Autor: Servicios Galicia

  • «En Zara non queremos ser traballadoras de segunda»

    O cadro de persoal das tendas está crispado xa que leva moito tempo reivindicando a equiparación de condicións co persoal de loxística, ao que Zara resposta que “non se contempla”.

    Cabe salientar que o persoal das tendas é fundamentalmente feminino e na área de loxística masculino, o cal potencia aínda máis a brecha salarial. As tendas están discriminadas en condicións laborais, salarios e beneficios, ademais de sufrir recentemente a redución da posibilidade de acumular horas para utilizar libremente. Ler máis

    Na área de loxística teñen axudas para as escolas infantís, descontos e axudas nos libros para os fillos, até plus cando chegan á universidade, plus de sábados, plus de vacacións se as gozan fóra dos períodos máis demandados, comen por 25 céntimos na central de Arteixo, o persoal das tendas ten que levar a comida a un recuncho e ningunha desas axudas.

    Tamén se producen agravios en relación ás facilidades para conciliar: hai casos de compañeiras ás que non se lles aceptan as reducións de xornada. Solicítanse pero daquela a empresa negocia e obríga a ir sábados ou algunha tarde. Os casos rematan ante o xulgado.

    Os postos de responsabilidade en tenda teñen un incentivo por vendas cunhas cantidades de suplementos que ás veces son obscenas e as dependentas non teñen ese plus. Levamos anos pedindo que se reparta, por suposto de forma proporcional ao salario, entre todas as traballadoras da tenda.

    Lévase tempo pedindo un plan de xubilacións e de redución de xornadas cando se alcanza unha certa idade. Porque, aínda que non se vexa, nas tendas tamén hai un gran traballo de almacén, con accións repetitivas e transporte de cargas.

    Por todo iso hoxe comenzamos mobilizacións no Centro Comercial de Marinaleda de A Coruña para deixar claro que o persoal de tenda tamén pertencen ao grupo Inditex e pedir que a empresa se sente a negociar.

    Galería de imaxes

  • Magníficos resultados nas primeiras eleccións de CCOO en Prosegur AVOS Vigo

    Con data vinte de novembro celebráronse eleccións no centro de Prosegur Avos en Vigo cuxos resultados foron en número de delegadas/os de CCOO 2 e CIG 3.

    Esta son as primeiras eleccións nas que CCOO obtén representación no centro de Vigo e nas que até a data existía un comité composto por tres delegadas de CIG e dúas delegadas de UGT.

    Damos os nosos parabéns ao traballo realizado pola nosa candidatura e máis tendo en conta que a cabeza de lista se atopa inmersa nun proceso por despedimento loitando pola nulidade do mesmo.

    Desde a Federación de Servizos agradecemos tanto ás persoas que nos deron o seu apoio como ao resto do persoal pola participación nesta xornada electoral. Desde aquí trasladamos o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo posible en defensa dos intereses de todo o persoal.

  • Concentración na Coruña contra os despedimentos no Banco Caixa Geral

    Comisións Obreiras (CCOO) participou na concentración deste martes na Coruña para rexeitar os despedimentos no Banco Caixa Geral. A protesta tivo lugar desde as 11:30 horas diante da oficina principal de Abanca, na coruñesa rúa Nova, xa que esta entidade é a propietaria do banco.

    Segundo CCOO, desde que Abanca se fixo coa filial española da entidade portuguesa Banco Caixa Geral, comezou cunha serie de despedimentos por causas presuntamente obxectivas (baixo rendemento e causas organizativas), aboando ademais a indemnización mínima que prevé a normativa laboral (vinte días por ano, cun máximo de doce mensualidades).

    A escasos días de comezaren os despedimentos, as seccións sindicais recibiran unha comunicación formal na que se indicaba que non se tomara "decisión ningunha" en relación con posibles medidas no ámbito laboral para acometer a integración das dúas entidades.

    A Federación de Servizos de CCOO esixe a "readmisión inmediata" das persoas despedidas, así como unha negociación sobre o emprego nos servizos centrais do Banco Caixa Geral.

  • Concentración na Coruña o 19 de novembro contra os despedimentos no Banco Caixa Geral

    Desde que Abanca se fixo coa filial española da entidade portuguesa Banco Caixa Geral, comezou cunha serie de despedimentos por causas presuntamente obxectivas (baixo rendemento e causas organizativas), aboando ademais a indemnización mínima que prevé a normativa laboral (vinte días por ano, cun máximo de doce mensualidades).

    Escasos días de comezaren os despedimentos, as seccións sindicais recibiran unha comunicación formal en que se indicaba que non se tomara "decisión ningunha" en relación con posibles medidas no ámbito laboral para cometer a integración das dúas entidades.

    A Federación de Servizos de CCOO esiximos a "readmisión inmediata" das persoas despedidas, así como unha negociación sobre o emprego nos servizos centrais do Banco Caixa Geral.