Autor: Servicios Galicia

  • Desconvocada a folga de Comercio-Alimentación da provincia de Pontevedra

    Nas asembleas celebradas no día de hoxe, cunha participación de máis de 300 persoas, e que foron convocadas para valorar o preacordo ao
    que se chegou o pasado día 2 e decidir sobre a folga convocada para
    os días 5 e 7 de decembro, decidiuse por unanimidade validar os termos do acordo
    acadado entre a patronal e os catro sindicatos presentes na mesa de
    negociación, coa participación en calidade de mediadores do AGA de
    Jose Mª Casas e Ana Pouso.

    Os termos de este acordo de mellora sobre o actual convenio son os
    seguintes:

    negociadores CCOOasemblea

    • Vixencia de catro anos cun incremento en tódolos conceptos
      económicos do 1% para 2016, 1% para 2017, 1´5% para 2018 e 1´5%
      para 2019. No referente a xornada, 20 minutos de descanso
      retribuído para xornadas continuadas de máis de 6 horas.

    • No referente a xornada, 20 minutos de descanso
      retribuído para xornadas continuadas de máis de 6 horas.

    • Prioridade para as contratacións de tempo parcial para ocupar as
      vacantes a tempo completo e consolidación do 50% das horas
      complementarias estruturais traballadas nun período de 18 meses.

    • Dereito ao desfrute de 16 días de vacacións entre o 1 de xuño e o
      30 de setembro para o 100% do cadro de persoal, manténdose as
      condicións máis beneficiosas.

    • Nos casos
      de solicitude de licenza por asuntos propios elimínase a obriga de
      presentar xustificante.

    • Posibilidade de acumular o período de lactación nun total de 22
      días consecutivos.

    • Ampliar aos 14 anos do fillo a posibilidade de
      redución de xornada por garda legal.

    • Ampliar ata os cinco anos a excedencia por
      coidado de fillos con reserva do posto de traballo, e ata 3 anos de
      duración para atender o coidado dun familiar ata o 2º grao de
      consanguinidade ou afinidade.

    • Acórdase a constitución dunha comisión a fin de tratar
      determinadas cuestións do Convenio Colectivo durante a vixencia do
      mesmo.

     Por parte de CCOO facemos unha valoración positiva deste acordo,
    tendo en conta que se axusta ao obxetivo principal que tiñamos no
    inicio desta negociación que era mellorar as condicións do anterior
    convenio. Con este novo convenio acadamos melloras na necesidade de
    conciliación, nas condicións das persoas contratadas a tempo
    parcial e unha mellora nas condicións económicas que estaban en
    risco pola insistencia da patronal na conxelación da antigüidade, a
    eliminación da promoción profesional automática e a eliminación
    do complemento para as situación de baixa por IT.

    CCOO tamén queremos facer unha especial mención á participación
    activa dun gran número de traballadores e traballadoras nas
    asembleas, que nos puxeron as cousas un pouco máis doadas,
    reforzando a parte social na mesa negociadora.

    A partires de agora CCOO pómonos a disposición das persoas
    traballadoras do sector, para acadar a necesidade de que as
    condicións recollidas no convenio se cumpran. Nesta central sindical
    temos claro que non podemos relaxarnos unha vez acadado o acordo, e
    que calquera convenio non é bo nin malo por si mesmo, senón porque
    realmente se aplique.

  • O Gran Hotel La Toja (HOTUSA) faltou á súa palabra sobre o emprego e incumpriu o acordado no ERE

    • Defendamos os nosos dereitos laborais, defendamos os postos de traballo da xente da comarca e da vila!
    • Pactos incumpridos por parte da empresa HOTUSA. Hai culpables, basta de abusos, loitamos polo emprego
    • Pola estabilidade na nosa localidade. Aféctanos a todos, tomos somos afectados!
    • Se non loitamos polo noso futuro e o benestar na nosa terra, que futuro queda para a nosa xuventude?
    • Si ao traballo, si á defensa dos nosos dereitos! Si á liberdade de expresión!
    • Non á represión contra Comisións Obreiras e os seus delegados e delegadas!
    • Basta xa de castigos a abusos laborais desta empresa.
    Concentración: 9 de decembro – 11 hrs. – Diante do Concello do Grove
    BASTA DE REPRESIÓN SINDICAL!  DESPEDIDOS READMISIÓN!
  • Folga no Comercio de Alimentación de Pontevedra

    As catro centrais sindicais presentes na mesa de negociación do Convenio de Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra, e representadas por:

    María do Tránsito Fernández Fernández, na calidade de Secretaria Comarcal da CIG-Servizos Vigo, e con enderezo aos efectos de notificación na rúa Gregorio Espino, 47 de Vigo, Eva Rojas Fiestras, na calidade de Secretaria de Acción Sincidal de SMC Vigo Arousa UGT, e con enderezo aos efectos de notificación na rúa Heraclio Botana, 67,3º de Vigo, Jorge Carneiro Penedo, na calidade de responsable de Pontevedra Federación Servizos de CCOO con enderezo aos efectos de notificación na rúa Teixugueiras, 11 de Vigo e María Teresa Pérez Lago, na calidade de Secretaria Comarcal USO Vigo con enderezo aos efectos de notificación na rúa San Roque, 111 de Vigo:
    INFORMAMOS
    Que todas as comunicacións que se dean sobre as negociacións do convenio ou sobre as mediacións efectuadas polo AGA serán feitas polas persoas indicadas neste encabezamento, non avaliamos as diferentes informacións que se fixeron nestes días por persoas non autorizadas.
    Que no día de hoxe se mantivo outra reunión de mediación, onde a patronal fixo a súa oferta final a cal se debaterá nas asembleas do domingo día 4, en Vigo (Gregorio Espino, 47) e Pontevedra (Rúa Pasantería), ás 11:30 da mañá.
    Se fose aceptada, CCOO-CIG-UGT-USO, desconvocariamos as folgas dos días 5 e 7 de decembro. 
    Agradecemos a vosa colaboración e interese.
    En Vigo, a 1 de decembro de 2016
    Nota orixinal:
  • Negociación para a mellora de condicións laborais en Randstad Pontevedra

    O pasado mércores 23 de novembro celebrouse unha reunión do Comité co obxectivo de mellorar as condicións
    de traballo do persoal desta empresa de multiservizos en dous aspectos
    principais: o tempo de traballo e as condicións económicas. Posteriormente tivemos unha
    asemblea nos locais de CCOO en Vigo este sábado día 26 á que asistiu máis da
    metade do persoal. 

    Nesta asemblea explicouse a proposta que
    sobre bolsa de horas e melloras salariais se trasladou por parte do Comité de Empresa (formado por 5 persoas de CCOO) nesa reunión coa dirección, así como a
    intención de mellorar as condicións de traballo tanto a nivel estatal coa
    negociación de renovación do Convenio Colectivo de empresa, como nos centros de
    traballo desta provincia. 

    Un dos problemas que se detectou neste primeiro encontro coa Dirección foi a falta de disposición a aceptar a proposta
    do Comité por entendela desmesurada e non axustada ao actual Convenio de Empresa que se atopa en ultractividade.

    Tras expoñer a situación aos asistentes á
    asemblea, decidiuse que o Comité prepare unha nova proposta buscando o
    obxectivo xeral inicial de mellora de condicións e se volte a presentar á
    dirección, valorando a posibilidade de iniciar mobilizacións no caso de que as
    súas xustas reivindicacións non se teñan en conta.

  • Excelentes resultados de CCOO Servizos na súa primeira candidatura en FREMAP Pontevedra

    CC.OO. Servizos estrea a súa representatividade cun gran resultado nas eleccións celebradas hoxe martes, 29 de novembro. Nos catro
    centros de Fremap na provincia da Pontevedra (Vilagarcía, Porriño, Vigo e Pontevedra) obtivo dous delegados, UGT tres e CSIF catro. Cabe salientar que as diferenzas de votos foron mínimas, con só un de diferenza respecto a UGT.
    CC.OO. pasa a ter dous representantes, resultado que o sindicato entende como un
    recoñecemento das traballadoras e traballadores da empresa ao traballo
    realizado por CCOO.
    Desde CCOO
    queremos agradecervos ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.