Autor: Servicios Galicia

  • Xornada sobre igualdade, acción sindical e comunicación

    Celebrada hoxe, dezasete de xuño, e organizada pola Federación de Servizos, o obxectivo deste encontro foi promover unha xornada de reflexión e análise dos recentes cambios lexislativos que afectan por un lado, ás medidas de igualdade e conciliación, e por outro ao incremento do salario mínimo interprofesional, establecidos respectivamente polos Reais Decretos 6 e 8/2019 e 1462/2018.

    A velocidade no cambio das estratexias comunicativas e as súas adaptacións á realidade sindical ocuparon a análise adicada ao relatorio de comunicación.

    Contou coa presenza e intervencións de: Verónica Martínez Barbero, presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais; Chema Martínez, secretario xeral da Federación de Servicios de CCOO; Lucía Trenor, secretaria xeral da Federación de Servizos; Ramón Sarmiento, secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia; Cristóbal González, secretario xeral da Unión Comarcal da Coruña; Isabel Fernández, secretaria de organización e muller da Federación de Servizos; Juan Zas, secretario de Acción Sindical da Federación de Servizos

  • Negociación do diagnóstico do I Plan de Igualdade de Zara Home España

    Tras producirse a constitución da mesa negociadora, acordamos na devandita reunión levar a cabo un calendario de traballo a fin de iniciar a negociación do Plan de Igualdade de Zara Home.

    Segundo este calendario, unha vez revisados os datos achegados pola empresa para realizar o diagnóstico de situación, a representación legal das persoas traballadoras debía realizar unha petición de ampliación dos mesmos se o consideraba necesario e enviar as primeiras propostas para o plan en materia de acceso e contratación. Ler máis

    Cumprindo co calendario fixado, a fin de ter un diagnóstico que nos achegue á realidade do persoal en canto a contratación, promoción, formación etc. CCOO consideramos necesario pedir algúns datos máis á empresa.

    A espera de ser recibidos, enviamos un bloque de propostas para as primeiras materias que se debían abordar na negociación, todo iso de acordo ao comprometido na primeira reunión.

    Coa análise dos datos solicitados, ampliariamos se fose necesario, algunha medida máis das materias enviadas e contariamos con información suficiente para os seguintes capítulos.

    Tras atrasar a empresa a reunión prevista máis dun mes, o día da reunión non dispuña dos datos solicitados e indicounos que só iniciaría a negociación de medidas unha vez finalizado o diagnóstico cos datos achegados inicialmente.

    Para CCOO, o primeiro diagnóstico entregado resulta insuficiente, motivo polo que se solicitaron algúns datos máis que debían ser enviados previamente a esta reunión.

    Finalmente, a empresa comprometeuse a envialos antes do 31 de Xullo e, pola nosa banda, iremos adiantando outro bloque máis aos anteriormente enviados a fin de avanzar na negociación.

    Que é e como se elabora o diagnóstico: O diagnóstico é a análise que realizamos partindo da información que achega a empresa en canto ás características do persoal en materia de contratación, acceso ao emprego, promoción profesional, accións formativas nas que participa, retribución, exercicio dos dereitos de conciliación e corresponsabilidade, saúde laboral.., sendo o estudo destes datos, o que servirá de base para fixar os obxectivos de igualdade,  medidas concretas para a súa consecución e sistemas de seguimento e avaliación dos obxectivos fixados.

    A lei establece que o diagnóstico deberá ser negociado coa representación legal das persoas traballadoras.

    Seguirémosvos informando,

  • CCOO revalida a maioría en Teleperformance e amplía a súa representación

    Onte, catro de xuño, tiveron lugar as votacións para elixir os membros do Comité de Empresa de Teleperformance A Coruña e, de novo, o persoal elixiu de forma maioritaria a candidatura de CCOO.

    O persoal outorgou cos seus votos a confianza aos nosos candidatos recollendo a proposta de CCOO de que sumando se poden acadar as metas que nos propoñamos, defendendo as condicións laborais do persoal e o emprego.

    Hai que destacar o alto índice de participación nas votacións para un comité, que pasou de 17 a 21 membros, nas que CCOO obtivo case o 43% dos vinte e un delegados/as que se elixían, quedando a súa composición do seguinte xeito: CCOO 9, CIG: 6, UGT: 4 e CGT: 2

    Desde CCOO queremos agradecer ás traballadoras e traballadores de Teleperformance A Coruña a súa implicación no proceso electoral e a súa confianza no noso sindicato, cuxas delegadas e delegados, desde o primeiro día en que foron elixidos, fai xa máis de catro anos, traballaron duramente en mellorar as condicións laborais de todo o cadro de persoal, o cal, agora, recoñece este labor cos seus votos, e que nos permite renovar o noso compromiso de seguir traballando para estar á altura das súas expectativas.

    CCOO agradecemos o apoio do persoal pola súa participación democrática e polo apoio outorgado aos nosos candidatos e candidatas e comprometémonos a traballar para ser útiles e eficaces e poder intervir con máis garantías no devir da empresa e do sector.

  • CCOO non asina o convenio de hostalaría de Ourense porque condena á precariedade os traballadores e traballadoras

    A Federación de Servizos de CCOO decidiu na tarde do luns non asinar o convenio provincial de hostalaría de Ourense porque «condena á precariedade» os traballadores e traballadoras. O sindicato critica a decisión de UGT e CIG de asinar o texto, xa que os incrementos salariais previstos están moi por baixo do Acordo de Emprego e Negociación Colectiva (AENC), que prevé un salario mínimo anual de 14 000 euros. Neste convenio, o salario anual máis baixo será de 12 810 euros en 2019, 1190 por baixo do pactado no AENC, e de 13 327,58 en 2021, polo que aínda faltarían 672,42 para chegar aos mínimos do acordo estatal. Ler máis

    O obxectivo do AENC, que vincula sindicatos e patronal, é chegar a ese salario mínimo de 14 000 euros anuais no ano 2020. Porén, cos incrementos pactados neste convenio, que se sitúan no 2 %, será imposible alcanzar a esa cifra nin sequera no 2022. Por esta razón, CCOO considera «unha vergoña» o asinamento do convenio.

    CCOO lembra que este convenio afecta a tres mil persoas na provincia de Ourense, das cales ao redor do 40 % —unhas 1200— pertencen aos grupos profesionais 5, 6 e 7, que son os peor pagados. Para paliar a situación, poderíase incorporar unha terceira paga extra, pois o convenio de hostalaría de Ourense é o único de Galicia que só inclúe dúas. A proposta do sindicato consistiría en engadir no ano 2019 media paga extra, e a partir do 2020 a paga completa.

    Rexeitada esa opción, a única posibilidade sería coa modificación do salario mínimo (SMI) por parte do Goberno, o que alteraría as táboas salariais pactadas, pero «crearía outras disfuncións». Por exemplo, un traballador ou traballadora que actualmente teña a categoría de auxiliar de cociña e un salario de 915 euros, podería ver de súpeto o salario aumentado a mil euros, contía equivalente á da persoa da categoría inmediatamente superior, que non experimentaría un aumento proporcional.

    Facer depender as táboas salariais do que o Goberno decida facer co SMI sería colocar diferentes profesionais case co mesmo salario, independentemente da súa cualificación profesional, «xerando novos problemas».

  • A Federación de Servizos insta á Xunta a mediar no conflito de Unitono Ourense

    O pasado nove de maio a Federación de Servizos de CCOO de Galicia, representada pola súa Secretaria Xeral Lucía Trenor, asistiu a unha reunión do Comité de Empresa de Unitono co conselleiro de Economía, Emprego e Industria Francisco Conde.

    Na reunión participaron ademais a secretaria xeral de Emprego Covadonga Toca e o director do IGAPE Juan Cividanes.

    Durante a reunión o comité de empresa de Unitono trasladou a problemática existente na plataforma do centro de Ourense, solicitando a intervención da Xunta para atopar unha solución conxunta á deslocalización que está sufrindo. Ler máis

    A Consellería trasladou o seu compromiso de axente intermediario entre Naturgy e Unitono. Asemade, a empresa Unitono trasladoulle á Xunta a súa intención de diversificación de clientes na plataforma que teñen en Ourense para conseguir maior volume de negocio.

    A Federación de Servizos de CCOO expuxo unha vez máis á Xunta a necesidade de que Unitono aplique unhas solucións a curto prazo que permita o aumento do da carga de traballo para o seu centro en Ourense. Do mesmo xeito abordáronse as necesidades dunha modificación lexislativa que permita o mantemento de empregos en Galicia.

    Lucia Trenor, Secretaria Xeral de Servizos de CCOO Galicia, fixo especial fincapé na situación e problemática na que se atopa o sector de Contact Center en Galicia, que ocupa a case 10.000 persoas pondo como exemplo os conflitos existentes en empresas como: Teleperformance, Bosch, DxC Technology, Unitono, Universal Support, etc…

    Desde a Xunta ratifícase o compromiso realizado na primeira reunión mantida coa secretaria de Emprego Covadonga Toca levando a cabo un estudo para analizar a situación do sector do Contact Center en Galicia.