Autor: Servicios Galicia
-
CCOO Servizos obtén a maioría absoluta no Comité de Empresa de CTAG
Durante o pasado 17 de Outubro de 2017 celebráronse as eleccións sindicais ao Comité de Empresa de CTAG. CCOO pasou a ser o sindicato maioritario no Comité de Empresa de CTAG obtendo 10 delegados dos 17, pasando dunha representación dun 30,77% a un 58,82%.CCOO presentou candidatura en ambos os colexios electorais: «Técnicos e administrativos» e «Especialistas e non cualificados», conseguindo 9 delegados de 14 no primeiro e 1 de 3 no segundo. Isto supón ter a maioría absoluta dentro do Comité, posición que asume con responsabilidade dando continuidade ás lineas de traballo e principios que levaron a cabo durante os pasados 8 anos: a unidade sindical dentro do Comité de Empresa de CTAG, a comunicación e a participación de todos os traballadores e traballadoras.O Centro Técnológico de Automoción de Galicia (CTAG) sitúase no Porriño, a 30 km de Vigo e desenvolve a súa actividade en traballos de alta especialización tecnolóxica dentro do ámbito da automoción, dando soporte ás empresas do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia. As áreas principais de traballo desenvólvense principalmente arredor da Innovación Electrónica e de Materiais, a Enxeñaría e Desenvolvemento en procesos e Deseño Plástico-Metálico e Ensaios e Validación de compoñentes de automoción.Desde a sección sindical de CCOO-CTAG e a Agrupación de Servizos Técnicos de CCOO Galicia, queremos agradecer a todo o persoal polo seu apoio nestas eleccións, así como expresar a enorme satisfacción e responsabilidade con que os delegados electos asumen o seu novo papel na xestión da representación sindical dentro da empresa. -
CCOO e UGT lamentan a catástrofe forestal que asola Galicia e transmiten o seu pesar ás familias das vítimas
As comisións executivas do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia lamentan a catástrofe forestal que está a sufrir Galicia nestas últimas horas polas súas dimensións dramáticas e consecuencias humanas, económicas e ambientais.Polo momento, esta vaga de lumes que asolan Galicia dende onte xa se cobrou catro vítimas. Ambos os sindicatos transmiten o seu pesar ás súas familias e amigos nestes momentos tan complexos e transmítenlles os desexos dunha pronta recuperación aos feridos.
RECOÑECEMENTO AOS BRIGADISTAS PERO CRÍTICAS Á FALTA DE PREVISIÓN E INEFICACIA DOS RESPONSABLES DO DESEÑO DO OPERATIVO
Tamén é o momento para recoñecer as tarefas que están a desenvolver os traballadores e traballadoras que forman o dispositivo do SPDCIF en Galicia (técnicos, axentes e bombeiros forestais), malia a falta de previsión e a ineficacia dos responsables do deseño do operativo contra incendios da Xunta de Galicia, situación que están a denunciar de xeito reiterado asociacións e organizacións profesionais. Os picos de incendios están cada vez máis desestacionalizados e prodúcense fóra da época estival. Este ano, sen ir máis lonxe, coincidiron en plena Semana Santa (abril) e en outubro, dous meses que están a ser de especial actividade incendiaria nos últimos tempos.
Tampouco se pode esquecer hoxe o recoñecemento á cidadanía, que axuda e participa na extinción, tanto para protexer os seus bens como para colaborar co dispositivo.Á vista o acontecido, é evidente a existencia dun problema estrutural no sector forestal galego, que segue sen se resolver porque non se descifrou a incógnita resultante da fórmula: prevención-limpeza de montes-extinción de lumes.
NOVO MODELO QUE POÑA ÉNFASE NA PREVENCIÓN, NON SÓ NA EXTINCIÓNÉ imprescindible que a Consellaría do Medio Rural abra unha mesa na que acometer o cambio dun modelo que se revelou obsoleto hai moito. A nova planificación debe poñer énfase na prevención, non unicamente na extinción. O cambio de modelo levaría implícito que o persoal fixo-descontinuo, que traballa tres ou nove meses, prestase servizos todo o ano e cunhas condicións laborais dignas.Así mesmo, as organizacións sindicais esixen a cobertura inmediata de todas as vacantes por baixas, por vacacións ou por outras circunstancias. Consideran vergoñento que un servizo de emerxencias teña incompletas a maioría de brigadas, que haxa puntos de vixilancia pechados ou con quendas deficitarias, que non haxa bombeiros condutores para todas as motobombas ou que todos os centros de coordinación non poidan funcionar as 24 horas.
COORDINACIÓN ENTRE AS ADMINISTRACIÓNSOs feitos tamén amosan a necesidade de poñer en marcha en Galicia un sistema de coordinación efectivo entre todas as Administracións, autonómica e local, con competencias relacionadas coa prevención e a intervención no caso de lumes forestais.A realidade é tan teimuda que cando as condicións atmosféricas son extremas, como estaba a suceder estes días, as medidas tamén tiñan que ser extraordinarias. Con todo, tamén é certo que, detrás do acontecido, existe unha sospeitosa intencionalidade. Por iso, é necesario descubrir e deter os incendiarios e os seus cómplices, algo no que as autoridades non deberían escatimar nin medios nin esforzos porque estas agresións non poden quedar impunes.
LIÑAS DE TRABALLOHai liñas de traballo que ambos os sindicatos veñen reiterando dende hai anos e que non terminan de pórse en marcha, por moito que cada certo tempo Galicia sexa vítima dunha catástrofe como a vivida estas últimas horas.
Urxe poñer en marcha medidas estratéxicas para incorporar o monte ao desenvolvemento rural de Galicia, entendendo este como un factor clave de prevención dos incendios forestais. E pensar en futuro adoptando solucións estruturais contra unha praga que nos persegue ano a ano.O monte ten que ser un recurso ao servizo da creación de riqueza no medio rural, xerador de materias primas renovables, empregos de base rural e rendas paralelas ás da agricultura e gandería para agricultores, gandeiros e silvicultores.
Urxe afrontar o deseño dunha política forestal en colaboración cos propietarios, onde caiban todas as especies, tendo en conta que hai dous millóns de hectáreas de monte e que hai diversas condicións de solo e de capacidade produtiva para planificar o aproveitamento forestal.
É evidente que Galicia debe dotarse dun novo modelo de servizo de defensa contra lumes forestais, xa que o actual dispositivo non pode responder a unha relación «máis lume-máis traballo». O dispositivo debe ir integrado na nova proposta de xestión do monte. O persoal dedicado á prevención e á limpeza do monte debe traballar todo o ano para xerar riqueza forestal.
Trátase de darlle vida a un sistema con brigadas permanentes, con medios e recursos sofisticados, dotación económica suficiente que cubra todas as necesidades do persoal dos servizos implicados co fin de aumentar a súa autoestima, fomentar a súa profesionalización e salvagardar a súa saúde. E, por suposto, os recursos aéreos e terrestres teñen que ser suficientes.
APAGAMENTO INFORMATIVONo eido informativo, CCOO e UGT critican o apagamento informativo en relación aos incendios, tanto por parte da Xunta de Galicia, que durante o máis grave desta crise mantivo un mutismo incomprensible, como por parte dos medios de comunicación públicos, que reaccionaron incluso máis tarde que os estatais á hora de ofreceren unha programación especial. Os sindicatos consideran moi grave este intento de minimizar entre a opinión pública os efectos dunha catástrofe como hai anos que non se lembra. A falta de información veraz e actualizada expuxo a riscos graves a gran parte da poboación das localidades máis afectadas pola vaga de lumes, lamentan.PACTO DE PAÍSFinalmente, UGT e CCOO manifestan que o debate sobre esta problemática débese afastar da loita partidaria. Desde os sindicatos entendemos que a actual sensibilidade social en torno a esta situación debe ser canalizada para propiciar un pacto de país que aborde a problemática forestal. Neste sentido, o primeiro paso debe ser a creación dunha comisión parlamentaria na que participen os axentes sociais e económicos. -
CCOO e UGT apostan por un modelo turístico sustentable e con emprego decente
Con motivo da celebración do Día Mundial do Turismo 2017, a Federación de Servicios de CCOO e a Federación de Servicios, Movilidad y Consumo de UGT denuncian que a bonanza económica que vive a industria turística a nivel xeral traduciuse en maior explotación laboral, con salarios baixos, precariedade, falta de negociación colectiva sectorial e aumento da externalización. Segue
Así, de xaneiro a xullo de 2017, o número de viaxeiros que visitan España aumentou nun 4,21% respecto do mesmo período do ano anterior. Hai un 3,21% máis de pernoctacións que en 2016 e o emprego creceu un 5,18%. En canto ao gasto, nos sete primeiros meses do ano o gasto total aumentou un 15,1% respecto ao ano pasado, acadando os 49.119 millóns de euros.A pesar de que a rendibilidade do sector hoteleiro aumentou en España no que vai de 2017, o emprego nos subsectores da hostalaría e, sobre todo, a súa calidade, é precario, a tempo parcial e en, en moitos casos, fraudulento, xa que se traballan máis horas das contratadas.O crecemento da afiliación á Seguridade Social no sector da hostalaría en España creceu un 5,50% no sete primeiros meses de 2017 con respecto a 2016. Con todo, este crecemento no emprego tradúcese en que só o 3% dos novos contratos foron indefinidos a tempo completo, fixos descontinuos ou fixos a tempo parcial.Ademais, este ano aflorou unha forte demanda de vivendas turísticas que provocou a masificación dalgúns destinos turísticos, o que resultou nun crecente sentimento de rexeitamento cara á industria turística, a chamada «turismofobia». Neste sentido, os sindicatos reclaman un cambio cara a un modelo turístico diferente, socialmente sustentable, que aposte polo emprego de calidade e os salarios decentes.Neste sentido, para os sindicatos é fundamental levar a cabo campañas de información e unha actuación inspectora para a detección e corrección na prestación de servizos turísticos «clandestinos».Deste xeito, CCOO e UGT avogan por un pacto a favor da hostalaría regulada, contra a precariedade laboral e a economía mergullada, e no que participen todos os axentes implicados no sector turístico do noso país, que contemple a regulación, o máis homoxénea posible, das vivendas turísticas en España. -
CCOO Servizos asina o Convenio de Comercio Alimentación de Ourense
Hoxe
19 de setembro, chegamos a un acordo para asinar o Convenio
Colectivo de Comercio Alimentación de Ourense. Mantendo
a base do convenio anterior e sen retroceder en ningún dos seus
apartados, mellóranse e engádense os seguintes conceptos:–
Vixencia 2017
– 2020–
Incorporación de protocolos
de acoso.–
Incorporación de Articulado sobre Prevención de Riscos.–
Elimínase
a obrigatoriedade de xustificar o tres días
de licenza por asuntos propios.–
Admítese
que a licenza por hospitalización
poida collerse en calquera momento da mesma.–
Incorpórase unha Licenza
Non Retribuída
para usar en caso de enfermidades graves ou de longa duración de
parentes.–
Amplíase a posibilidade de Redución
por Garda Legal, dos 12 aos 14 anos.–
Incorpórase unha regulación
no contrato a tempo parcial,
que permite consolidar o 50% das horas complementarias realizadas nun
período de 15 meses.–
Inclúese
dentro do salario base, a gratificación de actividade,
que ata agora se pagaba só en 12 mensualidades e que agora se abonará tamén nas tres pagas extras.–
Realízase por tanto un incremento salarial lineal nos seguintes
termos:Ano
2017.- 14 eur/mesAno
2018.- 28 eur/mesAno
2019.- 20 eur/mesAno
2020,. 20 eur/mesO
que equivalería a un incremento
aproximado do 10%
nos grupos e niveis máis utilizados, conseguindo ademais que esta
subida sexa maior nos salarios máis baixos e non nos máis altos,
como pasa cando a subida é porcentual.En
resumo, conséguese que o Convenio Colectivo de Ourense avance no
que respecta a achegarse ás condicións sociais e económicas do
resto de Provincias da nosa Comunidade. -
Convenio Hostalaría provincia de Pontevedra: plataforma conxunta
A once de setembro poucos avances podemos
destacar na negociación deste Convenio. Despois de 10 reunións da
mesa de negociación decidimos facer unha plataforma conxunta as tres
centrais sindicais presentes nela (CCOO, UGT, CIG). Os termos
de esta plataforma conxunta que xa foi trasladada á parte empresarial
son os seguintes:VIXENCIA de 4
anos (2016-2019)INCREMENTO SALARIAL:
-
O 1,6% para o ano 2016 e incremento lineal de 20
? para cada un dos anos 2017, 2018 e 2019. -
Plus de transporte: 3´5 ? día.
-
Revisión salarial con carácter retroactivo no caso que o IPC real
de cada un dos anos supere o 1´5%.
HORAS EXTRAS: Incremento
do 100% sobre o valor da hora ordinaria.INCAPACIDADE TEMPORAL: 100%
en todas las baixas por enfermidade ou accidente.PLUS DE INCAPACIDADE: Crear
un plus por fillo ou filla diminuído físico ou psíquico de 50 ?
mes.LICENZAS: Posibilidade
de gozar de forma descontinua nos casos de hospitalización ou
intervención cirúrxica con repouso domiciliario.VACACIÓNS: 25
días laborais e redactar o desfrute de vacacións nos casos de baixa
por IT.DESCANSO SEMANAL: 2
días semanais consecutivos.LACTACIÓN: Acumulación
da lactación en 25 días, suprimindo o texto do actual convenio «en
caso de que ambos traballen»EMPREGO FIXO: 60%
INDEMNIZACIÓN DE FIN DE CONTRATO: 24
días por ano traballado.CONTRATO FIXO DISCONTINUO E FIXO A TEMPO
PARCIAL: Regular estes dous tipos de
contrato no convenio (trasladaremos proposta concreta).FORMACIÓN DUAL: Regular
a utilización de este tipo de traballadores.EXTERNALIZACIÓN E SUBROGACIÓN:
-
Establecer que as empresas de multiservizos teñan que aplicar este
convenio de hostalaría cando obteñan contratos en calquera empresa
do sector. -
Regular a obrigatoriedade de subrogación.
CONTROL DE PRESENCIA: Establecer
un sistema de control e rexistro horario onde se establecerá a hora
de entrada e saída diaria, coa obriga de entregar copia ao
traballador ó final de mes e a representación dos traballadores se existe.PREMIO DE PERMANENCIA: Aclarar
que este premio é tamén para os casos de invalidez.COMISIÓN PARITARIA E DESCOLGUE: Redactado
conforme establece a Consellería de Traballo.CCOO
entendemos que despois de dez reunións esta é unha exposición axustada que debería axilizar a negociación. Pola
nosa parte estamos en condicións de asinar á maior brevidade posible
un Convenio que vai xa para dous anos de retraso.Nestes
momentos estamos á espera de que a patronal estude as nosas
propostas e convoque o antes posible unha nova reunión da mesa negociadora. -