Autor: Servicios Galicia

  • Calendario e normas III Plenario Sección Sindical CCOO CAIXABANK Galicia

    Por acordo das Comisións Executivas da Sección Sindical Estatal de Caixabank e da Agrupación Estatal do Sector Financeiro aprobáronse as normas reguladoras do III Plenario da Sección Sindical Estatal de Caixabank, cuxa celebración terá lugar en Barcelona os días 27 e 28 de novembro de 2019, e que están dispoñibles na ligazón indicada máis abaixo. Ler máis

    Corresponde á Federación de Servizos de Galicia o desenvolvemento das normas estatais no referente á celebración do Plenario desta Comunidade. Coa aprobación destas normas queda convocado o III Plenario da Sección Sindical de CCOO en CAIXABANK GALICIA que se celebrará o próximo 30 de outubro de 2019 en Santiago de Compostela.

    Obxectivos:

    • Potenciar a participación da afiliación no proceso.
    • Debater e presentar as emendas, se se estima dos documentos do Plenario Estatal.
    • Elección da delegación de Galicia ao III Plenario Estatal.
    • Elección da Comisión Executiva da Sección Sindical Caixabank de Galicia.
    • Elección do/a Secretario/a Xeneral da Sección Sindical Caixabank de Galicia

     

    Calendario:

    13.09.19

    Data límite para o envío da convocatoria, Normas do plenario e documentos a debateao conxunto da afiliación

    Do 16 ao 24 09.19

    Posta a disposición polas federacións territoriais dos censos  electorais para a revisión da inclusión individual pola afiliación e período de reclamacións aos mesmos (4 + 4 días laborables)

    30.10.19

    III Plenario da Sección Sindical de Caixabank de Galicia.

    15.11.19

    Data límite para o envío da acta do Plenario de Galicia ás secretarías de organización da Sección Sindical Estatal de Caixabank e da Federación de Servizos de CCOO de Galicia.

    27 e 28  11.19

    Plenario da Sección Sindical Estatal de CAIXABANK

     

    Plenario de Galicia

    • Asistencia ao Plenario de Galicia.

    O Plenario estará integrado por todas as persoas afiliadas ao corrente de pago de cotas a data de convocatoria, que asistan ao mesmo e que será convocada directamente pola Federación de Servizos de CCOO de Galicia, por medios telemáticos.

    Neste plenario de afiliadas e afiliados, discutiranse os relatorios/documentos estatais que se fará chegar xunto coa convocatoria á afiliación.

     

    • Normas Do Plenario

    O Plenario comezará ás 17:30 horas do 30 de outubro de 2019 na sede do Sindicato Nacional de CCOO en Santiago de Compostela.

    A mesa ou presidencia do Plenario estará composta por tres persoas: dúas persoas elixidas entre a afiliación presente ao Plenario de Galicia e unha persoa en representación da Federación de Servizos de Galicia. A Mesa elixirá os seus membros a unha Presidenta ou un Presidente, que dirixirá os debates do Plenario, garantindo o cumprimento da orde do día e unha Secretaria ou Secretario que tomará nota de canto suceda no Plenario. Conxuntamente, levantarán acta dos acordos adoptados e os órganos elixidos, da que enviarán copia ás organizacións de ámbito superior.

    A Mesa asumirá as funcións da comisión de credenciais e a comisión de candidaturas.

    Funcións:

    – Abrir o Plenario e presentar a súa orde do día.

    – Elixir, de entre os/os membros, ao Presidente/a, Secretario/a de Actas e Secretario/a que se responsabilice do reconto das votacións.

    – Presidir o Plenario, ordenar e dirixir os debates concedendo.

    – Establecer o tempo para as intervencións podendo modificar os horarios e/ou a orde do día, se fose necesario, de acordo co Plenario.

    – Propor as votacións necesarias

    – Vixiar o cumprimento das Normas e interpretalas en caso de dúbidas ou inconcreccións.

    – As súas decisións serán aprobadas por maioría simple das persoas membros.

     

    As listaxes de candidaturas que se presenten deberán estar avaladas, como mínimo, polo 10% das persoas afiliadas presentes no Plenario.

    Cada persoa afiliada asistente ao plenario non poderá avalar máis dunha candidatura.

    O Plenario discutirá as emendas presentadas pola afiliación. As mesmas serán consideradas maioritarias e minoritarias en función do número de votos que obteñan (10% como mínimo para pasar ao Plenario Estatal).

    O Plenario elixirá Secretaria /ou Xeral e a Executiva da Sección Sindical de Galicia.

    O Plenario elixirá ás 4 persoas que asistirán ao Plenario da Sección Sindical Estatal.

    A composición das candidaturas, delegacións e órganos debe respectar a proporcionalidade de xénero, seguindo os Estatutos Federais e Confederais.

    A presentación e votacións de candidatura ou candidaturas rexeranse polas normas congresuais do sindicato.

    As votacións para a elección dos órganos realizaranse mediante votación secreta. En caso de presentarse máis dunha candidatura, cada unha destas poderá nomear un/a interventor/a para que estea presente no acto de escrutinio.

     

    Proposta de orde do día

    – Acreditacións

    – Inicio de Plenario e aprobación da Orde do día e Regulamento. Constitución da Mesa do Plenario.

    – Intervención da Secretaria Xeral da Federación de Servizos de Galicia

    – Presentación e debate dos documentos. Discusión das emendas. Votacións.

    – Presentación informe acreditacións. Finalización prazo presentación candidaturas.

    – Lectura e votación das resolucións se as houber.

    – Elección da Delegación no Plenario Estatal da Sección Sindical.

    – Elección Secretaría Xeral.

    – Elección da Executiva da Sección Sindical de Galicia.

    – Intervención de Secretaria/ou territorial electa/o.

    Normas del III Plenario de la Sección Sindical de Caixabank

  • PLENARIO DE CONSTITUCIÓN SECCIÓN SINDICAL CCOO GRUPO CARREFOUR EN GALICIA – Rectificación de horarios

    Con motivo das asembleas provinciais que terán lugar os días 9,10,11 e 12 para o plenario territorial da Sección Sindical de Carrefour Galicia, comunicamos que se rectifican os horarios das asembleas nas diferentes provincias, que serán de: 16:30 a 19:00. Asemade, as candidaturas foron recibido en tempo e forma co cal quedan proclamadas as de todas as provincias que se relacionan:

    Candidatura Provincia de A Coruña:
    Encabezada por:
    Asunción Gómez Pose
    Candidatura Provincia de Pontevedra:
    Encabezada por:: 
    Daniel Ricart Alonso
    Candidatura Provincia de Ourense: 
    Encabezada por:
    María Dolores Cid Pérez
    Candidatura Provincia de  Lugo 
    Encabezada por:
    Ana Belen Santos Carreira

     

    Calendario das diferentes asembleas:

     

    Data

    Lugar

    Hora

    A Coruña

    09/09/2019

    Avenida de Alfonso Molina Km. 2, Edificio Sindicatos, 4ª planta, A Coruña

    16:30 a 19:00

    Lugo

    10/09/2019

    Ronda da Muralla, nº 58, Edificio Sindicatos, Bajo , Lugo

    16:30 a 19:00

    Ourense

    11/09/2019

    Parque de San Lázaro, 12, Edificio Sindicatos, 3ª Planta, Ourense

    16:30 a 19:00

    Pontevedra

    12/09/2019

    As Teixugueiras, nº 11 – Entreplanta (Polígono de Navia), Vigo

    16:30 a 19:00

     

  • O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condena á Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home Galicia) por actitude antisindical

     Tal e como ven denunciando dende o ano 2017 a Federación de Servizos de CCOO de Galicia en diferentes reunións, mobilizacións e roldas de prensas, os informes da Inspección de Traballo da Coruña e Vigo recoñecían irregularidades graves na actuación da empresa e xeraban por iso unha
    serie de requirimentos e sancións. Súmase agora unha sentenza do TSXG de Galicia de data 23 de xullo de 2019, na que se ratifica de forma contundente a ACTITUDE ANTISINDICAL contra CCOO, contra a súa delegada e afiliadas e afiliados na Fundación Monte do Gozo, Proxecto Home Galicia. Ler máis

    A sentenza é demoledora tanto no relativo aos feitos probados, como aos fundamentos de dereito, nos que o tribunal fala de presións á hora de dirixir o voto contra CCOO, da manipulación por parte do xerente para tentar conseguir un convenio de empresa que empeore as condicións laborais do persoal e a represión interna tanto cara á afiliación de CCOO e a todas as persoas que discrepan coa actitude autoritaria e caciquil que se vive nos centros.
    A sentenza do TSXG Condena á Fundación monte Do Gozo-Proxecto Home Galicia ao cesamento inmediato de tal comportamento antisindical así como a abonar ao Sindicato demandante unha indemnización de 15.000 euros polos danos morais provocados e pola súa conduta antisindical.
    Esta indemnización, súmase ás importantes cantidades que A Fundación tivo que pagar en concepto de sancións á Inspección de Traballo e  indemnizacións a traballadoras despedidas de forma improcedente tal e como recoñecen diferentes sentenzas xudiciais.
    CCOO xa ten manifestado en roldas de prensa a xestión irresponsable da Fundación monte Do Gozo-Proxecto Home Galicia: non ten o máis mínimo escrúpulo en destinar miles de euros do diñeiro procedente de subvencións e doazóns, ao pago de sancións e indemnizacións, mentres mantén unha
    situación de precariedade no seu persoal que afecta gravemente á atención dos usuarios e usuarias dos seus centros, sen que a administración ou o padroado, coñecedores destes feitos, tomen ningún tipo de medida respecto diso.

  • CCOO Servizos acada un excepcional resultado nas eleccións de LIDL Coruña

    O día vintetrés de xullo celebráronse eleccións sindicais en LIDL, nas cales se obtiveronn os seguintes  resultados: CCOO: 7, Fasga: 1, CIG: 1. E por iso queremos dicir:

    RESPONSABILIDADE: Recollemos esta enorme responsabilidade con entusiasmo e animamos a seguir loitando polos nosos dereitos, sen dar un paso atrás. Os vosos votos dannos a forza e a ilusión para enfrontarnos aos enormes retos do futuro.

    TRABALLO: Dedicámonos a traballar durante catro anos, vístesnos nas tendas, negociamos coa empresa acordos importantes que melloran o convenio colectivo… pero o noso traballo (que é o noso mellor aval) está apoiado pola profesionalidade dunha sección sindical estatal e polo sindicato máis representativo do país, e por suposto, o apoio do persoal que acudiu a votar para conseguir estes magníficos resultados.

    GRAZAS: Queremos dar as grazas a todas aquelas compañeiras/os que decidiron formar parte das nosas candidaturas e tamén a todas e todos os que votástedes e confiástedes en CCOO.

    A LOITA CONTINÚA: Compañeiras, compañeiros….SEGUIREMOS LOITANDO!

  • A Sección Sindical de Teleperformance A Coruña celebra o seu Plenario

    Hoxe, 22 de xullo, celebrouse na Coruña o plenario de renovación da Sección Sindical de CCOO en Teleperformance A Coruña. No mesmo foi reelixido como secretario xeral Xosé González Paz e como membros da executiva Miriam Dornas Coira, Beatriz Agra Aguinaga, Antonio Díaz Diaz e Lucía Trenor López.

    Desde a Federación de Servizos de Galicia os nosos parabéns polo gran traballo desenvolvido nos últimos catro anos.