Autor: Servicios Galicia

  • ERE Banco Santander: Cando a muller perde o perfil

    CCOO interviu na pasada comisión de seguimento do ERE (17/9), para advertir a Banco Santander que estaríamos moi vixiantes naqueles aspectos relacionados coa desvinculación do Banco das mulleres, e especialmente aquelas acollidas a redución de xornada.

    Con este tipo de condutas, Banco Santander reforza o machismo social invitando ás mulleres a unha volta non desexada ao traballo doméstico, abandoando a actividade retribuída. Así non se contribúe a formentar a igualdade senón que se amplían as fendas existentes, contribuíndo á discriminación da muller.

    Non esquezamos que ata o 15 de novembro atopámonos no período de adscrición voluntaria na rede comercial, polo que castigar ao colectivo de persoas con redución de xornada, cando é unha evidencia que hai unha gran demanda de persoas que queren desvincularse e que aínda permanecen sen resposta, é cando menos, o máis alonxado dun Banco sinxelo, persoal e xusto que vai presumindo de igualitario aló a onde vai.

    Se te atopas nalgunha situación coma esta, contacta coas túas delegadas ou delegados de CCOO

  • Plenario de Constitución da Coordinadora de CCOO Grupo DIA de Galicia

    Con motivo da celebración do Plenario de Constitución da Coordinadora  de CCOO Grupo DIA de Galicia no marco do proceso do Plenario Estatal, quedan convocadas as persoas afiliadas á Asemblea que terá lugar en Santiago de Compostela o próximo día 8 de Outubro de 2019 ás 11:00 horas. 
    Xuntamos normas, candidatura, calendario e Plan de Traballo Estatal.

    Normas plenario

    Proposta plan de traballo

  • As mobilizacións contra a deslocalización de R empezan a dar froitos

    Tras dous meses de mobilizacións do persoal de empresas auxiliares de R, a Federación de Servizos de CCOO constata que están a dar os seus primeiros froitos.

    Hai unhas semanas transcendía a noticia da existencia de diversos postos de traballo para a empresa de Contact Center Lanaldel en Euskadi que buscaba persoal que falase galego.

    Tras denunciar este feito en varios ámbitos, tanto políticos como medios de comunicación, desde CCOO trasládase recibir a noticia que Euskatel retirou dita oferta de traballo.

    Desde a Federación de Servizos de CCOO séguese reivindicando unha reunión urxente coa dirección de Euskaltel que permita solucionar o conflito existente a día de hoxe no persoal das empresas auxiliares de R.

    É por iso que nas próximas semanas CCOO fará públicas as mobilizacións que se levarán a cabo no mes de outubro e fai un chamamento á unidade sindical de todos os sindicatos implicados no conflito.

  • Adquisición de Unitono por parte do grupo GSS

    A data 13 de setembro do 2019 comunicóuselle á Sección Sindical de CCOO de Unitono a noticia da adquisición por parte do grupo GSS de varias empresas que pertencen ao grupo Avanza e entre elas UNITONO.

    Por parte da dirección da empresa trasladouse á RLT que non vai existir ningún tipo de medida de axuste de persoal e que as empresas funcionarán como unidades de negocio separadas, véndose unificado unicamente a xestión de persoal desde RRHH.

    Desde a Federación de Servizos de Galicia valoramos a noticia de forma positiva, dentro da prudencia que sempre debe existir nestes casos. Consideramos que dita adquisición debe valer para reforzar e mellorar as condicións de traballo dos persoais dos distinto centros existentes na CCAA de Galicia (2 centros de GSS na Coruña e 1 de Unitono en Ourense).

    Así mesmo esperamos que desde a dirección do grupo de GSS se reforze e potencien as actividades que se desenvolven desde os centros existentes en Galicia, tendo en conta a dificil situación pola que están a pasar os compañeiros/as da plataforma de Ourense nos últimos meses.

  • Euskaltel elimina paulatinamente postos de traballo de R

    CCOO Servizos Galicia teme que o grupo Euskaltel siga durante os próximos meses coa súa estratexia de redución de postos de traballo de R en Galicia. Tras os despedimentos que leváronse a cabo en xullo, sumouse en agosto a destrución de 36 postos de traballo que se prestaban para R nas empresas de "Universal Support" e "Teleperformance".

    Dada esta situación, dende CCOO témese que a destrución de emprego de R decidida polo grupo Euskaltel poda alcanzar até o 50% dos case 800 postos de traballo existentes a día de hoxe segundo a información que se manexa dende o sindicato. Ler máis

    En dúas reunións mantidas recentemente coa secretaría xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, a secretaria xeral de CCOO Servizos Galicia, Lucía Trenor, trasladoulle a preocupación pola destrución de emprego que se está levando a cabo no sector nos últimos meses. A secretaria xeral de Emprego trasladoulle ao sindicato a súa preocupación e interese pola situación xerada no presente conflito.

    Ante esta situación, dende CCOO vaíse continuar coas mobilizacións, como as organizadas nos meses de xullo e agosto, durante o mes de setembro en protesta pola deslocalización e destrución de emprego en R que o grupo Euskatel está a levar a cabo en Galicia.

    As datas das próximas mobilizacións son:

    – Hoxe, martes 10 de setembro ás 19:30 na Rúa Real fronte ao edificio de R
    – Mércores 11 de setembro ás 12:00 no Poligono da Grela fronte ao edificio de R
    – Martes 24 de setembro ás 19:30 na rúa Real fronte ao edifico de R
    – Mércores 25 de setembro ás 12:00 na Praza Luís Seoane fronte ao edificio da Xunta

    Persoa de contacto: Iván Cordeiro 660-505 349