Autor: Servicios Galicia

  • Período de consultas finalizado para o ERTE de Eurostars Gran Hotel La Toja

    No día de onte pechouse o período de consultas de negociación do ERTE proposto
    pola empresa ARCATIS, S.L.U. para o Eurostars Gran Hotel La Toja. 

    Finalmente no período de negociación acordouse modificar as condicións expostas
    de inicio pola dirección da empresa e o acordo rematou cunha redución de
    xornada durante a tempada baixa, mantendo a xornada completa na
    alta (do 15 de maio o 15 de outubro). 

    Este acordo terá unha duración dun ano e afectará á totalidade do persoal
    que  verá reducida a súa xornada no 50%
    (20 horas semanais) durante o período acordado, de febreiro ó 15 de maio e do
    15 de outubro ó 31 de decembro. A pretensión é que esta redución sexa menor no
    caso de que a ocupación do hotel faga necesaria unha maior presenza de persoal e non suporá ningunha merma nas condicións económicas. 

    A
    representación de CCOO, a pesar das dúbidas que temos sobre as
    intencións

    que poida ter a dirección con respecto ó futuro deste emblemático
    hotel,
    decidimos asinar este acordo tendo en conta que a asemblea de
    traballadores e traballadoras
    maioritariamente manifestou aceptar as condición do mesmo
    . Dende o
    principio da negociación a presión exercida polos representantes de
    CCOO conseguiu que a direción da empresa mudara a súa proposta inicial e
    reducir as consecuencias negativas que este tipo de medidas teñen para
    as persoas traballadoras.

  • Os presidentes néganse a recibir as 30.000 firmas recollidas

    Texto da Circular:

     «Aprovechado que este miércoles 20 de enero se reunían en la CECA
    todos los presidentes de nuestras entidades
    , nos hemos
    concentrado los delegados y delegadas de las tres organizaciones
    sindicales mayoritarias del sector (CCOO, CSICA y UGT) para hacer
    acto de entrega de las casi 30.000 firmas recogidas durante el último
    mes entre la plantilla ?esto representa un 50% de la plantilla
    actual del sector-.

    En
    carta conjunta les hemos transmitido nuestra indignación
    ante la
    actitud inmovilista de la patronal en la negociación del convenio
    colectivo de ahorro. Pero se han negado a recibir las firmas. Lo
    consideramos un desprecio
    para todos los trabajadores y
    trabajadoras que han querido reivindicar de forma masiva y abierta la
    necesidad de un convenio justo y sin recortes.

    Es lamentable e innecesario cuando la voluntad de la parte social es
    que comiencen a abordarse las peticiones de la parte social y se
    retiren de la mesa todas las propuestas a las que llevamos meses
    diciendo que no.

    Para CCOO, CSICA y UGT estas firmas no caerán en saco roto y que
    los presidentes se hayan negado a recibirlas nos carga de razones.


    Ahora
    con más motivos que nunca
    ¡¡¡la
    lucha continúa!!!
    :

    • El 24 de febrero, en distintas ciudades, organizaremos
      concentraciones por la tarde para que acudáis a reivindicar un
      Convenio Justo.

    • Los delegados y delegadas de los tres sindicatos nos seguiremos
      movilizando hasta entonces de diferentes formas que publicitaremos.

    • Nuestros representantes en la mesa de negociación continuarán
      transmitiendo el sentir y peticiones de las plantillas.

    Este convenio no es como otros, luchamos y defendemos nuestros
    derechos porque somos una plantilla profesional, responsable y
    fuerte.

    Cada persona suma, todos y
    todas somos necesarios en cada acción

    El
    24 de Febrero Movilízate ¡Por TU convenio!»

  • CC.OO. pide aos partidos políticos que o grupo público TRAGSA-TRAGSATEC «deixe de ser a ETT do Goberno»

    Representantes
    de Tragsa-Tragsatec de CC.OO. pedíronlle o pasado luns aos
    deputados de En Marea que contribúan a visibilizar os despedimentos
    da empresa pública e que presenten unha Proposición Non de Lei
    (PNL) na que se propoña que o Congreso inste ao
    Goberno a readmitir aos traballadores despedidos. Tamén lles
    entregaron un dossier informativo no que se recollen todas as fraudes
    de lei que levan denunciando diante da Inspección de Traballo.

    David
    Bruzos
     e Yolanda
    Díaz
    , comprometéronse
    a atender as súas reivindicacións e aseguráronlles que os apoiarán
    na concentración que teñen previsto levar a diante da sede do
    Partido Popular na rúa Génova (Madrid) o vindeiro 26 de xaneiro.

    Asimesmo representantes de Tragsa-Tragsatec de CC.OO. reuníronse co
    deputado no Parlamento de Galicia Abel
    Lo
    sada,
    quen lles trasladou que o Grupo Socialista no Parlamento de Galicia
    presentou o pasado día 13/01/16 unha Proposición Non de Lei para
    instar ao goberno que deteña o ERE do Grupo Tragsa.

    CC.OO.
    ten previsto reunirse polo mesmo tema este xoves co grupo Mixto do
    Parlamento de Galicia e esperamos que nos vindeiros días nos reciba
    o BNG e o PP no Parlamento de Galicia.



  • CCOO Servizos gaña as eleccións en DISTRIBUCIONES FROIZ A Coruña

    O pasado 13 de xaneiro celebráronse eleccións sindicais en Distribuciones Froiz A Coruña. Debido a que o grupo Froiz ven de facer unha reestruturación das súas empresas,
    fusionando as antigas Froiz SA, e Lorenzo Froiz SA, dentro de
    Distribuciones Froiz SA, non existen datos homoxéneos para establecer unha comparativa.

    A estas eleccións concurriron as centrais sindicais CCOO, UGT, e CIG, tanto en colexio de técnicos como de especialistas. O de técnicos ten
    que voltar a celebrarse porque foi impugnado. Os datos no colexio de
    especialistas foron os seguintes:

    -CCOO:  8 delegados

    -UGT: 3 delegados

    -CIG: 4 delegados

    Agradecemos a participación e a confianza posta na candidatura de CCOO 

  • Excelentes resultados electorais de CC.OO. en Comercio e Hostalaría na comarca de Santiago

    A continuación detallamos os resultados electorais obtidos na segunda metade de 2015, nos sectores de Comercio e Hostalaría:

    CCOO

    UGT

    CIG

    DISTRIBUCIONES
    CAMBA:

    2

    1

    WURTH
    ESPAÑA:

    2

    3

    LIDL
    SUPERMERCADOS S.A.U:

    3

    3

    3

    HOTEL
    UNIVERSAL:

    1

    CUEROS
    NOROESTE:

    1

    MAQUINARÍA
    AGRÍCOLA DEL NOROESTE:

    1

    GALEÓN
    TOURAL:

    1

    COMPAÑÍA
    GALLEGA DE SUPERMERCADOS:

    1

    SPORT
    ZONE:

    1

    RESTAURANTE
    CASA LORENZO:

    1

    HIPERXEL:

    1

    RESTAURANTE
    LOS ROBLES:

    1

    HIJOS
    DE C.V OTERO:

    2

    1

    En marzo celebraranse eleccións sindicais nun importante proceso de comité, na empresa ECOMÁS (GADIS), de cuxos resultados informaremos oportunamente.
    Dende
    CCOO queremos agradecer ás traballadoras/es a
    confianza depositada na nosa organización.