Autor: Servicios Galicia

  • CCOO Servizos rexeitamos as peticións de apertura en festivos solicitadas por Alcampo e Mercadona en Ferrol

    CCOO Servizos vimos de emitir un comunicado ao Concello de Ferrol en resposta ás solicitudes das empresas Alcampo e Mercadona para modificar os festivos de apertura comercial autorizada. No escrito, mantemos a nosa firme oposición á apertura de establecementos comerciais en domingos e festivos.

    As solicitudes en cuestión propoñen o seguinte:

    • Mercadona solicita que se permita a apertura o 1 de novembro (festividade de Todos os Santos) en troques do 8 de decembro (Día da Inmaculada Concepción).

    • Alcampo solicita a apertura o 7 de xaneiro e o 21 de abril, festividades locais no Concello de Ferrol, sen especificar a cambio de que días festivos.

    Dende CCOO Servizos, subliñamos que, a día de hoxe, nada substancial mudou no sector comercial en relación co impacto que teñen as aperturas en domingos e festivos sobre as condicións de traballo das persoas traballadoras. Esta práctica, lonxe de mellorar o funcionamento do comercio, provoca unha precarización crecente das condicións laborais, con prolongacións de xornadas e incrementos de xornadas irregulares, o que dificulta gravemente a conciliación da vida laboral e familiar.

    Por estas razóns, reiteramos a nosa firme oposición a calquera ampliación dos horarios de apertura en festivos. Entendemos que o horario comercial actual xa atende adecuadamente as necesidades do público, sen necesidade de sacrificar os dereitos dos traballadores e traballadoras. A ampliación destes horarios só serviría para agravar os problemas existentes no sector e suporía un prexuízo directo para os empregados e empregadas do comercio, que verían máis limitadas as súas opcións de descanso e conciliación familiar.

    Dende CCOO Servizos, facemos un chamamento ao Concello de Ferrol e á Consellería de Economía, Industria e Innovación para que desestimen estas solicitudes, priorizando o benestar das persoas traballadoras e o equilibrio entre a actividade comercial e conciliación.

    A defensa das condicións dignas de traballo e a conciliación da vida laboral e familiar seguen a ser para nós unha prioridade innegociable.

    Carta contestación apertura festivos Concello Ferrol

    Comunicado de CCOO Servizos ao Concello de Ferrol

  • CCOO Servizos avanzamos con forza nas eleccións sindicais de Eroski Vegalsa Sigüeiro -plataforma-

    No día de onte celebráronse as eleccións sindicais no centro de traballo de Eroski (Vegalsa) Sigüeiro, destacando un avance significativo de CCOO Servizos, que aumentamos a nosa representación en comparación cos anteriores comicios.

    Cun apoio cada vez maior das e dos traballadores, CCOO logramos pasar de 5 delegadas e delegados na última convocatoria a un total de 7 na presente, converténdonos nunha forza sindical de referencia. Este crecemento evidencia o recoñecemento do labor e o compromiso de CCOO na defensa dos dereitos laborais, así como a capacidade para conectar coas necesidades reais do persoal.

    Pola súa banda, Fetico obtivo 7 delegadas e delegados, con 1 técnico adicional. UGT mantén a súa representación con 2 delegados.
    Con estes resultados, o avance de CCOO é un claro sinal de que os traballadores e traballadoras confían cada vez máis no noso proxecto. Desde CCOO comprometémonos a seguir traballando para mellorar as condicións laborais e dar resposta ás demandas que nos expoña o persoal.
    Estes resultados son froito do esforzo colectivo e unha mostra de que o diálogo, a loita e a constancia seguen sendo ferramentas efectivas para acadar melloras no ámbito laboral.

    Moitas grazas a todas e todos os que confiastes en nós. Seguimos avanzando!

  • O persoal de LIDL Pontevedra elixe a CCOO Servizos como a forza maioritaria do comité

    CCOO Servizos logramos un importante avance nas eleccións sindicais celebradas en LIDL Pontevedra, establecéndonos como a forza sindical maioritaria. Os resultados mostran un claro respaldo do persoal á nosa organización, que obtivo un total de 6 representantes no comité de empresa.

    Resultados por colexios electorais

    No colexio de técnicos e responsables, CCOO obtivemos 1 representante con 30 votos, seguido por UGT con 1 representante e 20 votos, e CIG con 1 representante e 16 votos.

    No colexio de especialistas e caixeiros/as, CCOO logramos unha ampla maioría con 5 representantes e 91 votos. CIG e UGT obtiveron 2 representantes cada un, con 37 e 36 votos respectivamente. Valorian conseguiu 1 representante con 25 votos.

    Comparativa cos resultados anteriores

    Os resultados destas eleccións supoñen unha mellora significativa para CCOO respecto ás anteriores, onde obtivemos 5 representantes. Agora, cun total de 6 representantes, CCOO consolidámonos como a forza maioritaria no comité de empresa.

     

    Sindicato

    Resultados actuais

    Resultados anteriores

    CCOO

    6

    5

    CIG

    3

    5

    UGT

    3

    0

    Valorian

    1

    2

    Fetico

    0

    1

     

    Agradecemento ao persoal

    Desde CCOO queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todo o persoal de LIDL Pontevedra, que depositou a súa confianza en nós. Este apoio reafirma o noso compromiso de seguir traballando incansablemente para defender os dereitos e intereses de todas as persoas traballadoras da empresa.

    Este resultado é un claro reflexo do recoñecemento á nosa labor sindical e un estímulo para continuar mellorando as condicións laborais en LIDL Pontevedra. Comprometémonos a exercer esta responsabilidade con dedicación e transparencia, buscando sempre o beneficio colectivo de todo o persoal.

  • CCOO Servizos participamos nunha asemblea en Santiago para abordar a precariedade laboral das traballadoras en sectores feminizados

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia reuniu case 300 persoas nunha asemblea sobre traballadoras en sectores feminizados celebrada no edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. O evento centrouse na precariedade laboral que afecta especialmente ás mulleres nestes ámbitos.

    Intervencións destacadas

    Raquel Carballo presentou a asemblea, que contou coa participación de:

    – Armando Iglesias, secretario de Acción Sindical, quen analizou a situación xeral dos sectores feminizados

    – Unai Sordo, secretario xeral confederal de CCOO

    – Amelia Pérez, secretaria xeral do S. N. de CCOO de Galicia

    Principais reivindicacións

    – Segundo Sordo, ao longo do ano fanse «millóns de horas» que se chaman «complementarias» e que terían que formar parte «das xornadas laborais ordinarias» de milleiros de persoas traballadoras, fundamentalmente mulleres.

    – Modificación do contrato a tempo parcial, xa que o 70% das persoas con esta modalidade son mulleres

    – Incorporación das horas complementarias ás xornadas laborais ordinarias

    – Loita contra a fenda de xénero e o recoñecemento das categorías profesionais adecuadas

    Compromiso de CCOO coa igualdade

    Amelia Pérez destacou o carácter pioneiro de CCOO como organización feminista, implementando a paridade nos seus órganos antes da lexislación vixente. Ademais, subliñou o impacto positivo de medidas como a suba do salario mínimo e a reforma laboral na situación das traballadoras en sectores feminizados. Incidiu en que a xornada a tempo parcial, na meirande parte dos casos, «non é desexada, senón unha imposición».

    A dirixente sindical tamén puxo en valor o carácter pioneiro de CCOO como organización feminista e a prol da igualdade, levando aos seus órganos a paridade entre mulleres e homes moito antes de que houbese lexislación ao respecto. «A igualdade demóstrase con feitos», subliñou.

    A asemblea reafirmou o compromiso de CCOO na loita pola igualdade e a mellora das condicións laborais das mulleres en Galicia.

    Asemblea sectores feminizadossectores feminizadossectores feminizados

  • Regulamento das asembleas congresuais de nivel I

    Para que poda ser consultado por todas as persoas convocadas ao proceso, queda publicado na ligazón inferior o seu texto completo

    Regulamento nivel I