Autor: Servicios Galicia

  • Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en LIDL SUPERMERCADOS

    A
    Comisión E
    xecutiva
    da Federación de Servi
    cios
    de CCOO, n
    a
    s
    úa
    reunión d
    o
    pasado 1 de d
    ecembro
    de 2016, aprob
    ou
    a convocatoria d
    o
    Plenario de Constitución da Sección Sindical Estatal de LIDL
    SUPERMERCADOS
    que se celebrará
    en Madrid o
    próximo 9 de febreiro
    de 2017, así como as Normas de
    Funcionamento
    do
    mesmo.

    A Dirección Provisional de CCOO Servizos
    Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este proceso pola
    C.E. Federal, así como do Regulamento interno de seccións sindicais
    aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de 2015, adopta as
    seguintes normas para o seu desenvolvemento en Galicia.

    Normas Plenario LIDL Galicia GL Normas Plenario LIDL Galicia ES

  • Información das Asembleas Congresuais de primeiro nivel de CCOO Servizos Galicia

    A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, na súa reunión do 12/12/2016, aprobou a orde do día e regulamento das asembleas de agrupamentos de centros de traballo convocadas pola Federación, polo que publicamos a listaxe total de asembleas de primeiro nivel convocadas no ámbito da Federación de Servizos de Galicia. Achegamos o Regulamento e a orde do día para o seu coñecemento.

  • Novo acordo de condicións laborais en Adecco Outsourcing SAU na provincia de Pontevedra

    Despois do acordo asinado o pasado mes de xuño
    sobre bolsa de horas, neste mes de decembro a representación de CCOO
    en Adecco Outsourcing
    SAU da provincia
    de Pontevedra alcanzamos un novo acordo coa empresa, esta vez sobre
    licenzas retribuídas, plus de distancia/desprazamento, entrega de
    vestiario e mobilidade xeográfica. Este acordo, como o anterior foi
    referendado en asemblea e por unanimidade dos asistentes.

    Doutra banda, temos pendente un acordo sobre salarios que esperamos
    se poda asinar a finais do presente mes de decembro para que sexa de
    aplicación xa no ano 2017. Esta negociación baséase na procura do
    incremento de salarios sobre a base de acadar, nun período por
    determinar, os establecidos no sector de referencia, neste caso o de
    loxística da provincia de Pontevedra. Segue

     As melloras producidas nos apartados acordados sobre o establecido
    ata o momento, que ao tratarse dunha empresa sen convenio regulador,
    eran as establecidas no Estatuto dos Traballadores, son as seguintes:

    Permisos retribuídos:

    • Por matrimonio de pais, pais políticos, fillos, irmáns así como
      dalgunha outra persoa que conviva co traballador: 1 día natural

    • Por nacemento de fillo: 3 días laborables.

    • Por falecemento de cónxuxe ou fillos: 10 días naturais.

    • Por falecemento de pais ou irmáns: 5 días naturais.

    • Por falecemento de familiares de 1º e 2º grao por afinidade: 3
      días naturais.

    • Por hospitalización ou intervención cirúrxica de pais, cónxuxe
      ou fillos: 4 días naturais

    • Por hospitalización ou intervención cirúrxica de familiares ata
      2º grao de afinidade: 3 días.

    • En todos os casos de licenzas, que se requira un
      desprazamento de máis de 40 Km. ao centro hospitalario aumentarase
      1 días natural ou 2 días se se producise fóra
      da Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Por asistencia a consultorio médico 13 horas anuais salvo por
      enfermidade grave ou médico especialista que será polo tempo
      indispensable e sen límite. Destas 13 horas non se detraerán as
      ausencias por indisposición acaecida durante a xornada de traballo
      xustificadas con xustificante médico.

    • tempo indispensable para acompañamento de
      familiares de 1º grao ou irmáns a sesións de radio/quimio
      terapia.

    • Por acompañamento ao médico de fillos menores de 14 anos cun
      límite de 16 horas anuais, salvo por enfermidade considerada grave
      que non tería límite.

    Plus de distancia/desprazamento para aqueles traballadores
    cuxo domicilio diste do centro de traballo máis de 40 Km., 20 eur. mes, ou entre 40 e 60 Km. 25 eur.mes, ou máis de 60 Km. 30 eur.mes.

    Establécese a posibilidade de mobilidade
    xeográfica
    aos límites da provincia
    de Pontevedra.

    Establécese o pago
    da nómina
    o primeiro día hábil de
    cada mes.

    Por último, agradecer e
    recoñecer o gran traballo
    da representación de CCOO neste Comité de Empresa e animar
    aos seus integrantes a seguir nesta liña.

    Vigo a 13 de decembro de 2016
    JORGE CARNEIRO PENEDO
    Responsable da Federación de Servizos na provincia de Pontevedra.
  • Concentración contra o despedimento de dous delegados de CCOO de Eurostars Gran Hotel La Toja

     En xuño de 2015,
    o grupo Hoteleiro Hotusa, tras facerse cargo da xestión do Gran Hotel La Toja, presentou ás traballadoras e traballadores cartas
    de subrogación nas que se garantían os postos e as condicións de
    traballo
    . Meses despois, e amparado en informes económicos
    desfavorables expresou a súa intención de pechar as súas portas en
    tempada baixa.

    Mediante un ERTE establecéronse axustes
    nas xornadas laborais cun tope de 1.300 horas no ano 2016 para evitar
    pechar ao público, compensando períodos de menor e maior afluencia.

    Porén, neste último
    verán a empresa negociou de forma individual cos afectados o cambio
    de contrato fixo a fixo discontinuo, evitando a negociación
    colectiva e presionando de todos os xeitos posibles para que os
    sindicatos aceptasen esta medida, feito ao que Comisións Obreiras
    non cedeu e ao que se opuxo rotundamente.

    CC.OO asegura que as
    dúas persoas despedidas se caracterizaron polo firme rexeitamento ao
    expediente de regulación de emprego
    (ERE) formulado pola dirección
    do grupo Hotusa, que explota as instalacións. Asemade, denunciaron
    incumprimentos da cadea hoteleira, como o non pagamento das horas
    extras realizadas durante a vixencia do ERE, xa que o acordo asinado
    entre o comité e a dirección fixaba un máximo de 1.300 horas
    anuais, que se acabou superando. Tamén se opuxeron á destrución
    dos contratos fixos e de maiores de 55 anos, que foron sustituídos
    por fixos discontinuos, por xente xoven con salarios de miseria e
    alumnos en prácticas
    .

    Cabe salientar que
    esta política de represión sindical de Hotusa estase aplicando con
    igual intensidade no Hotel de la Reconquista de Oviedo con despidos
    de integrantes do comité de empresa.

    Comisións lamenta
    tamén a pasividade e falta de solidariedade amosada polos outros
    sindicatos con representación na empresa, CIG e CSIF, que ademais
    non acudiron á concentración.

    concentración LaTojaconcentración LaToja

    Máis imaxes

    Video: intervención de Isabel, unha das despedidas

    En «La Voz de Galicia»