Autor: Servicios Galicia

  • CCOO Servizos rexeita a liberalización de horarios comerciais e acolle positivamente a sentenza do TSXG

    A Federación de Servizos de CCOO de Galicia (CCOO-Servizos) rexeita
    a liberalización de horarios comerciais porque só beneficia as
    grandes superficies e prexudica o pequeno comercio. Neste sentido, o
    sindicato acolle positivamente a recente sentenza do Tribunal
    Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que rexeita o recurso da
    patronal ANGED contra a decisión do Concello da Coruña de
    restrinxir a apertura en domingos e festivos. Así mesmo, CCOO
    rexeita as tentativas de aprobar en Vigo a dita flexibilidade. Continúa

    A
    pretensión de ANGED baséase nunha norma estatal que flexibiliza os
    requisitos de apertura nas zonas consideradas de «especial afluencia
    turística». Co precedente da Coruña e tamén coa situación creada
    en Vigo, onde a Xunta solicitoulle ao Concello a determinación da
    zona de afluencia turística, o sindicato insiste en rexeitar estas
    iniciativas.

    As
    aperturas en domingos e festivos están restrinxidas, como regra
    xeral, a dez ao ano. CCOO sinala que esta posibilidade non se
    traduciu por agora na creación de emprego, senón que se deteriorou
    o existente, obrigando o persoal a prolongar a súa xornada laboral.
    Isto prodúcese, ademais, «sen contraprestación de ningún tipo e á
    custa de dificultar a conciliación da vida persoal, familiar e
    laboral», censura Isabel Castaño, secretaria de Acción Sindical de
    CCOO-Servizos.

    CCOO
    considera que a apertura de máis domingos e festivos non é unha
    demanda da cidadanía, senón das grandes cadeas de distribución -representadas por ANGED-. Neste senso, Castaño lembra que xa
    existe unha lei de horarios comerciais que lles permite a
    liberalización de horarios aos establecementos cunha superficie de
    ata 300 metros cadrados.

    Desde
    a Federación de Servizos de CCOO de Galicia sosteñen que a
    liberalización de horarios carrexaría a morte do pequeno comercio,
    «coa consecuente destrución de emprego estable e con dereitos», a
    cambio de mudar e modificar as condicións laborais e «precarizar,
    aínda máis o emprego nas grandes superficies».

    CCOO,
    como sindicato máis representativo do sector, reuniuse coa
    concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico, Emprego,
    Comercio e Turismo do Concello de Santiago, Marta Lois, e co
    concelleiro de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña,
    Alberto Lema. Ambos os edís manifestáronlle ao sindicato o total
    rexeitamento dos seus respectivos grupos de goberno á posibilidade
    de ampliar os horarios de apertura comercial.

    Por
    último, CCOO sinala que a Federación Galega de Comercio (FEGA),
    máxima entidade representativa do pequeno e mediano comercio -200
    asociacións de comerciantes e máis de 70.000 comercios integrados-,
    elaborou tamén un informe en que se rexeita a ampliación dos
    horarios de apertura.

    +
    Para máis información:

    • Isabel
      Castaño, secretaria de Acción Sindical de CCOO-Servizos: 626 100
      310

  • Convenio Contact Center: Hoxe concentracións nas principais capitais de provincia

    Despois da entrega na pasada reunión de máis de 10.000 firmas dos traballadores e traballadoras do sector pedindo o desbloqueo do mesmo, a patronal hoxe volve facer caso omiso e preséntannos os supostos grandes avances que prometeron na reunión anterior:

    •     Volven a repetir a mesma oferta salarial aínda que agora xa nin tan sequera falan de produtividade. Ofrecen en 2015 un 0% de subida e en 2016 un 0,2% ou 0,3% máximo, posición moi afastada da nosa proposta.
    • Modificación de horarios con máis de sete días de antelación: están a miralo
    • Distribución irregular da xornada: están a miralo.
    • Indefinidos anteriores ao 2010: estúdano con condicións
    • Creación de Comisións de Formación: están a miralo
    • Temporalidade (limitación ETT, Subcontratación, etc.) directamente NON
    • Avaliación de riscos psicosociais: directamente NON
    Seguimos sen avanzar en ningún punto: Ou NON CONCRETAN, Ou O ESTAN MIRANDO, Ou É UN NON ROTUNDO.
    Desde CCOO vémonos abocados a un proceso de confrontación, empezando coas concentracións das que vos informamos.
  • 1º de Maio: Traballo e dereitos

    Neste 1 de Maio, CCOO e UGT esiximos un cambio urxente na política económicano noso país, que poña no centro a creación de emprego estable e con dereitos, e a loita contra a pobreza e a desigualdade social e salarial, a partir de incrementar o investimento público e pór en marcha un cambio de modelo produtivo, sustentable e equilibrado. Para iso, reivindicamos as
    seguintes actuacións:
    • Impulsar un plan de choque para o emprego, en todas as súas dimensións (parados/as de longa duración, xuventude, mulleres, emprego público, formación, servizos públicos de emprego…).
    • Realizar unha verdadeira reforma fiscal que aumente a recadación e xustiza do sistema.
    • Derrogar as reformas laborais que significaron un forte transvasamento de rendas do traballo ao capital, e recuperar os dereitos laborais.
    • Fortalecer a negociación dos convenios colectivos para mellorar as condicións laborais dos traballadores e traballadoras, reforzar os convenios sectoriais e garantir a ultraactividade dos convenios.
    • Aumentar os salarios de maneira coherente coa fase de crecemento económico, para reactivar o consumo das familias e a creación de emprego e reducir as desigualdades e a pobreza.
    • Recuperar a calidade dos servizos públicos, os servizos sociais e o emprego asociado a eles. 
    • Recuperar o poder adquisitivo, os dereitos laborais e o desenvolvemento do Estatuto Básico dos Empregados Públicos. 
    • Aumentar o salario mínimo de xeito progresivo para que alcance o 60 % do salario medio.
    • Reverter totalmente a última reforma das pensións, restablecer o Pacto de Toledo e asegurar o futuro do sistema público de pensións.
    • Mellorar o sistema de protección por desemprego para dar protección ás persoas que carecen dela.
    • Pór en marcha unha nova prestación de ingresos mínimos. como propón a iniciativa lexislativa popular (le) promovida por UGT e CCOO, co obxectivo de lles garantir unha prestación económica a todas as persoas en disposición de traballar que carezan deemprego e de ingresos suficientes.
    • Impulsar unha potente política industrial que contribúa a fortalecer o noso sistema produtivo e a xerar emnreoo máis estable e de máis calidade.
  • A Patronal impide avanzar na negociación do Convenio Comercio-Alimentación de Pontevedra

     Trala quinta reunión da mesa negociadora temos que informarvos que
    non hai ningún avance de importancia. Polo de agora presentamos e
    detallamos as plataformas de cada un dos sindicatos presentes na
    negociación (CCOO, CIG, UGT e USO) e recibimos as pretensións da
    patronal.

    O problema que está a dificultar a negociación é
    a falta de acordo entre as dúas patronais presentes na mesa sobre
    cal é a representatividade que ten cada unha de elas. CC.OO.
    entendemos que este é un asunto que deben resolver eles fora da mesa
    e que non debe entorpecer a negociación. Esperamos que na próxima
    reunión poidamos comezar a falar do que realmente nos preocupa,
    sacar adiante este convenio, e se deixen de disputas internas que non
    traen nada positivo.

    Comunicado

    Por parte de CC.OO.
    a nosa plataforma está baseada en catro cuestión principais que
    resumimos, pondo a voso dispor a plataforma completa si así o
    requirides:

    • Incremento salarial:
      Incremento lineal de 35? por cada ano de vixencia, revisión
      salarial, desconto en compras do 15%, plus de quebranto de moeda
      para aqueles traballadores/as que nas súas funcións teñen o
      manexo de cartos.

    • Xornada de traballo: Xornada máxima anual de 1753 horas,
      reducir e regular a posibilidade de distribución irregular da
      xornada, acumulación do permiso de lactación en 24 días naturais,
      posibilidade de redución de xornada por fillos de ata 14 anos,
      recuperación dos festivos que coincidan en vacacións, mellora das
      licencias, excedencia voluntaria con reserva do posto de traballo e
      implantación obrigatoria de un sistema de control de entrada e
      saída.

    • Emprego e contratación: Regulación da contratación a tempo
      parcial establecendo horarios estables que permitan a posibilidade
      de traballar noutro lugar para ampliar a xornada de traballo,
      consolidación de horas complementarias e fixación dun prezo
      superior ao da hora ordinaria e xornadas continuadas para este tipo
      de contratación.

    • Categorías: pretendemos que se recoñezan no convenio os
      postos das seccións (carniceiro/a, Chacineiro/a, pescadeiro/a e
      froiteiro/a), así como que se continúe e mellore a promoción
      profesional do artigo 3.

    Temos tamén un posicionamento por parte de unha das patronais que
    pretenden o seguinte:

    Retirar o artigo de promoción profesional,
    incrementar as posibilidades de utilización do contrato por obra ou
    servizo, establecer a xornada de traballo de luns a domingo,
    establecer a posibilidade de acumular o descanso semanal tendo que
    traballar mais días seguidos, limitar as vacacións en verán e
    decembro nas zonas de costa, reducir substancialmente o recargo das
    horas extras, eliminación da antigüidade, reducir o complemento nos
    casos de IT o 75% durante o primeiro mes da baixa, incremento
    salarial sen especificar, ….. En resumen, empeorar as condicións
    de traballo, reducir o salario, dificultar a conciliación da vida
    laboral e persoal e poñer o convenio case a altura do Estatuto dos
    Traballadores, o que dende CC.OO.
    non imos permitir.

    As conclusións que sacamos en CC.OO.
    despois de estas cinco reunións é que nos enfrontamos a unha
    negociación complexa
    cunha situación anómala na parte patronal que, de non resolverse
    pronto, podería alongar máis
    do necesario a posibilidade de asinar un convenio que mellore as
    condicións de traballo. Non nos preocupan os posicionamentos
    iniciais da parte empresarial porque consideramos que estamos en
    condicións de rexeitalos. Os delegados e delegadas xunto con a
    organización sindical de CC.OO.
    poremos todo da nosa parte para defender e sacar a diante a nosa
    plataforma.

    http://www.ccoo-servicios.es/galicia     https://www.facebook.com/ServizosCCOO/

  • Concentración para o desbloqueo do Convenio Contact Center: 4 de maio,12 hrs. Obelisco (A Coruña)

    Non hai avances e cada reunión de mesa parécenos unha perda de tempo. Mentres os traballadores e traballadoras do sector imos perdendo salario a patronal vai aumentando os seus beneficios á nosa costa . Desde CCOO esiximos que a patronal dea un paso adiante e que empece a tomar en consideración xa as propostas que desde CCOO viñemos expoñendo. Pero como a patronal non o entende, fórzanos a mobilizarnos.

    Mércores, Catro de maio, 12:00 hrs.
    Rúa Nova – Obelisco, A Coruña