

    • NON
      FALA SOBRE CONTROL DE PRESENZA DIARIO
      ,
      cando todos e todas sabemos que se producen excesos de xornadas á
      hora de entrada e saída. Horas extras encubertas que non se abonan
      nin compensan. Parece que a algúns iso non lles importa.

    • Ten uns
      INCREMENTOS SALARIAIS INSUFICIENTES
      ,
      porque a algunhas das empresas que o asinan, como GADISA ou FROIZ,
      éncheselles a boca falando dos seus grandes beneficios nos medios
      de comunicación ou nas ceas e reunións de empresa, para logo
      propoñer incrementos salariais para os seus persoais que oscilan
      entre os 9? ao mes para as categorías máis baixas e 17? ao mes
      para as máis altas.

    • NON
      GARANTE O MANTEMENTO DO PODER ADQUISITIVO
      ,
      porque non garante os incrementos salariais en función dun máis
      que posible incremento do índice anual de IPC, co que pode pasar
      que o IPC se dispare e sexa o persoal quen o asuma para maior
      beneficios das empresas. Por exemplo, un IPC do 1,25% no 2017, come
      a escasa subida salarial de 9?. VERGOÑOSO.

    Nestas
    condicións CCOO NON PODÍA ASINAR O CONVENIO

    e propoñiamos realizar mobilizacións ao longo da campaña de Nadal,
    para sacar á luz pública esta situación e como medida de presión
    para que a Patronal atendese ás nosas reivindicacións de mellora.

    USO e
    UXT, decidiron renunciar ás mobilizacións, encartarse á patronal e
    asinar o convenio cunha máis que axustada maioría do 53% de
    representatividade.

    Asinan e
    fano baixo a escusa de que os traballadores e traballadoras non
    queren que os sindicatos nos mobilicemos, pero a realidade é que non
    deixaron que decidisen como adultos responsables se querían ou non
    mobilizarse, tratando ao persoal como nenos aos que hai que tutelar.

    Agora
    que cada un saque as súas conclusións, asuma as súas
    responsabilidades e teña en conta o que pasou á hora de decidir a
    quen cede a súa representación cando toquen eleccións sindicais
    .

    https://www.facebook.com/ServizosCCOO


    https://twitter.com/servizosccoo

  • #15D #recuperardereitos AS PERSOAS E OS SEUS DEREITOS, O PRIMEIRO

    É o momento de aproveitar a nova situación política de España. Os acordos van ser necesarios. As organizacións sindicais somos a voz dos traballadores e as traballadoras e queremos mudar as cousas. E non o conseguiremos sen combinar mobilización e negociación, presión e diálogo. 
    UGT e CCOO queremos participar neste novo escenario de concertación con
    obxectivos reais e concretos, con prazos de execución definidos e
    posibles, nun diálogo social efectivo e verificable.

    Neste sentido, o Goberno e as forzas parlamentarias teñen unha responsabilidade que deben asumir, pero tamén a patronal.

    #15D Vigo

    Temos razóns para mobilizarnos. Acabouse a etapa das medidas unilaterais
    baseadas nos recortes, e cuxas consecuencias sobre a cidadanía en xeral
    ?hoxe máis pobre?, sobre as condicións de vida dos traballadores e as
    traballadoras se ignoraron.

    É o momento de facer presión para
    conseguir cambiar o rumbo cara a unha política orzamentaria que poña en
    primeiro lugar as persoas, o crecemento, o emprego de calidade, as
    pensións e o fortalecemento das redes de protección.

    Para iso
    cómpre unha reforma fiscal integral baseada en criterios de suficiencia e
    equidade, facer que o crédito chegue de novo ás familias e ás empresas
    cun modelo financeiro no que a banca pública ?o ICO e as entidades que
    tivemos que rescatar en período de crise e que agora son do Estado?
    desempeñe un papel destacado.

    CCOO e UGT coidamos necesario facer
    ver que é o momento de reverter as cousas, de abrir un tempo de diálogo
    e consenso verbo dos grandes retos que temos por diante: reactivación
    económica; emprego de calidade; derrogar as reformas laborais, a Lei
    27/2013 de racionalización e sustentabilidade da Administración local, e
    o artigo 315.3 do Código penal; a LOMCE, as reválidas e os recortes en
    educación e no resto de servizos públicos; reformar a fiscalidade;
    garantir as pensións, asegurar os servizos públicos; reforzar os
    sistemas de protección social e a igualdade real e efectiva, non só
    entre homes e mulleres, tamén naqueles grupos de persoas traballadoras
    que, polas súas características inherentes, non son tratadas en
    condicións de igualdade; e protexer as persoas asiladas e migrantes.

    É
    o momento de negociar, mais tamén de mobilizar para esixir que o
    diálogo social se traduza en resultados tanxibles, que se atenda a
    cidadanía, que se nos permita saír da senda da desigualdade e a pobreza,
    reducir substancialmente o desemprego e impulsar un crecemento
    económico sostible, con máis e mellores empregos, mellores salarios
    ?incluído un salario mínimo interprofesional do 60 % do salario medio ao
    final da lexislatura? e garantía para as pensións e o seu poder
    adquisitivo, así como recuperar as liberdades e dereitos democráticos.