Autor: Servicios Galicia

  • CCOO-Servizos volve gañar as eleccións sindicais no sector do aforro

    A Federación de Servizos de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Servizos) volveu gañar as eleccións sindicais no sector do aforro, onde Abanca, Bankia e Caixabank son as entidades máis representativas, con máis de 4500 traballadores e traballadoras. Dos 161 delegados e delegadas que se elixiron, CCOO conseguiu 49, que supoñen o 30,43 % do total. Ler máis

    A moita distancia sitúanse a federación de sindicatos FINE, con 38 (23,6 %); UGT, con 34 (21,12 %) e a agrupación sindical CIC, con 25 (15,53 %). Os restantes sindicatos sumaron entre todos 15 representantes (9,32 %). Por entidades, os mellores resultados para CCOO foron en Abanca, onde conseguiu 26 delegados e delegadas; a seguir sitúanse Caixabank (18) e Bankia (5).

    Este resultados avalan o traballo realizado polo sindicato nos últimos catro anos, nos que o sector superou a anterior conxuntura de reestruturacións e fusións «e afronta o futuro con novos retos, como a dixitalización, as esixencias regulatorias e os novos modelos de oficinas», apunta Jorge Villarino, responsable do sector financeiro de CCOO-Servizos, quen agradece o apoio ás candidaturas de Comisións Obreiras.

    Estas eleccións «demostran que os traballadores e as traballadoras confían en CCOO», sinala Villarino, quen salienta o labor do sindicato en aspectos como os acordos de profesionalidade, horarios, conciliación e igualdade. Tamén, o asinamento do convenio colectivo 2015-2018, «que protexeu os dereitos laborais nun escenario moi complicado e sentará as bases para o novo convenio que se ha negociar de xeito inminente», conclúe.

  • CCOO Servizos gaña as eleccións en Softtek Coruña

    Hoxe, 28 de novembro, celebráronse eleccións na empresa Softtek na
    Provincia de Coruña, obtendo un total de cinco delegados dun total de nove.

    CCOO Servizos quere
    amosar o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste
    proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa
    confianza en Comisións Obreiras.

    CCOO Servizos quere
    dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras
    mostrando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo
    posible en defensa dos intereses de todo o cadro de persoal.

  • A Inspección de Traballo «deixa en evidencia as mentiras da xerencia de Proxecto Home», afirma CCOO

    Comisións Obreiras (CCOO) asegura que a Inspección de Traballo Provincial da Coruña «deixa en evidencia as mentiras da xerencia de Proxecto Home». O sindicato acaba de recibir un oficio da autoridade laboral que «demostra que nós non falamos por falar» á hora de denunciar as «graves irregularidades» en materia laboral e de xestión de recursos humanos na Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia. Ler máis

    A Inspección de Traballo ratifica as denuncias de CCOO e insta a empresa a cumprir o convenio colectivo. Un dos asuntos máis controvertidos é a situación do persoal durante as baixas médicas. Segundo CCOO, a empresa non estaba pagando a totalidade do salario, como obriga o convenio. Desde Proxecto Home chegaron a afirmar nalgún medio de comunicación que Comisións Obreiras faltaba á verdade.

    Segundo a Inspección, «compróbase que a empresa non aplicou o disposto no artigo 52 do convenio colectivo, ao non complementar a prestación ata as porcentaxes fixadas nel». Juan Zas, secretario de Acción Sindical de CCOO-Servizos, aféalle a Proxecto Home estas «mentiras», máis aínda cando na entrevista coa autoridade laboral recoñecían o incumprimento, como recolle o documento oficial: «A empresa recoñece esa situación […], amosando a súa disposición a regulariza a situación».

    Ante esta irregularidade, a Inspección emite un requirimento para que se proceda a «complementar ata a porcentaxe indicada no convenio […] a prestación de IT [incapacidade temporal], debendo ingresar as diferenzas de cotización resultantes». Isto traducirase «en moitos miles de euros», enfatiza Zas.

    Outra irregularidade destapada por CCOO e corroborada pola Inspección de Traballo da Coruña é a da contratación dos chamados «terapeutas en formación», encadrados pola empresa na mesma categoría profesional que, por exemplo, o persoal de conserxaría, limpeza ou atención telefónica. «En ningún dos devanditos postos […] se leva a cabo labor ningún de intervención social», apunta a Inspección, que deixa a porta aberta a que a parte social leve esta cuestión perante a Xustiza.

    Canto á promoción profesional e ascensos, CCOO denunciou que se efectuaban «a dedo» e a propia Inspección emitiu tamén un requirimento instando a aplicar o convenio no relativo á provisión de vacantes e postos de nova creación, que se han rexer «polos principios de igualdade de oportunidade, transparencia, publicidade e competencia técnica».

    Cláusulas ilegais nos contratos

    A Inspección tamén ratifica a denuncia de CCOO sobre varias cláusulas anexas aos contratos de traballo que rebaixaban as condicións laborais respecto do convenio, e insta a empresa a anulalas «por contraviren a norma legal ou convencional».

    Excesos de xornada

    Canto aos excesos de xornada e a realización de horas extra por riba do máximo legal, o avogado da empresa retaba hai un mes a CCOO a «sacar os papeis da Inspección». Cos papeis na man, CCOO teno claro: «fixéronse horas extra vulnerando a lei e a empresa quixo manchar a reputación do sindicato nos medios de comunicación, mentindo obscenamente», sentencia Zas.

    Neste punto, a Inspección de Traballo tamén se pronuncia don dureza. O informe constata que, durante o ano 2017, os traballadores monitores de noite superaron o máximo de 80 horas extras anuais, polo que «se procede a iniciar procedemento sancionador pola comisión dunha infracción grave». Así mesmo, insta a empresa «ao pagamento dos salarios resultantes e das diferenzas de cotización».

    Liberdade sindical

    A autoridade laboral tamén insta a Fundación a cumprir co disposto no Estatuto dos Traballadores e na Lei orgánica de liberdade sindical e poñer á disposición dos sindicatos un taboleiro de anuncios «que deberá situarse no centro de traballo e nun lugar onde se garanta un axeitado acceso a el» por parte do persoal.

    Participación sindical na empresa

    Así mesmo, a Inspección emite un requirimento para que a empresa «cumpra coas súas obrigas de información, consulta e participación previstas no artigo 64 TRLET [Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores] e demais normas concordantes».

    O dito artigo é moi extenso e abrangue numerosos dereitos de que goza a representación legal dos traballadores e das traballadoras. «A propia existencia dun requirimento obrigando a cumprir o artigo é mostra suficiente de que non se está a facer», apunta o voceiro de CCOO-Servizos.

    Este precepto do Estatuto dos Traballadores recolle o dereito da representación legal do persoal a ser informada de todas aquelas cuestións que poidan afectar tanto aos traballadores e traballadoras, como sobre a situación da empresa ou do emprego nela. Ademais, o comité de empresa ten dereito a coñecer o balance, conta de resultados, memoria, modelos de contratos de traballo ou sancións impostas por faltas moi graves.

    Como mínimo, o comité ten dereito a ser informado trimestralmente sobre estas cuestións, di a lei, incluíndo a consulta cando se prevexan cambios.

    Así mesmo, o comité ten dereito a emitir un informe previo antes da execución de calquera medida sobre as reestruturacións de persoal, reducións de xornada, traslado total ou parcial das instalacións ou calquera outra incidencia que poida afectar ao volume de emprego.

    Proxecto Home encamíñase «ao colapso»

    Segundo CCOO, este «importantísimo» proxecto social «avanza inexorablemente cara ao colapso por culpa dunha única persoa». O sindicato non descarta «esixir responsabilidades» ao padroado da fundación, como responsables últimos da situación. «Se non son capaces de garantir a súa viabilidade deben permitir que outras persoas asuman as funcións», enfatiza o secretario de Acción Sindical de CCOO-Servizos.

  • Sentenza contra o peche do Parador de Vilalba en vacacións

    O 9 de abril do presente ano informabamos sobre unha sentenza favorable para os traballadores do xulgado do social de Lugo, na que se declaraba nulos os calendarios de vacacións impostos pola empresa para o ano 2018 no Parador de Vilalba.
    Esta sentenza veu dada pola intención da empresa de pechar o Parador por vacacións e o Conflito Colectivo interposto por CCOO de Lugo. De todos os xeitos a empresa presentou o correspondente recurso e pechou igualmente o Parador por vacacións. Ler máis.
    Nos últimos días recibimos a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ratifica en todos os seus termos a sentenza do xulgado do social de Lugo e por tanto mantén a nulidade dos calendarios de vacacións.
    Neste ano e na negociación dos calendarios para o 2019, a dirección da empresa volve expor o peche por vacacións neste Parador, ao que unha vez máis o persoal a mostrado a súa oposición. Esperamos que esta sentenza de ratificación sirva para que a dirección da empresa retome o tema e se produza no Parador de Vilalba unha negociación das vacacións para o ano 2019 na normalidade e nas condicións que viña facendo até o ano 2018.
    Pola representación de CCOO no Comité Intercentros este ano volvemos a expor na Comisión Paritaria nosa oposición en xeral aos peches por vacacións por consideralos negativos en moitos dos casos e que non producen os beneficios que a dirección da empresa di que producen. Esperamos que esta nova dirección teña en conta o que significa Paradores como Empresa Pública e saiba valorar os beneficios que produce un Parador aberto todo o ano máis aló do pequeno beneficio económico que poida producir a curto prazo ao pechalo por vacacións, e que en moitos casos nin sequera existe.
    Felicitar aos traballadores e traballadoras de Vilalba por insistir no seu empeño e a todos os que participamos directamente en todo este proceso, desde o Servizo Xurídico de CCOO en Lugo, a Sección Sindical de CCOO en Paradores e por suposto o Delegado de Persoal do Parador. 
  • Asinado preacordo do Convenio do Comercio de Metal de Pontevedra

    Despois dun longo proceso acadamos un acordo no Convenio de Comercio do Metal da
    provincia de Pontevedra que levaba en ultractividade desde o ano
    2014.

    O
    principal problema durante toda a negociación foi a pretensión da
    patronal de conxelar a antigüidade, ao que finalmente accedemos a
    cambio de actualizar a cantidade ao devindicado
    á
    data de publicación do convenio e un 6% adicional no incremento
    salarial para todas a categoría, ademais de que o Complemento de
    Antigüidade que teña cada un increméntese cada ano no mesmo
    porcentaxe que o faga o salario base. (A modo de exemplo: unha persoa
    con 10 anos de antigüidade o seu Complemento de antigüidade sería
    o 10% polos dous cuadrienios máis o 2.5% polos dous anos restantes
    ata os 10, é dicir o 12.5% do salario base). Ler máis

    Ademais
    establecemos as seguintes melloras sobre o convenio actual:

    • Incremento
      salarial á parte do establecido pola conxelación da antigüidade
      será do 1?25% para 2017, o 2% para 2018 e o 1?25% para o 2019,
      con cláusula de revisión sobre o IPC real. O cobro de atrasos será
      desde xaneiro de 2018.

    • Establécese
      a obriga de aplicar
      o convenio a aquelas empresas multiservizos que traballen no sector.

    • A
      obriga de negociar o convenio unha vez rematado nun prazo máximo de
      tres meses e de non facelo iniciarase coa intervención do AGA.

    • Establécense
      as vacacións en 22 días laborables cando se traballa de luns a
      venres e 24 se se traballa tamén os sábados.

    • As
      licenzas establécense para todos os familiares ata segundo grao de
      consanguinidade ou afinidade. Tamén se establece o goce a partir do
      día seguinte laborable.

    • Increméntase
      a 21 días a posibilidade de acumulación da lactación.

    • 10
      horas ao ano para asistir ao consultorio médico tanto propio como
      por acompañamento de familiares.

    • O
      seguro de vida increméntase ata os 24.000 ? e incluímos a
      cobertura da enfermidade profesional.

    A
    representación de CCOO na mesa de negociación valoramos
    positivamente que por fin se alcanzara un acordo que polo menos cubre
    unha das nosas prioridades no aspecto económico, máis baixo de
    convenio superior a 14.000 euros anuais, e desbloquea unha
    negociación que se alongaba moito no tempo.

    O
    próximo día 24 de outubro teremos a reunión para a firma
    definitiva do texto.