Autor: Servicios Galicia

  • PLENARIO DE CONSTITUCIÓN SECCIÓN SINDICAL CCOO GRUPO CARREFOUR EN GALICIA

    De conformidade co disposto no Regulamento Interno de Seccións Sindicais aprobado polo Consello Federal o 4 de outubro de 2017, e coas Normas do Plenario de Constitución da SSE de CCOO no Grupo Carrefour aprobadas polo Comité Federal na súa reunión do 29/05/2019, a Comisión Executiva da Federación de Servizos de Galicia, en reunión celebrada o 17 de xullo de 2019, aprobou as normas para o desenvolvemento do Plenario de Constitución da Sección Sindical de CCOO Grupo Carrefour en Galicia, as cales se anexan seguinte ligazón:

    Normas para o desenvolvemento do Plenario de Constitución da Sección Sindical de CCOO Grupo Carrefour en Galicia. 

  • Non á deslocalización, pola defensa dos postos de traballo de R en Galicia!

    Desde a compra por parte de Euskaltel no 2015, R Cable está a deslocalizar os postos de traballo cara Asturias e o País Vasco.

    O presente e futuro, tal e como indicou o conselleiro delegado da empresa, José Miguel García, vai continuar no mesmo camiño, para acabar coa gran maioría dos postos de traballo en Galicia.

    Máis concretamente todo o Servizo de Mantemento, maioritariamente subcontratado en outras empresas, está derivando os distintos servizos fóra, operación e mantemento, enxeñería e desenvolvemento, o servizo de atención telefónica, etc. sin que se produza subcontratación dos traballadores e traballadoras de Galicia, quedando así, máis de 1.200 traballadores e traballadoras en risco de perder os seus postos de traballo. A maioría do persoal que vimos prestando servizos para R, desde hai moitos anos, e que xa fomos subrogados anteriormente doutras empresas, vemos agora, con esta deslocalización, como os nosos postos de traballo están en perigo.

    É por isto, que os traballadores e traballadoras que vimos prestando servizos para R, chamamos á mobilización, para loitar contra esta fatidica deslocalización e pola defensa dos postos de traballo, que terá como pistoletazo de saída, unha concentración o día mércores 17 de xullo ás 19:30 hs. diante da sede de R na Coruña.

  • CCOO en defensa do persoal das Mutuas

    A Federación de Servicios de CCOO rexeita a nova campaña posta en marcha contra o persoal das Mutuas por parte da Federación de Industria da nosa organización pois, unha vez máis contén unha importante dose de demagoxia e carece do necesario aval de análise de datos obxectivos. Ler Máis

    O formato elixido, usando mensaxes do tipo “campaña contra os abusos das mutuas” ou ”loita sindical en defensa do dereito a enfermar” supoñen, de facto, un ataque á profesionalidade das persoas que traballan nestas Entidades Colaboradoras, que desde a Federación de Servicios non estamos dispostos a admitir, pois ademais obvian as responsabilidades que teñen as propias empresas asociadas a ditas Mutuas

    Entendemos e compartimos o rexeitamento que provoca que estas entidades, creadas como asociacións privadas de empresarios para asumir mancomunadamente as consecuencias das continxencias profesionais, asuman funcións propias da xestión da Seguridade Social distintas das inicialmente asignadas, sen que se produza á vez unha evolución do seu modelo de xestión cara a unha participación real e efectiva dos representantes sindicais; e somos os primeiros en denunciar as malas praxes nas que se pode incorrer cando están acreditadas.

    Consideramos que CCOO ten outras ferramentas para promover a corrección daquelas anomalías que poidan producirse na xestión que as Mutuas realizan das prestacións públicas como, por exemplo, promovendo a participación dos axentes sociais na Oficina Virtual de Reclamacións, a creación dun observatorio no seo do INSS que analice os datos sobre revisións e/ou propostas de alta médica, determinacións de continxencia, etc., ou a través do labor informativo e pedagóxico dirixida ao persoal, para que se recollan de forma documentada as incidencias que poidan producirse.

    Así mesmo, as Mutuas teñen distintos órganos nos que existe participación institucional dos sindicatos e dos representantes laborais do persoal. E debe de ser tamén a través de devanditas canles nas que expoñamos todo tipo de procedementos de control e de erradicación das anomalías que detectemos, pois de non facelo seremos corresponsables de ditas malas prácticas.

    Con este tipo de campañas, que demostraron a súa ineficacia máis aló de obter un titular de prensa, corremos o risco de demonizar a un conxunto de traballadores e traballadoras cuxo desempeño profesional  e condicións de traballo non están exentas de presións e limitacións no exercicio dos seus dereitos laborais, posto que, efectivamente, necesitan dunha especial protección deontolóxica fronte á perspectiva produtivista e financeira que impoñen as empresas para rebaixar de maneira irregular o absentismo.

  • CCOO Servizos gaña cun resultado histórico as eleccións sindicais en Carrefour Ourense

    A sección sindical CCOO de Carrefour Ourense ven de por fin a máis de dúas décadas de maiorías de FETICO nas eleccións sindicais celebradas o pasado 5 de xullo de 2019. Cunha participación de algo máis de 95% dos 172 electores con dereito a sufraxio, CCOO conseguía facerse con seis delegados (catro no colexio de especialistas e dous no de técnicos), mentras que FETICO facíase cos tres delegados restantes do comité de empresa .

    O resultado é grazas ao traballo dos representantes de CCOO que desde fai vinte anos conseguiron establecer e manter viva a sección sindical en Carrefour Ourense, a pesares das duras trabas que a empresa lles puxo durante todo este tempo por exercer o sindicalismo de clase nun entorno dominado polo sindicalismo pouco combativo de FETICO.

    Un traballo que se viu reforzado nos últimos catro anos, cun novo equipo e cunha labor sindical máis pegada ás persoas traballadoras e a coñecer e solucionar os problemas no día a día, sen mirar para outro lado e cunha campaña final en positivo, persoa a persoa, con moita humildade, profesionalidade, e incidindo na necesidade de CAMBIO.

    Comeza una nova etapa en Carrefour Ourense, una etapa chea de ilusión, de nova esperanza no sindicalismo, una etapa de cambio… A etapa CCOO.

    Para finalizar, queremos agradecer a forza de todas aquelas compañeiras e compañeiros que decidiron formar parte da nosa candidatura permitindo a CCOO poder gañar estas eleccións. Tamén queremos dar as grazas a todas/os as/os compañeiras/os que acudistes a votar.

  • A Sección Sindical de CCOO en Abanca celebra o seu II Plenario Estatal

    Hoxe venres, vinte e oito de xuño, celebrouse o plenario estatal da sección sindical de Abanca. Despois de catro anos durante os cales se resolveron conflitos tanto a través de solucións negociadas como de mobilizacións, as delegadas e delegados elixiron ás persoas que pasarán a integrar a comisión executiva da sección.

    Durante este período leváronse a cabo avances en distintas áreas que favoreceron o desempeño do traballo sindical: Ler máis

    • Colaboración recíproca coa Federación de Servizos e coa Agrupación do Sector Financeiro.

    • Mellora da comunicación interna para optimizar a xestión dos problemas e demandas do persoal

    • Incremento das visitas e o asesoramento nos centros de traballo que permitiu manter o nivel de representatividade a pesar das saídas producidas polos ERE’s.

    • Seguimento e compensación da formación obrigatoria e das promocións internas

    • Xestión da clasificación de oficinas, retribucións asociadas á mesma e reclamacións das incidencias de tipo salarial.

    • Resolución de irregularidades en materia de saúde laboral derivadas do novo modelo de oficina, reformas e traslados.

    • Seguimento continuo e denuncia ante Inspección de Traballo das deficiencias na avaliación de riscos psicosociais e aprobación dun protocolo de violencia externa.

    • Con especial intensidade tratáronse todos os asuntos derivados da área de Igualdade: flexibilidade horaria, reducións de xornada, diagnósticos semestrais, adaptación de obxectivos á xornada realizada, denuncia de brecha salarial, achegamento de traballadoras/es desprazadas/os, seguimento dos novos permisos de nacemento, etc.

    • Negociación do novo acordo de previsión social complementaria.

    • Habilitación de comedores en Barcelona, Madrid, Santiago e Vigo

    Este traballo frutificou nas pasadas eleccións do vinte e oito de novembro, nas que a Sección Sindical de Abanca revalidou a súa condición de sindicato maioritario.

    A Sección Sindical de Abanca inicia unha nova etapa con apoio unánime á súa secretaria xeral e con ánimos renovados para seguir traballando e loitando polas persoas traballadoras, asumindo os novos retos que veñen, cun equipo cada vez más forte e cohesionado.