Autor: Servicios Galicia

  • De novo o 17 de decembro: #StopEreTragsa – 1.336 Despidos

    De novo,  día 17 de decembro voltamos a saír á rúa, diante do Parlamento de Galicia, para denunciar un ERE que ameaza a 1.336 posto de traballo.

    O 14 de outubro de 2015, a Sala do Social do Tribunal Supremo declarou axustado a dereito o ERE presentado polo Grupo Tragsa en contra do sentenciado pola Audiencia Nacional, que o declarara nulo por tres causas diferentes, permitindo así que a compañía poida despedir ata 1336 compañeiras e compañeiros (117 en Galicia).

    O Grupo Tragsa ten actualmente reservas voluntarias por valor de 261 millóns de euros, que son beneficios de exercicios anteriores (tras a repartición de dividendos) conseguidos co traballo de todas e todos.
     
    Ademais do anterior, queremos destacar:
     
    1. A empresa segue aboándolles aos seus directivos e mandos intermedios unha paga por obxectivos denominada «dirección por obxectivos» (DPO). Chama poderosamente a atención que a empresa siga aboando esta DPO por obxectivos acadados durante os pasados e actual exercicio, presentando perdas durante o anos 2013 e 2014 e cunha previsión de perdas ata o 2018.
     
    2. Actualmente, séguese a contratar persoal eventual en todas as oficinas da empresa no estado, mostra evidente do crecemento da carteira de pedidos da compañía. Dende o comezo do período de execución do PDC ata a actualidade, os contratos temporais asinados no grupo superan os 1336 despedimentos que agora poden executar.
     
    3. Todas as Administracións públicas (central, autonómica e local) débenlle ao Grupo Tragsa case 461 millóns de euros. A débeda pendente é sete veces superior á previsión de perdas acumuladas entre 2014 e 2019 e supera o 75 % da produción do Grupo de todo o exercicio 2014 (619 millóns ?). Este dato, xunto co das reservas voluntarias, evidencian aínda máis a viabilidade do Grupo e deixa patente a corresponsabilidade das diferentes Administracións públicas coa empresa.
     
    A problemática actual da compañía é a mesma que no 2013: a empresa non adaptou o seu organigrama á actual realidade produtiva da compañía e os movementos que se produciron nel no se reflectiron nas contas analíticas, xa que non se adaptou ás retribucións destes movementos funcionais. Iso provocou que os gastos de persoal non se reduciran na mesma proporción que a redución de produción que se ven producindo dende o 2009.
     
    Tendo en conta que a titularidade do Grupo Tragsa é cen por cento pública, que a Administración pública son os nosos únicos clientes e que a Xunta de Galicia, ademais de accionista e copropietaria, é a segunda Administración autonómica con máis peso na cifra de negocio do Grupo Tragsa, CCOO, UGT e CSIF convocamos para as 12:00 dos días 25 de novembro e 2 de decembro concentracións diante do Parlamento de Galicia en contra do ERE no Grupo Tragsa.

    Tamén en Facebook: https://www.facebook.com/ServizosCCOOO

  • CC.OO. Servizos gaña as eleccións sindicais en SANTIAGO ALTIA CONSULTORES

    CC.OO. acada a maioría nas eleccións celebradas hoxe no centro de
    traballo de Santiago Altia Consultores. Dos 9 representantes elixidos 6
    son de CC.OO. e 3 de UGT.
    CC.OO. pasa de 3 a 6 representantes, UGT
    de 2 a 3 e CIG non logra presentar candidatura a pesar de ter a maioría
    no anterior comité con 4 representantes.
    Resultado que o sindicato entende como un recoñecendo das traballadoras e traballadores da empresa ó traballo realizado por CCOO. que ademais é o primeiro sindicato do Sector na Comarca.
    Desde CCOO queremos agradecer ás traballadoras e
    traballadores de Santiago Altia Consultores a confianza depositada nesta
    organización.

    2015

    2011

    CCOO

    6

    3

    UGT

    3

    2

    CIG

    0

    4

    CC.OO. acada a maioría nas eleccións celebradas hoxe no centro de traballo de Santiago Altia Consultores. Dos 9 representantes elixidos 6 son de CC.OO. e 3 de UGT.
    CC.OO. pasa de 3 a 6 representantes, UGT de 2 a 3 e CIG non logra presentar candidatura a pesar de ter a maioría no anterior comité con 4 representantes.
    Resultado que o sindicato entende como un recoñecendo das traballadoras e traballadores da empresa ó traballo realizado por CCOO. CC.OO. é o primeiro sindicato do Sector na Comarca.
    Desde CCOO queremos agradecer ás traballadoras e
    traballadores de Santiago Altia Consultores a confianza depositada nesta
    organización.

    2015

    2011

    CCOO

    6

    3

    UGT

    3

    2

    CIG

    0

    4

  • STOP ERE en TRAGSA – 1.336 Despidos – #StopEreTragsa

    De novo saímos á
    rúa o 2 de decembro diante do Parlamento de Galicia. Manifestámonos
    contra o maior #Ere no sector público a pesar de levar 35 anos
    consecutivos dando beneficios.

    Segue en tempo real de 12:00 a 13:00 a concentración en Twitter @ServizosCCOO

    Tamén en Facebook:
    https://www.facebook.com/ServizosCCOOO


    O pasado 25 de novembro :

    Queremos lembrar que CCOO defendeu que o ERE non é necesario, porque Tragsatec ten actualmente unhas reservas voluntarias de 143 millóns de euros, ás que habería que sumar 118 millóns de Tragsa. Esta cifra, segundo o sindicato, «son beneficios de exercicios anteriores -tras a repartición de dividendos- conseguidos co traballo de todas e todos». Segundo Comisións, abondaría con dedicar o 19 % das devanditas reservas -24,6 % se se incluír todo o grupo- para cubrir a previsión de perdas acumuladas para o quinquenio 2014-2019 -27,3 millóns en Tragsatec ou 64,3 millóns no Grupo Tragsa-.

  • 29 DE NOVEMBRO. Mobilizacións ante o Cumio de Nacións Unidas sobre o cambio climático

    Dende a Federación de Servizos apoiamos as diversas mobilizacións e actos que se convoquen en toda
    Galicia en apoio das medidas contra o cambio climático e por un novo
    modelo produtivo que nos leve a unha economía verde e sostible.
    É necesario un cambio de modelo productivo e enerxético que impulse o desenvolvemento das enerxías renovables, a mobilidade sostible, a
    rehabilitación enerxética de edificios, a reciclaxe de refugallo,
    sistemas de retorno de envases ou aforro e a eficiencia enerxética.

    París albergará a reunión sobre o clima e o futuro do planeta que debe
    servir para acelerar a transición cara a unha economía verde e un modelo
    enerxético renovable.
     
    O movemento cidadán e sindical ten
    convocadas miles de mobilizacións en numerosas cidades e lugares do
    planeta para lles esixir aos líderes mundiais un acordo ambicioso e
    vinculante que evite as consecuencias devastadoras do cambio climático.
    Un cambio climático que prexudica as persoas, os ecosistemas e as
    economías; ten consecuencias xa na saúde da poboación e acelera a
    destrución da biodiversidade, que comeza a afectar económica e
    socialmente a todo o planeta.

    O cambio climático é tamén una cuestión sindical. Sharan Burrow,
    secretaria xeral da Confederación Sindical Internacional (CSI), adoita repetir que «non haberá empregos nun planeta morto»  que «a
    transformación industrial é fundamental para acadar un futuro sen
    emisións de carbono e sabemos que non pode levarse a cabo sen un
    diálogo cos traballadores e as traballadoras nos lugares de
    traballo e no marco dos plans nacionaies para as nosas economías e
    industrias».

    O movemento sindical pide que se
    inclúa o compromiso de lles garantir aos traballadores e traballadoras
    unha transición xusta ao novo modelo produtivo. Necesitamos que as
    medidas para a transformación industrial e enerxética aseguren o emprego
    e as condicións de vida da clase traballadora.

  • 25 DE NOVEMBRO. Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

    CCOO e UGT convocan concentracións nas comarcas de Galicia pola mañá.
    A Secretaría da Muller
    de CCOO de Galicia chama á cidadanía galega a participar nestas
    concentracións e tamén nos actos convocados pola Plataforma de Mulleres
    de Galicia.

    Queremos concienciar a toda a
    sociedade sobre a insoportable extensión da violencia, de todas as
    violencias machistas: a que sofren as mulleres a mans das súas parellas
    ou ex-parellas, o acoso sexual e por razón de sexo no traballo, a
    intimidación na rúa, o acoso na Internet, o abusivo control con que son
    subxugadas as mozas e, en especial, as terribles consecuencias que estes
    ataques carrexan na saúde, a integridade, a dignidade e a vida laboral
    das mulleres.

    O día 24 en rolda de prensa, as responsables da Muller do S.N. de CCOO
    de Galicia e de UGT Galicia presentarán un manifesto conxunto e a moción
    que entregarán na Delegación do Goberno ao rematar as concentracións do
    día 25.

    CONCENTRACIÓNS CONVOCADAS

    A CORUÑA: 12:00 Fronte á Delegación do Goberno (praza de Ourense)
    FERROL: 12:00 Fronte ao edificio da Xunta (praza de Camilo José Cela)
    LUGO:12:00 Fronte á Subdelegación do Goberno
    OURENSE: 12:00 Fronte á Subdelegación do Goberno
    VIGO:13:00 Diante do edificio da Xunta
    PONTEVEDRA:12:00 Diante da Subdelegación do Goberno