Ante a posibilidade de absorción por fusión da Mutua Galega desde a Federación de Servizos de CCOO en Galicia queremos indicar que defenderemos a proposta que implique a salvagarda de postos de traballo do cadro de persoal así como as súas condicións, e que, á súa vez, ofreza un mellor servizo médico e profesional aos traballadores e mutualista galegos. Como entidades integradas no Sector Público Estatal colaboradoras coa Seguridade Social que son as Mutuas entendemos que han de primar estes criterios obxectivos e sociais e non outros. Esta esta é a postura que os nosos delegados e representantes de CCOO en Mutua Galega están a levar a cabo nos distintos ámbitos de actuación.
Autor: Servicios Galicia
-
Pechado con acordo o expediente de regulación de emprego en Adolfo Domínguez
O pasado día 10 de Xullo pechouse con acordo o expediente de regulación de emprego que afectaba a oficinas centrais e a tendas da marca Adolfo Dominguez.
Nun incio o expediente expúxose coa intención de extinguir 110 postos de traballo e 23 mobilidades xeográficas, tralo período de consultas o acordo pechouse nos seguintes termos:O número final de afectados poas extincións son de 56 persoas, 38 delas en tendas e 18 en servizos centrais, con indemnización fixada en 30 días cun tope de 18 mensualidades. Quedan excluídos da afectación pola extinción persoas con redución por garda legal, maternidade, familias monoparentais, discapacidade e violencia de xénero. Estas persoas en caso de non aceptar o novo posto de traballo daráselles a indemnización pactada.Nos servizos centrais farase unha modificación substancial de condicións a 9 persoas, en caso de non aceptación a indemnización será a prevista legalmente.O resto de persoal non afectado pola extinción recolocarase noutras tendas e a empresa garante que seguirán cobrando o mesmo salario aínda e cando na tenda de destino fagan unha xornada inferior, sempre que a diferenza de xornada non supere o 20%.Establécese o compromiso de non realizar un novo expediente de regulación de emprego en dous anos, así como o ofrecemento das vacantes que se produzan ás persoas que extinguiron o seu contrato ata o 31 de decembro do 2018.CCOO cremos que o acordo é atinado ao reducir considerablemente as persoas que estaban afectadas, protexendo de maneira especial ás persoas con situacións máis vulnerables. -
Ampliación do permiso de paternidade a cinco semanas
O día catro deste mes publicouse no BOE a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2018, de maneira que a partir do xoves, 5 de xullo de 2018, entrará en vigor a ampliación do permiso de paternidade ata a 5ª semana, cuxa ampliación se atopa contida na citada Lei.Deste xeito o traballador/a terá dereito á suspensión do contrato por paternidade durante cinco semanas, ampliables nos supostos de parto, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento múltiples en dous días máis por cada fillo a partir do segundo.Como ocorría ata agora, o traballador/a que exerza este dereito poderá iniciar o seu goce durante o período comprendido desde a finalización do permiso por nacemento de fillo/a, previsto legal ou convencionalmente, ou desde a resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou a partir da decisión administrativa de garda con fins de adopción ou de acollemento.O goce do permiso durante as primeiras 4 semanas será obrigatoriamente ininterrompido, desde o momento sinalado no parágrafo anterior, mentres que a 5ª semana de permiso terá carácter «volante», isto é, que poderá gozarse, alternativamente, ben de forma sucesiva ás 4 primeiras semanas ou ben nun novo período independente dentro dos nove meses seguintes á data de nacemento do fillo/a, a resolución xudicial ou a decisión administrativa correspondente.Nos casos nos que se queira gozar da 5ª semana de permiso de forma «volante», nun novo período independente das 4 primeiras semanas, deberá contarse co acordo previo entre o empresario e o traballador/a.Do mesmo xeito, mantense o réxime de goce a xornada completa ou xornada parcial que xa estaba establecido para as prestacións de paternidade e maternidade. De maneira que o permiso de paternidade poderá gozarse en réxime de xornada completa ou en réxime de xornada parcial dun mínimo do cincuenta por cento, previo acordo entre o empresario e o traballador, e conforme se determine regulamentariamente. En todo caso, o réxime de xornada será o mesmo para todo o período de 5 semanas, con independencia de que se goce de forma ininterrompida ou en dous períodos diferenciados. -
Proclamadas as candidaturas da Federación de Servizos ao Congreso Extraordinario da Unión Comarcal de Arousa
Quedan proclamadas as candidaturas para a asamblea electiva da
Federación de Servizos de CCOO de Galicia ao Congreso Extraordinario da
UC de Arousa.A asemblea electiva celebrarase no lugar e data seguintes:- Data de celebración: 10/07/2018
- Lugar de celebración: Local UC CCOO R/ Alexandre Bóveda,2-2 36600 Vilagarcia (Pontevedra)
- Horario: Fase Electiva: 13:00-17:00 horas.
-
CCOO Servizos estrea representatividade en Als Laboratory Group de Ourense
Nas eleccións celebradas hoxe, dous de xullo, CCOO consigue un delegado con candidatura única en Als Laboratory Group, empresa de enxeñería de minas en Penouta, Viana do Bolo na provincia de Ourense. Nesta ocasión trátase dun centro de traballo onde non había representación sindical.
A Federación de
Servizos de CCOO agradece aos traballadores e traballadoras
desta empresa a confianza depositada no sindicato e garante redobrar o
esforzo e manter o traballo diario.