Autor: Servicios Galicia

  • Conflicto laboral en la Cofradia de Cambados

    Un conflito laboral estase a aproximar á confraría de Cambados. O sindicato Comisións Obreiras está disposto a convocar unha folga entre os traballadores do pósito como medida de protesta pola negativa do patrón maior e o seu cabildo a negociar o convenio colectivo. Están por concretar aínda aspectos como a data en que se vai a realizar a protesta ou o alcance da mesma; se serán paros puntuais ou unha folga xeral.

    O que si teñen claro desde CCOO é que non van esperar de brazos cruzados pois, afirman, levan dez meses solicitando ao patrón maior «intentos de diálogo» que non chegan. Desde Comisións, que conta co único delegado sindical que hai na confraría, sosteñen que o convenio que se está aplicando aos seus traballadores non se corresponde coa realidade deste tipo de entidades; o convenio que está rexendo é o de oficinas cando, hoxe, a realidade laboral dos pósitos vai moito máis alá do ámbito administrativo: lonxa, vixilancia e outros servizos.
    CCOO asegura que esta situación está levando á «infravaloración e discriminación entre o persoal ao non aplicarse as mesmas condicións para todos» e está provocando irregularidades na maioría das nóminas.
    Os representantes dos traballadores Diana Dieste e Quique Iglesias compareceron onte en roda de prensa xunto ao sindicalista Ramón Bo para denunciar, entre outras cuestións, a actitude «caciquil» que está demostrando o patrón maior, Benito González, ao tratar de dilatar, desde fai case un ano, a negociación colectiva. Só houbo unha reunión, o 1 de abril, que non serviu para achegar posturas, sosteñen. O inminente proceso electoral que se vai a vivir no pósito podería demorar, aínda máis, a solución a esta situación, por iso é polo que desde o sindicato decidan ir máis aló e, tras facer público o problema, o próximo paso será comunicarllo a Inspección de Traballo, a Consellería de Pesca e o Concello de Cambados. En caso de non recibir unha resposta satisfactoria por parte dos dirixentes do pósito adoptaranse outras medidas de presión máis contundentes. Os traballadores quixeron deixar claro que non teñen «afán de perxudicar aos mariñeiros», colectivo que sería o máis afectado en caso dunha folga na lonxa ou dos vixiantes. «Os mariscadores non saben a realidade que hai na confraría», apostillaba onte Quique Iglesias.
    A confraría de San Antonio de Cambados conta con 23 traballadores e factura oito millóns de euros ao ano. «*É unha dás empresas máis importantes de Cambados e lle esiximos ao patrón maior que cumpra coas esixencias dun empresario. Non pode escapar ás nosas reclamacións», indicou Iglesias.

  • COMFIA-CCOO consegue maioría absoluta en TRAGSATEC

    COMFIA-CC.OO. consegue nas eleccións sindicais do pasado cinco de maio doce dos trece postos do comité de empresa de TRAGSATEC, na provincia da Coruña, onde conta con trescentos oitenta traballadoras e traballadores que pertencen ao centro de traballo de Santiago de Compostela.

    Pasaron xa catro anos desde que se celebraron as primeiras eleccións sindicais en TRAGSATEC, na provincia da Coruña, nas que Comfia-CC.OO. obtivo tres delegados de persoal.

    Nestas novas eleccións os traballadores e traballadoras de TRAGSATEC protexen o traballo sindical
    efectuado polos delegados e delegadas de CCOO, dándolles o seu voto e apoio, obtendo así uns excelentes resultados: dos trece elixidos, doce corresponden a CC.OO e ún a UGT, obtendo así un 92,31%
    da representación sindical.

  • Concentracion diante do BBVA en A Coruña

    A Federación de Servizos Financeiros e Administrativos de CCOO (COMFIA-CCOO) e o resto de sindicatos con representación no BBVA en Galicia realizaron unha concentración de delegados diante da sé da Dirección Territorial Noroeste, no Cantón Grande da Coruña.

    Unha delegación formada por un membro de cada un dos sindicatos
    convocantes entregou unha carta ao responsable de Recursos Humanos,
    na cal solicitan a negociación dos plans de reordenamiento que o BBVA
    puxo en marcha, tanto na rede de oficinas como nos departamentos de
    Servizos Centrais: os chamados Proxecto Clima e Proxecto Velázquez,
    respectivamente.

    A concentración, que durou preto dunha hora, contou coa presenza de
    numerosos delegados do BBVA vidos das comunidades que forman a
    Direccion Territorial Noroeste (Galicia, Asturias e Castela-Leon), e
    mais de representantes sindicais doutras entidades financeiras e
    administrativas federadas en Comfia-CCOO. A asistencia pódese cifrar en
    preto de catrocentas persoas.

    Os concentrados manifestaron de forma patente o seu rexeitamento aos
    Proxectos Clima e Velázquez e mostraron o seu desagrado polo xeito en
    que a Dirección do BBVA pretendeu implantar estes ás costas da
    representación sindical.

    «Vaiase, Sr González», en referencia ao Presidente do Consello de
    Administración Francisco González, foi unha das consignas máis
    repetidas durante o desenvolvemento da concentración, que se disolveu
    de forma pacífica unha hora logo do seu comezo.

  • COMFIA Galicia participou activamente na convocatoria conxunta do Primeiro de maio

    Celebraronse en toda Galicia manifestacions co gallo do Primeiro de Maio.

    Na manifestacion celebrada en Vigo, o sindicato de Pontevedra contou ca
    asistencia da Secretaria Xeral de COMFIA Galicia, Marisa Mouriño.

    O acto central de Galicia celebrouse en A Coruña e outros membros do Secretariado e da Executiva de COMFIA participaron na mesma.

  • Constituida a Agrupacion de Contact Center de Comfia Galicia

    O 14 de abril de 2008 celebrouse na Coruña o II Plenario de Contact Center (telemarketing), onde se constituíu a Agrupación de Contact Center de COMFIA-Galicia.

    .- No ano 2004 as delegadas e delegados de telemarketing de Galicia
    optaron por dotarse como estrutura de organización dunha coordinadora,
    que durante estes anos aumentou a afiliacion nun 600% e nun 500% as
    delegadas e delegados en Galicia. Agora, a coordinadora dá paso á
    Agrupación de Contact Center.

    Anxo Romero García foi elixido Secretario Xeral. E ante o plenario
    expuxo os obxectivos para estes próximos catro anos, que son aumentar a
    afiliación e a representatividad nas empresas, establecer vias de
    comunicación coas traballadoras e traballadores, apoiar e asesorar ás
    seccións sindicais no seu traballo de negociación cos RRHH das
    empresas, e desenvolver un plan formativo para todas e todos os
    delegados de Contact Center de Comfia-Galicia.

    No seu discurso como novo Secretario Xeral da Agrupación, Anxo Romero
    agradeceu a toda a organización de COMFIA-CCOO o apoio nestes anos,
    que considerou imprescindible para lograr o espectacular crecemento
    tanto en afiliación como en delegadas e delegados.