Autor: Servicios Galicia

  • Asinados os convenios de Comercio de Mobles e Comercio de Materiais de Construción da provincia de Pontevedra

    Na sinatura destes dous convenios tivemos en conta
    que son dous sectores tocados especialmente pola
    crise con empresas que xa pecharon, outras que están con ERTES
    continuos e sen demasiadas perspectivas de mellora, polo que
    estabamos obrigados a tomar unha posición responsable. De todas
    maneira conseguimos asinar, aínda
    que sexa de forma moderada, incremento salarial para cada un dos anos
    de vixencia e algunha mellora máis. Segue

    Texto Convenio Comercio Mobles

    Texto Convenio Materiais de Construcción

    Comercio do Moble
    da provincia de Pontevedra,

    chegamos a un
    acordo e asinouse este convenio cos seguintes cambios sobre o
    convenio anterior:

    • Incremento salarial do 0?25% para 2016, 0?50% para 2017 e 0?75%
      para 2018.

    • Licencia para acompañamento de fillo menor de 14 anos a asistencia
      médica.

    • Sometemento o AGA e a Comisión Tripartita Galega
      para inaplicación de convenios para solución de conflitos e
      posibles descolgues sen acordo.

    Comercio Materiais de Construción: O pasado 26 de maio
    decidimos firmar o convenio CCOO e UGT, negándose a asinalo a
    representación de CIG, situándose en reivindicacións maximalistas
    que son claramente inasumibles pola parte empresarial e dificilmente
    defendibles na situación actual.

    As condicións de modificación sobre o anterior convenio son as
    seguintes:

    • Vixencia de 2 anos, ata o 31 de decembro de 2017.

    • Incremento salarial para 2016 do 0,75% e para 2017 o 1,25%, con
      cláusula de revisión a final de 2017 sobre o IPC real e sen
      carácter retroactivo.

    • Establecer como días de licenza retribuída os días 24 e 31 de
      decembro de 2016 e 7 de xaneiro e 9 de decembro de 2017.

    • 1 día por matrimonio de parentes hasta 2º grao.

    • Posibilidade de implantar un protocolo de actuación para a
      prevención e tratamento do acoso sexual ou moral nos centros de
      traballo.

    • Incluír nas competencias dos Comités de Empresa a obriga de
      recibir información polo menos anualmente sobre a aplicación na
      empresa do dereito de igualdade no trato e de oportunidades entre
      homes e mulleres.

    • Obrigatoriedade de elaborar un Plan de Igualdade nas empresas que
      superen os 250 traballadores e traballadoras.

    • Solución de conflitos a traveso do AGA e a Comisión Tripartita
      Galega para a inaplicación de convenios colectivos.

    Tras esta sinatura só resta
    a súa publicación no Boletín.

    Vigo a 17
    de xuño de 2016

  • «Imos ao traballo, sen cobrar e sen nada que facer»

    «La Voz de Galicia» publica hoxe unhas declaracións de Pilar Pérez delegada de CCOO Servizos e presidenta do comité de empresa de ALN na Coruña nas que explica a situación de 55 traballadores da empresa que viron como a situación laboral se foi degradando, ao pasar de atrasos nas nóminas e concurso de acredores, a ver rescindido o contrato co seu cliente principal, Hibu, e ter que ir ao traballo sen cobrar e sen nada que facer.

    Ademais, o Grupo Konecta gañou o concurso para xestionar a campaña de Hibu, pero ata que ALN rescinda os contratos, Konecta non se fai cargo da antigüidade dos traballadores. Ademais é necesario que Inspección de Traballo emita unha acta de falta de ocupación efectiva para poder solicitar a restrición de contrato no xulgado, para que, segundo comenta Pilar Pérez, se manteñan os postos de traballo.
    Máis información aquí e aquí

  • CCOO gaña as eleccións na oficina principal de Abanca en Santiago de Compostela

    A Federación de Servizos de CCOO gaña as eleccións na oficina principal de Abanca en Santiago de Compostela. Como xa aconteceu catro anos atrás, a candidatura presentada por Comisións conseguiu dous representantes no comité de empresa, fronte a dous de ASCA e un da UGT, que entra no comité á custa da CSICA. Ademais, CCOO foi o sindicato máis votado nuns comicios en que participou a totalidade do persoal, polo que manterá a presidencia do órgano de representación. Segue

    Estes resultados permítenlle a CCOO continuar como primeiro sindicato no comité provincial de Abanca, onde un de cada tres delegados e delegadas defenden estas siglas. Concretamente, Comisións suma sete membros dun total de vinte e tres (30,4 %). En segundo lugar sitúase ASCA (seis) e, xa a bastante distancia, aparecen CSICA (catro), UGT (cuatro) e CIG (dous).

  • CCOO inicia unha campaña para denunciar a precariedade laboral en Galicia

    O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) inicia hoxe
    unha campaña para denunciar a precariedade no mercado laboral galego. A
    secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, e o secretario confederal
    de Acción Sindical, Ramón Górriz, alertaron das «intolerables» cifras de
    precariedade que padece o noso país, daí que se poñan en marcha
    diversas iniciativas para a combater. Segue

    Precisamente, para «reforzar» os argumentos desta campaña, CCOO
    presentouna xunto co número 21 dos Cadernos do Sindicato Nacional,
    titulado A precariedade no mercado laboral galego. Este detallado estudo
    dá conta da deterioración das condicións laborais e de vida da clase
    traballadora por mor da crise e das reformas laborais do 2010 e do 2012.

    Bouza
    explicou que o 31 % das galegas e galegos asalariados cobra por baixo
    do salario mínimo interprofesional (SMI) e que a precariedade está
    «intimamente ligada» á sinistralidade: a porcentaxe de accidentes de
    traballo é case o dobre nas persoas con contratos temporais ca nas
    contratadas de xeito indefinido (2,4 % fronte ao 4,5 %). As mulleres e
    os menores de 30 anos son os colectivos «que teñen máis papeletas» para
    ocuparen un posto de traballo a tempo parcial, sinalou a sindicalista: o
    22,1 % das mulleres e o 23,9 % das persoas de 16 a 29 anos.

    A
    xornada parcial é unha mostra da precariedade laboral porque no 62,7 %
    dos casos non responde a un desexo dos traballadoras e traballadoras «só
    nove de cada cen afirmaron buscar ese tipo de xornada». Xunto á
    parcialidade, a precariedade é outra característica do mercado laboral
    galego: o 91 % dos contratos rexistrados no primeiro trimestre de 2016
    son temporais; deles, o 31 % teñen unha duración inferior á semana e,
    dentro deste grupo, o 37 % son a tempo parcial.

    Contratación
    temporal, a xornada parcial, mal pagada, pero tamén con horas
    extraordinarias non remuneradas, denunciou Bouza: no primeiro trimestre
    de 2016 realizáronse 329.300 horas extraordinarias e as non remuneradas
    alcanzaban o 55 % do total.

    Medidas para reducir a precariedade

    CCOO
    propón varias medidas para reducir a precariedade no mercado laboral
    galego. En primeiro lugar, o sindicato pide habilitar os mecanismos
    necesarios para que a contratación indefinida sexa «a forma ordinaria de
    acceso ao emprego» «actualmente éo en menos do 10 % dos casos»,
    penalizando os contratos precarios. O sindicato tamén propón a
    reordenación do réxime xurídico do despedimento, reforzando a necesidade
    de xustificar as causas.

    O sindicato tamén pide eliminar os
    supostos en que a empresa pode modificar unilateralmente as condicións
    de traballo, revisar as bonificacións á contratación, modificar
    integramente o réxime do contrato a tempo parcial, revisar a regulación
    dos contratos formativos, mellorar a xestión do FOGASA e dos servizos
    públicos de emprego, refacer o Programa de garantía xuvenil e garantir a
    seguridade xurídica nos procesos de descentralización produtiva e
    fortalecer a negociación colectiva, entre outras medidas.

    Denuncia confidencial e segura

    Con
    esta campaña, CCOO quere animar os traballadores e traballadoras
    galegas a denunciaren situacións de precariedade. Para iso habilitou o
    enderezo electrónico denunciaprecariedade@galicia.ccoo.es, onde se poderá informar de xeito confidencial e seguro sobre estas situacións.

  • CCOO logra a maioría absoluta nas eleccións ao comité provincial de Tragsatec na Coruña

    A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou
    a maioría absoluta nas eleccións ao comité provincial de Tragsatec
    (Grupo Tragsa) na Coruña. A estas eleccións estaban chamadas a
    participar 279 persoas, que de maneira maioritaria outorgaron a súa
    confianza a Comisións Obreiras.

    Nas
    eleccións de hai catro anos gañara a CSIF, que obtivera seis
    membros dos trece que compoñen o comité; CCOO situárase no segundo
    lugar, con cinco, e a UGT completaba a relación con dous. Agora
    invertéronse as tornas, tras lograr CCOO sete delegados e delegadas
    ?maioría absoluta? por cinco da CSIF e só un da UGT.

    Recoñecemento
    á loita contra o ERE

    Desde
    CCOO-Servizos salientan que estes «magníficos resultados» son o
    «recoñecemento dos nosos compañeiros e compañeiras» ao traballo
    realizado por Comisións Obreiras contra o expediente de regulación
    de emprego (ERE) no Grupo
    Tragsa. Como parte desta loita houbo concentracións fronte ao
    Parlamento galego e reunións cos grupos parlamentarios, folga varias
    xornadas paros ou reunións con membros do Parlamento europeo, entre
    outras iniciativas.

    Os
    integrantes da candidatura de CCOO comprométense a continuar
    traballando «arreo» contra un ERE «inxusto e desproporcionado» e
    pola defensa do emprego e da calidade do mesmo dentro do Grupo
    Tragsa.

    +
    Para máis información:

    • Claudio
      Landeira, voceiro de CCOO en Tragsatec: 649 684 220