Autor: Servicios Galicia
-
Non aos depedimientos en Inditex!!
CCOO, CIG e UGT, concentrámonos para protestar polo despido inxusto e arbitrario dun compañeiro de Lefties Gran Vía, que sempre se preocupou, dende o seu posto na tenda, polo benestar da personal e de que o clima laboral fora o perfecto para desempeñar o traballo que temos encomendado.O despido foi argumentado con situacións incertas e tan surrealistas como que en tempo de traballo estivo facendo unha postal de felicitación.Non podemos permitir que unha multinacional como Inditex realice este tipo de despedimentos, que o único que buscan é amedrentar ápersonal. Exisímoslle á empresa que mude a decisión adoptada.Tod@s os seus compañeir@s o apoiamos e por iso estamos aquí.Os días 12, 13 e 14, de 11:30 a 13:30 concentración diante do Centro Comercial Gran Vía (Vigo)¡¡¡BRAULIO READMISIÓN!!! -
Asinado un acordo no CTAG que mellora as condicións respecto do convenio estatal de enxeñarías
O comité de empresa do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), presidido por CCOO, asinou coa dirección un acordo que mellora as condicións laborais en relación co vixente convenio colectivo estatal de enxeñarías. O pacto contou co apoio unánime de todos os integrantes do comité, composto por dez membros de CCOO, cinco independentes e dous da CIG.
O acordo mellora aspectos como a política de contratación. Por exemplo, as bolsas redúcense a nove meses e os contratos en prácticas melloran salarialmente un 10 %. Ao tempo, 65 contratos temporais converteranse en indefinidos.
En materia salarial, establécese para o 2018 unha suba do 2,75 %, ampliable ata o 5,25 % segundo obxectivos. Para o 2017, acordouse o pagamento retroactivo dun 3 %. Cabe destacar que estas melloras globais non serán absorbidas polas individuais.
No acordo tamén se inclúen as axudas de custo internacionais para os países en que se están prestando servizos. Fíxase unha axuda de alugamento e outra de transporte, cunha duración de máis dun mes.
Por último, mellórase a flexibilidade horaria no verán, así como os permisos de asistencia a revisións médicas ou por hospitalización dun familiar.
O CTAG
O CTAG ten sede na localidade pontevedresa do Porriño e o seu cadro de persoal fórmano máis de seiscentos enxeñeiros e enxeñeiras e técnicos e técnicas. O centro dá soporte ás entidades que integran o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA). As principais áreas de traballo son a innovación electrónica e de materiais, a enxeñaría, o desenvolvemento de procesos, o deseño plástico-metálico. Tamén realiza ensaios e validación de compoñentes de automoción.
-
CCOO acada a maioría absoluta no comité de Office Depot (Ourense)
O pasado xoves, 11 de xaneiro, celebráronse as eleccións na empresa OFFICE DEPOT Ourense obtendo
un total de catro delegadas e delegados dun total de cinco.Estas eleccións
corresponden ao personal de trababalladores e traballadoras de Office
Depot, empresa adicada a distribución de material de oficina.CCOO, a pesar de non ter
representación nesta empresa, non deixou de estar a o lado dos
traballadores e traballadoras e apoialos cando así nolo
solicitaron. Agora eles devolvenronnos esa confianza sobradamente.CCOO Servizos quere amosar
o seu agradacemento a todas as persoas que participaron neste proceso
e en especial ás que co seu voto depositaron a sua confianza en
Comisións Obreiras.CCOO Servizos quere dar
tamén os parabéns a todos os traballadores e traballadoras mostrando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo
posible en defensa dos intereses de todo o persoal. -
CCOO Servizos acada representatividade no primeiro comité de Ideal Call (Coruña)
Hoxe mércores, 20 de decembro, celebráronse eleccións na empresa Ideal Call na Provincia de Coruña, obtendo un total de 1 delegados para un comité de 5.Estas eleccións corresponden ao persoal de traballadores e traballadoras externos, adicadas a actividades de Contact Center para Media Markt, Oney, Caixabank Accidentes, etc…Son as primeiras que se levan a cabo en Ideal Call para constituir un Comité de Empresa, no que tivemos un escenario complexo para poder presentar a nosa candidatura, polo que CCOO Servizos quere amosar o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras.CCOO Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras mostrando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo posible en defensa dos intereses de todo o personal.