Autor: Servicios Galicia

  • Plenario da Sección Sindical de CCOO Alcampo en Galicia

    O
    luns 24 de outubro celebrouse o Plenario da Sección Sindical de
    CCOO Alcampo en Galicia. Nesta
    reunión decidiuse a elección do órgano de goberno da Sección
    Sindical de Alcampo Galicia, formado por tres persoas referendadas
    por unanimidade dos delegados e delegadas asistentes á reunión e
    coas seguintes designacións:

    Secretario
    Xeral:
    Xoán Costas Alonso (Alcampo Vigo 2)

    Comisión
    Executiva:
    Alejandro González Álvarez (Alcampo Coruña) e Montserrat
    Beceiro Couce (Alcampo Ferrol).

    Desde a nova executiva, apóstase por dar un impulso á unidade de
    acción, cunha maior coordinación entre centros e comunicación aos afiliados.

  • Asemblea de traballadoras e traballadores de Comercio Alimentación de Pontevedra

    Tal como adiantabamos o dezaoito de outubro, onte vintetrés, celebránronse asembleas de traballadoras e traballadores do sector Comercio Alimentación da Provincia de Pontevedra en Vigo, Pontevedra e Arousa. A finalidade destas convocatorias é expoñer a posición da Patronal, que se basea nunha rebaixa importante das condicións recollidas no actual Convenio así como as reivindicacións de mellora dos catro sindicatos presentes na mesa de negociación (CCOO, CIG, UGT e USO): 

    • Redución e mellora da distribución da xornada.
    • Aumento e optimización dos períodos no disfrute das vacacións e licencias.
    • Mellora salarial, inclusión de cláusula de revisión e incremento de pluses.
    • Procedemento para conversión de contratos a tempo parcial a xornada completa
    • Outros: Comisión Paritaria, período de vixencia, etc
    A resolución adoptada en devanditas asembleas foi a non aceptación das propostas patronais, tanto na conxelación da antigüidade como no resto de epígrafes.
  • Delegadas e delegados de Grupo Banco Popular concéntranse diante do Parlamento de Galicia no inicio da súa X lexislatura

    Coincidindo co inicio da X lexislatura do Parlamento de Galicia, traballadoras e traballadores de Grupo Banco Popular manifestáronse para expresar o seu total rexeitamento ao ERE salvaxe que pretende levar a cabo o Banco.

    Os deputados de En Marea Yolanda Díaz e Miguel Anxo Fernán-Vello achegáronse aos manifestantes para amosar o seu apoio e escoitar de primeira man as demandas dos traballadores.
    Este ERE vai supoñer o peche de 42 oficinas e a perda de 435 postos de traballo en Galicia. Banco Popular pretende retomar o pago do dividendo en efectivo en 2017 e anuncia que acadará un «pay out» do 40% en 2018 polo que CCOO esixe a Popular que non pague dividendo mentres hai un ERE en marcha.
    As próximas mobilizacións están convocadas para os días 26 ás 18:30 en Ourense, e 2 de novembro ás 18:00 en Lugo.
  • O persoal de Blanco sae á rúa, tras racharen as negociacións do ERE

    O persoal da téxtil coruñesa Blanco saíu hoxe á rúa para denunciar a súa
    situación, tras racharen as negociacións do enésimo expediente de
    regulación de emprego (ERE). Ademais de hoxe, haberá folga os días 28 de
    outubro e 4 e 11 de novembro

    Na multitudinaria protesta, as traballadoras e traballadores despregaron
    pancartas con lemas como «non aos despedimentos», «Blanco vístenos de
    negro», «Blanco, ERE que ERE», «Directiva, dimisión!», «peche tras
    peche, Blanco morre» ou «basta de encher petos baleirando futuros».

    Circular

  • Os traballadores e traballadoras do Banco Popular continúan coas protestas contra o ERE

    Este xoves, 20 de outubro, ás 18:00 horas, tivo lugar unha nova concentración do persoal do Banco Popular, ante a oficina principal de Vigo, en protesta pola intención de despedir a 2900 persoas nun proceso de Expediente de Regulación de Emprego. 
    Con estas mobilizacións preténdese demostrar ao banco que non estamos de acordo coa súa proposta de Despedimento Colectivo. Queremos que se reduza o número de persoas implicadas e que quen, voluntariamente desexe finalizar a súa vida profesional no banco, poida facelo dignamente.
    Mentres que se pretende despedir a tantas persoas neste proceso de ERE salvaxe, non cesan as prácticas ilegais de prolongación de xornada, que tantas veces se denunciaron ante Inspección de Traballo, ademais de poñer en risco a viabilidade futura da empresa.
    Circular 14.10.2016 Terceira reunión da Mesa Negociadora