Autor: Servicios Galicia

  • Máis reestruturación no grupo «El Árbol»

    A dirección da
    empresa comunicou que a situación segue sendo complicada e que se
    necesitan facer novos axustes organizativos.Tamén insistiu en que o seu obxectivo é a rendibilidade da
    empresa e o mantemento do emprego e que existe a posibilidade de
    lograr un acordo que
    contemple a recolocación de todo o persoal no Grupo Dia%. 

    As provincias
    afectadas son: Almería, Asturias, A Coruña, Badaxoz, Cáceres, Cantabria, León,
    Lugo, Murcia, Navarra, Ourense, Palencia, Salamanca e Zaragoza.

    A empresa tamén anunciou que hai outro grupo de 140 tendas que pasarán a explotarse como DIA-Market, tras unha operación de compravenda de activos que se realizará no primeiro trimestre deste ano 2016, polo que todos os traballadores/as destes centros de traballo se subrogarán respectándose todas as súas condicións actuais tal e como marca a lexislación vixente.

    Finalmente a dirección dixo que a insignia O Arbol está xa moi desgastada e que todas as tendas pasarán paulatinamente a «La Plaza» co obxectivo de mellorar a súa imaxe e optimizar as tendas. Ao longo deste ano está previsto que sexa efectivo o cambio en aproximadamente 100 tendas.

    Desde o conxunto da
    parte social fomos contundentes na preocupante
    situación que a empresa nos expón novamente nesta mesa. Fomos cautos e
    responsables ante o futuro que se expuxo en El Árbol desde o momento
    que o adquiriu o Grupo Dia, pero a situación segue sendo complicada
    e esiximos que tamén a empresa sexa
    responsable e comprométase en dar solución aos problemas que están a afectar nas
    condicións de traballo de todo o persoal e que desde a parte social
    estamos a expor en todas as
    reunións desta mesa.

    Hai meses que
    estamos a pór en evidencia os problemas de cargas de traballo, falta de persoal e
    de mercadoría etc. Pero a situación persiste e non se lle está
    dando solución. 

    Esiximos á empresa
    que tamén se teñan en conta estes aspectos á hora de buscar a rendibilidade das
    tendas e que outro dos obxectivos que debe ter a empresa é dar solución a estas
    situacións que están a xerar gran tensión e incerteza entre o
    persoal.

    A próxima reunión
    terá lugar o día 20 de xaneiro e para ese día solicitamos á empresa que nos
    informe máis detalladamente do alcance destas novas medidas para poder valorar a
    situación máis detidamente e ver as posibilidades reais de
    recolocación do persoal sen que isto
    leve modificacións substanciais das actuais condicións xa que se non é así
    deberemos expor outro tipo de medidas alternativas.

    SEGUIREMOS
    INFORMANDO

  • Novidades para o traballo autónomo en 2016

    O documento, que está dispoñible para consulta ou descarga en liña nesta
    mesma web, contén información sobre a seguridade social, cota de
    autónomos/as para este ano, adecuación da mesma con vistas á xubilación
    ou a tarifa plana, a fiscalidade, retencións, requisitos para estar en
    módulos ou imposto de sociedades, entre outras cuestións, ou as
    situacións de desemprego. 

    Documento

    Ademais, publícanse no BOE as normas de cotización e de cesamento da actividade de autónomos.
  • Folga do persoal de Tragsatec para rexeitar o ERE no Grupo Tragsa – #StopEreTragsa

    O persoal de Tragsatec irá á folga mañá martes, 12 de xaneiro, para amosar o seu rexeitamento ao ERE no Grupo Tragsa. CCOO denuncia que a execución do ERE comezou en pleno Nadal, cando, tras recibir o aval do Tribunal Supremo, foron notificados os primeiros despedimentos.

    Mediante este despedimento colectivo, Tragsa prevé prescindir de 1.336 traballadores e traballadoras, 117 en Galicia. Isto, malia que a empresa pública ten reservas voluntarias por valor de 261 millóns de euros, critica Comisións, que concitou a unanimidade da oposición política en Galicia contra o ERE.

    CCOO denuncia que mentres isto acontece, a empresa segue aboándolles aos seus directivos e mandos intermedios unha paga por obxectivos denominada «dirección por obxectivos». Ademais, nos últimos meses seguiuse contratando persoal eventual en todas as oficinas da empresa no estado, o que para o sindicato é a proba de que aumentou a carteira de pedidos da compañía.

    Por último, o sindicato lembra a «millonaria» débeda das Administracións públicas co grupo Tragsa, que superaba os 460 millóns o pasado mes de novembro. Débeda, ademais, sete veces superior á previsión de perdas acumuladas entre 2014 e 2019.

    + Para máis información:

    • Claudio Landeira, delegado de CCOO en Tragsatec: 649 684 220

  • Un ERTE pechará o Gran Hotel da Toxa durante seis meses

    Os membros do comité
    de empresa do Gran Hotel da Toxa recibiron a semana pasada a
    documentación que acredita a intención da dirección de impulsar un
    Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), que afecta a 75
    membros da plantilla, e que pechará o único hotel-balneario de
    cinco estrelas de Galicia entre o 1 de febreiro e o 15 de maio; e, de
    novo, despois do verán, do 15 de outubro ata o remate de decembro. 

    Baseándose nunhas previsións económicas que estiman perdas para
    eses seis meses, os representantes de Hotusa anuncian a súa
    intención de xestionar o establecemento como un hotel
    estacional durante este ano 2016. Está previsto que o peche se
    comunique de maneira oficial ao conxunto dos traballadores o luns.

    Os empregados non
    entenden que a nova dirección opte por unha medida tan drástica tan
    so seis meses despois de ter asumido os mandos do hotel; máis nun
    ano no que se tiña percibido un repunte na ocupación. E temen que
    nun futuro estes axustes poidan traducirse en despedimentos.

  • FIRMA ESTA PETICIÓN: Parar el ERE de la empresa pública TRAGSA y su filial TRAGSATEC, empresa dependiente del Ministerio de Agricultura

    La dirección de RR.HH. de esta empresa pública muestra la más
    absoluta
    insensibilidad, crueldad y falta de empatía -rozando la psicopatía
    social-
    que,
    con más de 143 millones de euros en reservas (261 millones en el
    Grupo) -conseguidos tras 35 años consecutivos de beneficios gracias
    al trabajo de todas y todos- esté dispuesta a despedir, en plenas
    fiestas navideñas y por
    burofax en la mayoría de los casos, a cientos de compañeras y
    compañeros jugando con su sustento y el de sus familias cuando saben
    que no es necesario hacerlo y reconocen
    que no solucionará los problemas.

    Firma aquí: https://t.co/ZhwTp6VRjf