Autor: Servicios Galicia

  • Nova xornada de mobilizacións en Lugo contra o ERE do Grupo Banco Popular

    Continuando co calendario de concentracións, traballadoras e traballadores do Grupo Banco Popular saíron á rúa para amosar o seu rexeitamento á postura inmobilista do Banco na negociación do ERE. Así mesmo, as organizacións sindicais convocan unha folga que terá lugar o día 10 de novembro.

  • CCOO Servizos gaña por segunda vez consecutiva as eleccións en Frater Prevención Lugo

    A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións
    sindicais celebradas en Frater Prevención (Lugo), que se celebraron no día de hoxe. A candidatura proposta polo
    sindicato logrou un delegado, despois de dúas impugnación presentadas por UGT. 

    CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
    proceso electoral e a confianza depositada.  
  • Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en SUPERMERCADOS DIA

    A Comisión Executiva da
    Federación de Servizos de CCOO, na súa reunión do pasado 12 de
    setembro de 2016, aprobou a convocatoria do Plenario da Sección
    Sindical Estatal de SUPERMERCADOS DIA que se celebrará en Madrid
    o próximo 29 de novembro de 2016, así como as Normas de
    Funcionamento
    do mesmo.

    A Dirección Provisional de CCOO
    Servizos Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este
    proceso pola C.E. Federal, así como do Regulamento Interno de
    seccións sindicais aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de
    2015, adopta as seguintes normas para o seu desenvolvemento en
    Galicia.

    Normas Plenario DIA Galicia GL Normas Plenario DIA Galicia ES

  • CCOO Servizos gaña de novo as eleccións en Generali Ourense e Vigo

    A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións
    sindicais celebradas nos centros de Generali en Ourense e Vigo, que se celebraron no día de hoxe. A candidatura proposta polo
    sindicato logrou un delegado en Ourense, mentres que CIG, que presenteou candidatura por primeira vez, non conseguiu representación. En canto a Vigo obtivo un delegado e cada unha das dúas oficinas.

    CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
    proceso electoral e a confianza depositada.  
  • Mobilizacións en Ourense contra o ERE do Grupo Banco Popular

    Tras as mobilizacións en todos os territorios do pasado día 20 e tamén de xornadas anteriores, onte mércores, 26 de outubro, o persoal saímos á rúa para defender os nosos postos de traballo, a Dirección do Grupo cedeu á reivindicación de CCOO, admitindo que NON SOBRAMOS 2900 persoas en Banco Popular e Banco Pastor.
    Na quinta reunión da Mesa Negociadora, a Dirección situou a nova cifra en 2.592 persoas, reducindo en aproximadamente uns 400 o total dos 3.000 despedimentos anunciados ao inicio.
    CCOO opoñémonos a este proceso de Despedimento Colectivo, do cal os traballadores non tiveron ningunha culpa, aínda que agora a paguen. Con todo, a reforma laboral -a Lei actualmente vixente- obríganos a todos a buscar o mellor acordo, se é posible.
    • Por iso CCOO esiximos a mellora das condicións dos despedimentos e o respecto da voluntariedade.
    • Por iso CCOO continuamos a nosa loita para reducir os efectos deste salvaxe Despedimento Colectivo
    • Por iso CCOO seguimos negociando e, unha vez conseguida unha primeira redución do número de persoas afectadas polo proceso, presentamos na Mesa Negociadora a nosa plataforma.
    A próxima mobilización está convocada para o día  2 de novembro ás 18:00 en Lugo, Comenzando en Rúa da Raiña ( B Pastor OP) e rematando en Praza Maior (B Popular OP)