Autor: Servicios Galicia

  • Comezan as negociacións do Convenio do Comercio Téxtil de Ourense

    O pasado 5 de abril,
    constituíuse a mesa de negociación do noso convenio, os tres
    sindicatos puxémonos de acordo en elaborar unha plataforma conxunta
    para defendela de forma unitaria a cal foi entregou á patronal o pasado día
    16 de abril. As traballadoras e traballadores do téxtil de Ourense temos un convenio prorrogado e con conxelación salarial desde o ano
    2011. Non podemos escoitar, cada día, que a situación económica
    mellora, e consentir que isto non se reflicta, tanto nos salarios,
    como nas condicións de traballo do persoal. Desde a negociación do
    convenio temos que traballar para conseguir un salario digno e unhas
    condicións que nos permitan conciliar a nosa vida laboral e
    familiar. Resumo plataforma sindical conxunta

    FAGAMOS
    VALER A UNIDADE A UNIÓN FAI A FORZA

    Convenio
    Comercio Téxtil 2018 Resumo da Plataforma Sindical Conxunta

    Vixencia e
    duración.

    De 1 de xaneiro de
    2011 a 31 de decembro de 2019

    Salarios.

    Anos 2011, 2012,
    2013, 2014, 2015, 2016 e 2017: IPC do ano anterior máis 1 punto.
    Anos 2018 e 2019: Incremento de 60 ? lineais cada un dos anos nas
    quince pagas.

    Pagas
    extraordinarias.

    A paga de beneficios
    pasará a denominarse ?paga de primavera?.Como norma xeral, agás
    acordo explícito entre as partes, as pagas extraordinarias non se
    ratearán nas nóminas mensuais.

    Xornada laboral.

    • Xornada
      máxima anual de 1.800 horas.

    • Libranza
      mínima de 18 sábados ao ano.

    • Os descansos
      durante a xornada serán:

      • Xornadas de
        5 horas: 15 minutos.

      • Xornadas de
        6 ou 7 horas: 30 minutos.

      • Xornadas
        partidas de 8 horas: 15 e 30 minutos (mañá e tarde)

    • Nos comercios
      con horario de apertura continuada, a xornada laboral das persoas
      empregadas será tamén continuada.

    • Cada
      traballador terá dereito a catro días de asuntos propios que
      poderán gozar sempre que os comunique con quince días de
      antelación e que non supoñan prolongación ou adiantamento do
      período de vacacións.

    Traballo en
    domingo, festivo e xornadas especiais
    .

    • O traballo en
      domingos, festivos e xornadas especiais serán de carácter
      voluntario.

    • Enténdese
      por xornadas especiais os días 24 e 31 de decembro ou as campañas
      extraordinarias (Black Friday etc…).

    • A retribución
      será de 30 ?/hora, debendo garantirse un mínimo de cinco.

    • A xornada
      máxima en festivos seguirá sendo de 7 horas, mais para os efectos
      da súa compensación, tanto en cartos como en libranza, terá o
      mesmo tratamento que se fora de 8 horas.

    Vacacións.

    31 días naturais e
    non poderán comezar a computarse en festivo nin en véspera de
    festivo. Axustar a relación entre vacacións e IT ao actual marco
    legal. Necesariamente, 15 días gozaranse entre o 15 de xuño e o 30
    de setembro.

    Contratación
    fixa.

    Deberá ser dun
    mínimo do 75% do cadro de persoal no segundo ano de apertura.

    Contratos
    formativos
    e contrato en prácticas.

    Regulalos para
    evitar o fraude.

    Inasistencias
    retribuídas.

    • Matrimonio:
      18 días.

    • Incrementar a
      4 días o apartado 2), e a 6 días no caso de desprazamento.

    • Un día por
      voda de pais, nais, irmáns ou fillos.

    • Lactación:
      20 días hábiles.

    • Revisar garda
      legal e paternidade.

    • Incrementar
      garda legal ata os 14 anos.

    • Elección da
      concreción horaria na redución de xornada por garda legal.

    • Comezo das
      licenzas o primeiro día laborable seguinte ao feito causante.

    Outras condicións
    económicas.

    • Plus
      transporte: 51 ? mensuais.

    • Plus
      nocturnidade: Aboarase nunha contía do 30% do salario base polo
      tempo traballado entre as 22:00 e as 8:00 horas.

    Novos artigos:

    • Obrigatoriedade
      de aplicación do convenio sectorial nas empresas multiservizos.

    • Creación
      dunha póliza de seguros colectiva.

    • Nas xornadas
      do 24 e 31 de decembro, a hora de peche non poderá ser máis alá
      das 16:00 horas

    • Contrato a
      tempo parcial:

      • A duración
        mínima será de 28 horas.

      • Xornadas
        mínimas de 4 horas continuadas.

      • Establecer
        limitacións para a celebración destes contratos.

      • Consolidación
        das horas complementarias: o 50% das realizadas no ano natural.

      • As persoas
        con concreción horaria tamén se beneficiarán da consolidación.

      • As horas
        complementarias non poderán superar o 15%.

      • As horas que
        excedan a xornada contratada que non sexan avisadas con máis de 7
        días de antelación, terán a consideración de horas
        extraordinarias.

      • Preferencia
        de conversión dos contratos parciais a tempo completo antes de
        realizar novas contratacións parciais.

    CCOO Servizos CIG Servizos UGT FeSMC
  • Asinado o Convenio Colectivo de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da provincia de Pontevedra

    Tras
    cinco reunións da mesa negociadora o pasado 2 de maio, asinamos o
    Convenio de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da
    provincia de Pontevedra, o que terá unha vixencia de dous anos,
    2018 e 2019.

    As
    melloras introducidas no novo convenio asinado son:

    • Incremento Salarial do 1,5% cada un dos anos con revisión con
      carácter retroactivo entre o 1% e o IPC real.

    • Incremento nun 50% máis no valor das horas extras en domingos e
      festivos (pasa a ser do 150% sobre o valor da hora ordinaria).

    • O seguro de vida pasa a 30.000 eur.

    • Incorpórase a preferencia sobre novas contratacións a xornada
      completa para os contratos a tempo parcial, así como a regulación
      da xornada e as horas complementarias.

    • Establécense como días de descanso retribuído en 2018 os días 24
      e 31 de decembro.

    • Inclúese a intervención cirúrxica con repouso domiciliario de
      familiares ata segundo grao como licenza retribuída.

    • Dentro da licenza de acompañamento ó médico de familiares,
      incluímos os fillos discapacitados.

    • Introducimos un texto sobre conciliación que, entre outras cousas,
      dá a posibilidade de modificación da quenda de vacacións por parte do
      pai nos períodos de baixa maternal ou lactación.

    • Para os casos de violencia de xénero dáse a posibilidade de
      adaptación da xornada de traballo.

    • Incorpórase a figura do delegado sindical en empresas a partir de 40
      traballadores ou traballadoras.

    CCOO
    valoramos moi positivamente a sinatura de este convenio que, como en
    anos anteriores, foi negociado nas reunións xustas e necesarias e
    que segue a mellorar as condicións de traballo neste sector tanto no
    nivel económico como nas condicións de traballo.

    Texto provisional Convenio Colectivo Comercio Materiais de Construción e Saneamento provincia de Pontevedra 2018-2019

  • Hostal dos Reis Católicos: desigualdade entre traballadores, sen convenio e líder en beneficios

    O Comité de Empresa do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de
    Compostela, integrado polos sindicatos CSIF, CIG, CUT e CCOO,
    concentrouse este martes, día sete, na Cidade da Cultura coincidindo coa presenza da presidenta de Paradores de Turismo, co fin de reivindicar unha negociación real e a firma dun
    convenio digno xa que o actual leva oito anos caducado.

    O Comité do parador compostelán acudiu a esta concentración farto de reivindicar desde hai tempo a necesidade de que se recuperen as condicións e dereitos que tiñan os traballadores antes do ERE, no que se despediron a 13 persoas, e lembra que ese ERE foi innecesario xa que o Hostal é o parador da rede estatal que máis beneficios aporta. Por iso, insiste en que se restablezan de xeito inmediato as condicións económicas e sociais como son a actualización salarial ou os días de asuntos propios.

    Para o Comité de Empresa, a negativa de Paradores de Turismo a
    negociar supón que se manteñan ano tras ano os acordos dun más que
    discutible ERE co que se sufriu, ademais de despidos, reducións de
    xornadas laborais, especialmente no departamento de camareiras de
    piso, o máis castigado pola regulación de emprego xa que se
    externalizou o servizo que estas desempeñaban. É mais, os
    sindicatos denuncian a brecha salarial das camareiras de piso, que
    cobran menos que os seus compañeiros camareiros de restaurante xa
    que, inxustamente, teñen una categoría inferior.

    Así mesmo, esixen que se termine coas desigualdades entre
    traballadores da mesma categoría e nivel profesional e que se iguale
    a prima de produción co resto de empregados da rede de Paradores xa
    que cobran a metade aínda que, insisten, o de Santiago é o parador
    que máis beneficios xera.

  • Milleiros de persoas saen ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de Maio

    Milleiros de persoas saíron este martes
    ás rúas de Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT no Primeiro de
    Maio baixo lema «Tempo de gañar». Precisamente, os secretarios xerais das dúas
    organizacións, Ramón Sarmiento e José Antonio Gómez, respectivamente, lembraron
    que para a clase traballadora é «tempo de gañar» dereitos laborais e sociais
    recortados durante os anos da crise. Desde Vigo, Gómez e Sarmiento reclamaron mellor
    emprego, maiores salarios, pensións dignas e máis igualdade.

    Para os dirixentes dos dous sindicatos,
    «é de xustiza» que, nesta etapa de recuperación económica, a negociación
    colectiva reflicta unha mellora substancial dos salarios en xeral e dos máis
    baixos en particular, con cláusula de garantía para protexer o poder
    adquisitivo fronte a un aumento excesivos dos prezos dos produtos de consumo.
    Tamén esixiron o aumento dos compromisos empresariais en relación coa
    estabilidade e calidade do emprego, a redución das desigualdades, a protección
    da saúde e o investimento produtivo.

    A economía galega leva catro anos
    crecendo, un 3,1 % no 2017, e as previsións son dun 2,5 % para o 2018. Xa hai
    máis empresas con beneficios ca antes da crise e os dividendos repartidos están
    en máximos. Porén, estes datos non se trasladan aos salarios: as condicións de
    traballo son cada vez máis precarias, especialmente por culpa da reforma
    laboral.

    Máis precariedade laboral

    Actualmente, nove de cada dez contratos son temporais e a súa duración media é cada vez menor: case a cuarta parte deles duran menos dunha semana. A contratación a tempo parcial, na maioría dos casos involuntaria, gañou peso nestes últimos anos. As mulleres son as principais prexudicadas desta situación. Ademais, o 77 % do emprego a tempo parcial está ocupado por mulleres e a fenda salarial de xénero provoca que deixen de percibir, por un traballo igual ou de superior valor, case 5000 euros anuais.

    Máis pobreza e desigualdade

    A desigualdade e a pobreza acadan niveis moi superiores aos que había antes da crise. A pobreza cronificouse: 67.500 fogares teñen todos os seus membros activos en paro e 34.700 persoas carecen de ingresos. O emprego crece, pero á custa de maior precariedade, pois segue aumentando o número de persoas en risco de pobreza.

    Os secretarios xerais de CCOO e UGT alertaron da desvalorización salarial e da precarización das condicións de traballo, promovidas pola reforma laboral, fomentan unha recuperación baseada nunha repartición desigual da riqueza e un modelo de crecemento asentado en actividades pouco produtivas. Hoxe en día:

    Recuperar a negociación colectiva

    Ante esta situación, os secretarios xerais de UGT e CCOO reivindicaron a necesidade de «revitalizar» a negociación colectiva, para que nela se reflicta unha «mellora substancial» dos salarios en xeral e dos máis baixos en particular, con cláusula de garantía para protexer o poder adquisitivo fronte a un aumento excesivos dos prezos dos produtos de consumo. Como exemplo puxeron o recente acordo asinado no ámbito do emprego público para a recuperación salarial e da estabilidade do emprego.

    Gómez e Sarmiento tamén esixiron o aumento dos compromisos empresariais en relación coa estabilidade e calidade do emprego, a redución das desigualdades, a protección da saúde e o investimento produtivo.

     

    Mobilización crecente

    CCOO e UGT lanzarán unha crecente mobilización laboral e social que obrigue tanto as patronais como o Goberno ?e os grupos parlamentarios que o apoian? a abordar as reformas necesarias en materia de negociación colectiva e de emprego de calidade.

    Xulgan «imprescindible» recuperar o papel central dos convenios sectoriais estatais, así como derrogar os aspectos regresivos das reformas laborais. Esixiron tamén a derrogación da lei mordaza e a absolución dos case trescentos sindicalistas que seguen procesados ou condenados simplemente por manifestarse ou participar nun piquete informativo.

  • CCOO logra constituir as mesas de igualdade no Grupo Inditex

    CCOO veu  impulsado que todas as empresas do Grupo Inditex puxesen en marcha o comezo da renovación e negociación dos plans de igualdade, como garantía de dereitos e oportunidades para as mulleres no ámbito laboral. A Federación de Servizos de CCOO aborda a negociación de cinco Plans de Igualdade do Grupo Inditex: Pull&Bear, Bershka, Oysho, Zara, que renovan o I Plan de Igualdade, que xa chegaran ao final da súa vixencia e o I Plan de Igualdade en Kiddy´s Class.

    A constitución das mesas encargadas de negociar os diferentes plans que xa chegaran ao seu fin de vixencia chega cuns meses de atraso no caso de Zara, onde a  vixencia finalizou fai máis dun ano. Tras meses desde que fósemos convocadas, e onde foi imposible constituír a mesa de negociación do II Plan de Igualdade pola irrupción da UGT coas súas pretensións de repartir a representatividade, constituíuse finalmente atendendo a criterios presentados pola Federación Servizos CCOO, é dicir co poder lexítimo que as traballadoras e trabadores dan á representación sindical na empresa a través dos procesos electorais.
    No caso de Kiddy’s Class, será o seu primeiro Plan de Igualdade. CCOO solicitou hai un tempo á dirección xeral da empresa que non fosen só algunhas as marcas ou empresas que tivesen plan de igualdade, senón que todas as traballadoras do Grupo Inditex, indistintamente de onde traballen, puidesen desenvolver a negociación propia dos seus plans de igualdade. O mesmo ocorre en Zara Home, onde CCOO ten o obxectivo para as súas traballadoras de que conten cun Plan propio e que se aborde a negociación en datas próximas.
    Coa negociación dos distintos Plans de Igualdade, CCOO queremos introducir propostas que se apliquen á totalidade do persoal, nos procedementos internos da empresa, e en aspectos que teñen que ver co acceso, contratación, formación, promoción, retribución etc. O obxectivo é establecer medidas que permitan manter unhas condicións laborais, onde a permanencia na empresa, o descanso semanal, as oportunidades de promoción da muller, sexan medidas que consigan a igualdade de oportunidades de mulleres e homes.