A vítima traballaba como director nunha oficina de Caixabank. CCOO convocou un paro de 5 minutos e concentracións á porta dos centros de traballo mañá, 24 de Novembro ás 12:00h.
Autor: Servicios Galicia
-
CCOO condena o asasinato dun compañeiro no seu centro de traballo, vítima dun disparo por parte dun cliente
É un feito que o persoal do sector está exposto a numerosos riscos, atracos e agresións violentas entre eles, sen que a dirección de CaixaBank nin doutras entidades recoñeza estes como riscos laborais nin se adopten as medidas de seguridade para evitalos.CCOO require á Dirección de CaixaBank á consideración de forma inmediata dos feitos como accidente de traballo, o tratamento e a baixa médica para o resto do persoal do centro de traballo e a non incorporación da mesma ata que se certificou medicamente a súa absoluta recuperación. Que sexan consideradas persoas especialmente sensibles. Que se acceda ás súas solicitudes de cambio de posto de traballo sen repercusións económicas nin de ningún outro tipo. Que de verdade se elabore un protocolo de atraco, actos violentos, ameazas, riscos psicosociais e que se investigue a orixe dos feitos e as causas das lesións ao persoal que garanta que as persoas temos dereito á saúde e ao noso desenvolvemento persoal e familiar.O sindicato solicita a aplicación de medidas de protección para garantir a seguridade do persoal, con todas as accións que sexan necesarias e de forma inmediata para que estes feitos non se volvan a producir, e que estas medidas se estendan a todos os centros de traballo expostos a estes riscos.CCOO lembra aos Gobernos e ás Administracións públicas que eles son responsables subsidiarios da non aplicación das normas que garantan a saúde das traballadoras e traballadores do sector.Por último, pero o máis importante, a organización quere facer chegar as súas condolencias á familia. Ao compañeiro, brindarlle a mellor homenaxe, o traballo sindical de cada día para evitar que isto volva ocorrer.CCOO convoca xunto a outros sindicatos un paro de 5 minutos e concentración de persoais ás portas dos centros de traballo mañá día 24 de novembro, ás 12 da mañá. -
Asemblea urxente: Información Convenio Comercio Alimentación (Vigo e Pontevedra)
Despois
da última asemblea informativa sobre a situación do Convenio
Colectivo de Comercio Alimentación de Pontevedra, as centrais
sindicais representadas na mesa de negociación,
CCOO, CIG, UGT e USO,
despois de varias reunións e unha mediación, vémonos na obriga de
convocar ASEMBLEA
URXENTE
para explicarvos en que situación se atopan as negociacións.ASEMBLEA
EN VIGO: Día 27 de novembro ás 11:30 hrs. nos locais da CIG, Rúa Gregorio Espino, 47ASEMBLEA
EN PONTEVEDRA: Día 27 De novembro ás 11:30 hrs. nos locais sindicais, Rúa Pasantería.É
IMPRESCINDIBLE A VOSA PARTICIPACIÓN, ACUDIDE!¡POR
UN CONVENIO DIGNO, POR UN CONVENIO XUSTO! -
«Represión» contra CCOO no Gran Hotel La Toja
A sección sindical de Comisións Obreiras (CCOO) no Gran Hotel La Toja, situado no Grove, denuncia «represión» contra este sindicato, materializada no despedimento de dous membros no mesmo. As rescisións dos contratos fóronlles comunicados nas últimas horas aos representantes das traballadoras e traballadores. Segundo CCOO, as dúas persoas despedidas teñen unha antigüidade de 17 e 34 anos, unha profesionalidade «intachable», así como un «gran traballo sindical» en defensa dos seus compañeiros e compañeiras. Segue
Comisións asegura que as dúas persoas despedidas se caracterizaron pola «firme oposición» ao expediente de regulación de emprego (ERE) formulado pola dirección do grupo Hotusa, que explota as instalacións. Mediante este ERE, a cadea hoteleira pretendía converter os contratos fixos en fixos-discontinuos. A sección sindical de CCOO mantén que a empresa «presionou de todos os xeitos posibles» para que os sindicatos aceptasen esta medida, «pero Comisións Obreiras non cedeu e opúxose rotundamente».
Asemade, as dúas persoas despedidas denunciaban incumprimentos da cadea hoteleira, como o non pagamento das horas extras realizadas durante a vixencia do ERE, xa que o acordo asinado entre o comité e a dirección fixaba un máximo de 1.300 horas anuais, que se acabou superando.
CCOO critica a «hipocrisía» dos responsables de Hotusa, pois cando se fixeron cargo das instalacións ?hai case un ano?, prometeran garantir todos os postos de traballo, amais de respectar as condicións laborais de todo o persoal. Así as cousas, Comisións lamenta tamén a «pasividade» e «falta de solidariedade» amosada polos outros sindicatos con representación, que contrasta coa «actitude combativa» de CCOO.
-
Concentración polo Convenio Contact Center: a prol do desbloqueo da mesa de negociación
A patronal non
acudiu á mesa de convenio do día 17 e desde CCOO parécenos
lamentable que coa xornada de folga convocada para o luns 28 de
novembro sigan desaproveitando as opcións previas para reconsiderar
algunhas das posturas expostas e poder chegar a algún acordo.Isto non fai máis
que reforzar a alternativa da folga, xa que o persoal está farto
desa postura inmobilista e despectiva ante as reivindicacións por un
convenio xusto. Así, o 28 de novembro #ColgamosLosCascos para
que a caída dos servizos das empresas clientes faga reflexionar á
patronal.Hoxe,
en Coruña e Vigo celebráronse concentracións reclamando o
desbloqueo das negociacións e para facer pública unha vez máis a
realidade diaria dun sector precario e empobrecido.
