Autor: Servicios Galicia

  • Concentracións o mércores 16 en toda Galicia contra o acordo UE-Turquía para deportar as persoas refuxiadas

    Organizacións políticas, sindicais e sociais convocan concentracións en
    toda Galicia para mañá mércores, día 16 de marzo. Con estas
    mobilizacións quérese amosar o rexeitamento contra o acordo «inmoral,
    vergoñoso e ilegal» entre a Unión Europea e Turquía para deportar as
    persoas refuxiadas.

    As organizacións convocantes consideran que esta actuación vulnera a
    Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a
    Convención do Estatuto do Refuxiado. Ante esta situación, instan o
    Goberno español a non apoiar o devandito acordo e convocan os galegos e
    galegas a participaren nas mobilizacións.

    CONCENTRACIÓNS:
    ? A Coruña: ás 20 h diante do Obelisco
    ? Ferrol: ás 20 h diante do edificio da Xunta (praza de España)
    ? Santiago de Compostela: 20 h na praza do Toural
    ? Burela: ás 20 h diante do Concello
    ? Lugo: ás 20 h diante da Subdelegación do Goberno
    ? Ourense: ás 19:30 h diante da Subdelegación do Goberno
    ? Vilagarcía de Arousa: ás 20 h na praza de Galicia
    ? Vigo: ás 20 h diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO)
     
    MANIFESTACIÓN:
    ? Pontevedra: ás 20 h desde a praza da Peregrina ata a Subdelegación do Goberno

  • Qué está pasando en Media Markt Vigo?

     Os delegados e delegadas de CCOO e CIG no comité de empresa de Media
    Markt Vigo denunciamos despedimentos inxustificados na empresa,
    presións e falta de persoal neste centro de traballo. Ambos os
    sindicatos aseguramos que «non sobra ninguén» xa que, ao tempo que
    se prescinde de traballadores e traballadoras, a empresa fai novos
    contratos.

    Tanto
    CCOO como CIG sinalamos que a empresa se está a aproveitar da reforma
    laboral para despedir persoal con contrato a tempo completo para, no
    seu lugar, facer contratos por horas. Tamén se está producindo unha deterioración
    das condicións laborais, coa obriga de traballar domingos e facer
    horas extraordinarias. Así mesmo, o persoal, en moitos
    casos, descoñece o seu propio horario o día antes de comezar a
    xornada.

    Criticamos o degradado sistema de relacións laborais
    dunha empresa que se gaba na prensa do seu modelo empresarial.
    Denunciamos, así mesmo, que hai «ameazas constantes» de despedimento
    para que o persoal non proteste ante a deterioración das condicións
    de traballo.

    Comunicado

  • 10 de Marzo 2016. Día da Clase Obreira Galega

    O Día da Clase Obreira Galega de 2016 conmemórase en circunstancias singulares, co cambio político en numerosas corporacións locais, unha reconfiguración do Parlamento do Estado e, en Galicia, a poucos meses de finalizar a segunda lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. Resta moito camiño para que a crise sexa un mal recordo, como evidencian os datos económicos do pasado ano. As últimas reformas laborais só serviron para volver máis precarias as condicións de traballo no noso país. Daquela, para o Sindicato
    Nacional de CCOO de Galicia, o balance do Goberno de Feijóo en materia de emprego admite a única cualificación de «nefasto» para os galegos e as galegas.

    Manifesto

  • CCOO Servizos gaña as eleccións en Lidl Pontevedra

    A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais
    en Lidl Pontevedra. A candidatura presentada polo sindicato logrou
    cinco representantes (tres no colexio de especialistas e dous no de
    técnicos). Adianta, polo tanto, a CIG, que ficou con catro.
    CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
    proceso electoral e a confianza depositada na candidatura deste
    sindicato, que mellorou resultados respecto dos anteriores comicios,
    cando conseguira tres delegados.

  • Mujeres en Acción

    Como cada año, abordamos el 8 de marzo con el objetivo de visibilizar el trabajo de las mujeres, dentro y fuera del sindicato. Nos parece necesario reivindicar el papel que ocupa la mujer como parte nuclear de la sociedad, en un contexto laboral, y también el papel fundamental que juegan las mujeres en la acción sindical que se desarrolla día a día dentro de una organización como Servicios CCOO.
    La presencia y el trabajo de las mujeres dentro de una Federación como la nuestra es vital. Más de la mitad de nuestra afiliación es femenina, cifra que se reduce en el caso de la representación unitaria donde podemos observarlas consecuencias de trabajar con sectores fuertemente masculinizados.

    Texto íntegro