Autor: Servicios Galicia

  • Sector do Comercio Vario da Coruña: nin atrasos, nin redución de xornada ata os 14, nin complemento por incapacidade

    A patronal négase a pagar os atrasos do convenio, a ampliar a redución de xornada ata os catorce anos e insiste en penalizar as baixas por incapacidade (segue)

    Dende as tres centrais sindicais,
    CCOO-CIG-UGT,
    na última reunión mantida ca patronal o dia 8 de maio deixamos moi
    claro, unha vez máis, que o complemento por incapacidade nas baixas
    NON SE TOCA.
    Non imos permitir que a patronal aproveite a negociación do convenio
    para recortar os dereitos de todas as traballadoras e traballadores
    do comercio da provincia da Coruña, e perder o dereito o cobro do
    100% cando se está enferma ou enfermo.

    A patronal segue a insistir en eliminar
    o cobro do 100% na situación de baixa médica, culpando ás
    traballadoras e traballadores do absentismo que, según eles, existe
    no sector, co cal os nosos salarios se verían seriamente reducidos.

    Levamos dende xuño de 2015 sen
    actualizar os nosos salarios e a patronal ofrece un mísero 1% para
    cada ano pero sen cobrar atrasos deses anos e perdendo poder
    adquisitivo.

    Négase a recoñecernos o dereito á ampliación por garda legal ata os 14 anos de idade tal e como se ven
    recollendo noutros convenios, dereito necesario para poder conciliar
    a nosa vida laboral coa familiar.

    As traballadoras e traballadores do
    sector do comercio estamos fartas e fartos de escoitar reunión tras
    reunión, que o comercio está en crise, cando todas e todos nós
    sabemos que iso non é así, todas e todos nós traballamos no
    sector e sabemos o que se factura nas tendas, e non é que sexa pouco
    e saian perdendo, é que queren gañar máis a conta de recortarnos os
    dereitos de todas e todos nós. Por iso debemos demostrar que no
    sector do comercio onde traballamos milleiros de traballadoras e
    traballadores, estamos máis unidos ca nunca e que imos loitar pola
    mellora dos nosos dereitos.

    Levanta a túa voz e participa nas
    asembleas informativas que se van celebrar nas vindeiras datas para
    acordar un calendario de mobilizacións en defensa dos nosos
    dereitos!!!

    ASAMBLEA
    XERAL DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO COMERCIO VARIO, O 29 DE
    MAIO AS 22:30H.

    Coruña:
    Edificio Sindical – Salón de Actos – Alfonso Molina s/n.

    Ferrol:
    Edificio Sindical – C/ María nº 42.


    O
    NOSO FUTURO ESTÁ EN XOGO, ASISTE E PARTICIPA !!

  • Convenio Téxtil de Ourense: A Patronal cérrase en banda

    Desde
    o 5 de abril que empezamos a negociación, xa levamos varias reunións
    nas que tratamos e discutimos todos os temas que vos comentabamos na
    plataforma reivindicativa, pero a
    Patronal está cerrada en banda
    : (segue)

    • Non
      quere reducir a xornada anual.

    • Non
      quere aumentar a garda legal ata os 14 anos.

    • Non
      quere aumentar os días de lactación.

    • Non
      quere aumentar a licenzas e que estas empecen a contar en día
      laboral.

    • Non
      quere regular o contrato a tempo parcial nin aceptar a consolidación
      e aumento de horas dos contratos.

    • Non
      quere incluír unha póliza de seguro colectiva.

    E
    o que é mais grave:

    • Quere
      borrar do mapa de golpe os anos 2011 a 2017 e eliminar calquera
      subida salarial ou pago de atrasos para eses anos.

    • Propoñen
      un convenio para os anos 2018-2019-2020 cunha subida do 2% para cada
      ano ESQUECENDO
      O RESTO

      e insistindo no mesmo en cada reunión.

    Poñendo
    un exemplo, unha dependenta que en 2010 cobraba 873,19 EUR acabaría
    no ano 2020 cobrando 52,39 EUR máis ao mes. Si, ese ridículo
    incremento para 10 anos.

    Con
    esta actitude, chegamos
    a un punto no que non nos quedou mais remedio que levantarnos da mesa
    pola falta de racionalidade e a irresponsabilidade da patronal
    ,
    sobre todo se se ten en conta que as persoas que conformamos a mesa
    de negociación presentamos diferentes solucións para tentar salvar
    este tema, pero A
    PATRONAL insiste en non aceptar ningunha proposta.

    Se
    temos en conta que a proposta de Salario Mínimo Interprofesional
    para o ano 2020 é de 850 EUR ao mes, significa que a Patronal do
    téxtil de Ourense, condena ao seu persoal a uns salarios de miseria,
    próximos ao SMI, e que para nada coinciden cos duns cadros de
    persoal formados e profesionalizados.

    Esta
    mesma patronal, nun acto de avaricia, é a que se queixa de que non
    suban máis as vendas, pero non se pregunta con que diñeiro
    pretenden que se realicen.

    Para
    informar con máis detalle e tratar as medidas que se deben adoptar
    ante esta situación, convocámosvos a unha asemblea de traballadores
    e traballadoras que terá lugar en dúas quendas co fin de facilitar
    a asistencia maioritaria do persoal.

    xoves
    31 de maio : 11:00 horas e 18:00 horas

    Salón
    de Actos do Edificio Sindical en San Lázaro

  • Carmen Sangil, elixida Secretaria Xeral da Sección Sindical de Banco Santander en Galicia.

    Hoxe,
    vinte e catro de maio, celebrouse en Santiago de Compostela o
    Plenario Extraordinario da Sección Sindical de CCOO Banco de
    Santander Galicia e integración da Sección Sindical de CCOO Grupo
    Banco Popular Galicia.

    Coa
    previsión dun inminente proceso de integración de ambas entidades
    presentouse unha única candidatura á Secretaría Xeral e á
    executiva, quedando esta última integrada na súa maioría polas
    delegadas e delegados que xa participaban nese órgano de goberno nas
    súas respectivas seccións.

    Na
    súa intervención, Carmen Sangil quixo agradecer «a xenerosidade e
    o esforzo pola confianza depositados na súa persoa» xa que «nos
    imos enfrontar a importantes retos de aquí ao próximo ano».
    Destacou tamén o valor de demostrar a fortaleza da organización a
    través do «contacto directo, cercano e persoal cos nosos
    compañeiros, resolvendo cantas cuestións nos expoñan». Gañar as
    eleccións que se celebrarán en febreiro do próximo ano foi outra
    ideal central do seu discurso: «dado o actual momento de
    dificultade debemos poñer en valor o liderazgo histórico e
    tradicional dun sindicato de clase como CCOO nos últimos procesos
    electorais, que é garantía de esforzo, e respaldo ás traballadoras
    e traballadores»

    A
    partir de agora iníciase unha nova etapa que estará marcada polo
    proceso de integración das redes de oficinas de ambos bancos. Cabe
    salientar que CCOO é o sindicato maioritario tanto en Banco
    Santander como Grupo Banco Popular, e que ambas entidades veñen de
    pasar por dous Expedientes de Regulación de Emprego que foron
    afrontados e resoltos de forma notablemente satisfactoria.

  • O persoal de Hotel Attica 21 en A Coruña apoia maioritariamente a candidatura de CCOO Servizos

    O pasado venres 18 o persoal de Hotel Attica 21 en A Coruña revalidou cunha alta participación a candidatura presentada por CCOO, cun
    total de tres delegadas.

    A Federación de
    Servizos de CCOO agradece aos traballadores e traballadoras desta empresa a confianza depositada no sindicato e garante redobrar o
    esforzo e manter o traballo diario.

  • CCOO Servizos renova a súa representatividade por quinta vez no Parador de Vilalba

    Desde
    a Sección Sindical de CCOO en Paradores e a Federación de Servizos
    de Galicia queremos agradecer a confianza que puxeron en CCOO e no
    noso candidato os traballadores e traballadoras do Parador de
    Vilalba.

    Nas
    eleccións sindicais celebradas este mércores, día dezaseis, o resultado
    foi contundente a favor de CCOO. Por 12 votos dun total
    de 18 foi elixido o compañeiro Domingo, delegado de CCOO que revalida o seu mandato por quinta vez e que de novo viu recoñecido o
    traballo realizado nestes catro anos.

    O
    noso compromiso cos traballadores e traballadoras deste Parador
    seguirá sendo o mesmo que ata agora, poñendo o noso total empeño en conseguir mellorar as condicións de traballo de
    todo o cadro de persoal, dando continuidade na implicación como sindicato
    e proporcionando soporte ao noso delegado, que seguirá traballando con lealdade para os seus compañeiros e compañeiras.

    Queremos dar as grazas a todo o persoal pola confianza depositada, na seguridade de que non vos
    defraudaremos.