Autor: Servicios Galicia

  • Catalogo de cursos 2006-07

    Están dispoñibles os cursos 2006-07 que realizamos en colaboración con FOREM Galicia.

    Como se anticipou, para este ano optouse fundamentalmente por cursos de adorno curricular e nas modalidades de Teleformación e Distancia.


    Os cursos que se seleccionaron son seis:



    • Word Avanzado

    • Excel Avanzado

    • Linux

    • OHSAS 18001

    • Project Management

    • Acreditación ECDL

    Podes ampliar información e descargarche o folleto explicativo si premes aquí

  • Concentracions contra «a fuga do capital»

    Celebraronse concentracions en Vigo e Lugo, e Comfia-CCOO posicionouse claramente contra este «Toma o diñeiro e corre» practicado polas empresas.


    No title

    Preme eiquí pra ver as fotos da convocatoria.

  • Comfia-CCOO convoca movilizacións en Vigo e Lugo

    A deslocalizacion dos call centers destas duas empresas, rexeitada por Comfia-CCOO

    No noso pais as movilizacións celebraránse nas cidades onde se atopan os maiores «call centers»: Vigo e Lugo. Estas duas cidades concentraran a protesta do noso sindicato a protesta polo feito, sen dúbida grave para a economía do noso país e que prexudica por igual a empresas e traballadores.


     


    Ambas concentracions  celebraránse o martes 12 de decembro as 12,00 horas. En Lugo a concentracion celebrarase na plaza de Santo Domingo. En Vigo, na rúa Concepcion Arenal, tras do edificio da Xunta.

  • COMFIA-CC.OO. prevé a deslocalización de máis de 6.000 postos de traballo nos «call center» de Orange e Ono en España

    Primeiro foi Jazztel, onde este verán perdéronse centos de postos de traballo debido á deslocalización das súas call centers a Arxentina e agora parece chegar a quenda de ONO e ORANGE. Segundo COMFIA-CC.OO. estás dúas compañías tamén parecen estar preparando a deslocalización das súas plataformas en España o que conlevaría a perdida de máis de 6000 postos de traballo a través das empresas subcontratistas que dan o servizo de atención telefónica destes clientes.

    COMFIA-CC.OO. trasladará ás empresas a súa preocupación para ser informados respecto de os plans destas compañias. Comfia-CC.OO. mantén que hai suficientes indicios para temerse o peor, posto que xa se están producindo síntomas deste tipo de procesos como son; a perdida xa dalgunhas destas campañas e sobre todo, o envío masivo dos formadores das empresas en España para formar xente en Latinoamérica. Idéntico proceso que en Jazztel, afirma COMFIA-CC.OO.

    Por este motivo o Sindicato decidiu non perder nin un segundo na denuncia pública desta situación e convocou para este martes 12 novembro concentracións nas principais capitais de provincia onde están implantados os call centers destas empresas. As concentracións realizaranse en: Lugo, Vigo, Sevilla, Salamanca, Valladolid, Madrid e Barcelona, baixo o seguinte lema: «ONO E ORANGE FAN AS AMÉRICAS».

    Nun comunicado distribuído hoxe por COMFIA-CC.OO. afírmase que: «…No noso país a concesión de licenzas a este tipo de compañías outórgaas o Ministerio de Industria e estas licenzas obríganlles a ter centros de atención ao cliente. Por iso o que non parece lóxico é que o ministerio conceda licenzas públicas a empresas que aproveitan as infraestructuras do estado español, que xeran o seu negocio grazas ao diñeiro dos consumidores españois e que agora pretenden levarse os postos de traballo que xera a súa actividade empresarial a outros países».«.

    Para COMFIA- CC.OO. isto non é, máis que o pistoletazo de saída dunha campaña que vai orientada en dúas direccións, trasladar á opinión pública un problema que a longo prazo pode afectar aos máis de 50.000 persoas que traballan no sector e doutra banda, unha rolda de conversacións con todos os axentes implicados no conflito, pedindo ás empresas que se reformulen as súas estratexia empresarial e aos organismos públicos que teñen responsabilidade subsidiaria como son o Ministerio de Industria, encargado da concesión as de licenzas públicas destas compañias, o Ministerio de traballo e todos aqueles gobernos autonómicos que ceden chan público e/ou instalacións para o desenvolvemento da actividade empresarial. No caso de Orange, recordar que esta empresa é pertencente ao grupo France Telecom no que o goberno francés é propietario de máis de 30% da compañía polo que para COMFIA-CC.OO. converte á embaixada francesa noutro dos interlocutores en dita rolda.

  • CC.OO revalida a sua maioría nas Caixas de Aforros

    Tras o proceso electoral celebrado onte, CC.OO. revalidou a súa condición de sindicato maioritario no sector tanto no estado como en Galicia.

    No proceso electoral de onte foron convocados máis de 2200 traballadores e
    traballadoras das entidades Caixa Galicia*, La Caixa, Caja Madrid, Caja España,
    Caixa Catalunya, Bancaja, Caja Duero e Ibercaja. Os resultados obtidos sitúan a
    CC.OO como primeira forza sindical do sector, mellorando os resultados con respecto
    ao proceso de 2002:

    Resultados eleccions sindicais en aforro (22-11-2006)

    ANO 2006

    ANO 2002

    EVOLUCION

    Delgs

    %

    Delgs

    %

    Delgs

    %

    CCOO

    51

    52,04

    39

    47,56

    12

    4,48

    UGT

    6

    6,12

    9

    10,98

    -3

    -4,85

    CIG

    25

    25,51

    26

    31,71

    -1

    -6,20

    CSICA

    13

    13,27

    5

    6,10

    8

    7,17

    C.C

    3

    3,06

    3

    3,66

    0

    -0,60

    TOTAL

    98

    100,00

    82

    100,00

    15

    0,00

    Tras estes resultados, COMFIA-CC.OO revalida a súa
    maioría e alcanza o 52 % dos votos emitidos, o que supón 51 delegados e
    delegadas sindicais. A segunda forza máis votada foi a CIG co 25 % da
    porcentaxe de voto e 25 delegados e delegadas.

    COMFIA-CC.OO quere agradecer aos traballadores e
    traballadoras a confianza depositada neste sindicato que revalida amplamente a
    súa acción sindical neste sector.