Autor: Servicios Galicia

  • CCOO Servizos consegue a maioría absoluta e mellora resultados nas eleccións de DIANA PROMOCIÓN (A Coruña)

    Hoxe martes, oito de agosto, celebráronse
    eleccións na empresa DIANA PROMOCIÓN S.A., Provincia da Coruña.

    Estas eleccións
    corresponden ao persoal de traballadores e traballadoras externos, adicadas a actividades de reposición «MERCHAN» nos
    centros de traballo de Alcampo Coruña, Alcampo Santiago, Carrefour
    Alfonso Molina, Carrefour Os Rosales e Carrefour Coristanco, co
    seguinte resultado: CCOO 4 – UXT 1.

    Este resultado
    mellora a representación anterior de CCOO incrementado nunha delgada
    o resultado de fai catro anos.

    CCOO Servizos amosa o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras.

    CCOO Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras xa que con este resultado se renova o compromiso adquirido nas urnas e ponse a disposición para continuar defendendo os intereses laborais.

  • CCOO Servizos obtén toda a representatividade nas eleccións de INDESNOR Lugo

    Onte, xoves 28 de xullo, celebráronse eleccións sindicais na
    empresa INDESNOR en Lugo pasando dunha delegada no anterior proceso electoral, a
    un comité de empresa de 5 delgadas/os nesta ocasión. CCOO Servizos obtivo os 5
    representantes que se elexían.
    A empresa galega Indesnor adícase a traballos de enxeñería con proxectos en todo o Estado empregando a máis de medio cento de persoas sobre todo en Lugo capital.
    A Agrupación de Servizos Técnicos de CCOO  agradece a todo o persoal o seu apoio nestas
    eleccións. Os delegados e delgadas de CCOO taballarán sen descanso na
    melloras das condicións laborais de todos e todas.
  • Asinado acordo de mellora de condicións económicas e laborais en Stradivarius Pontevedra

    Trala negociación coa dirección da empresa tamén en Stradivarius de
    Pontevedra, igual que en outras empresas do grupo Inditex, chegamos
    a un acordo para mellorar as condicións económicas e laborais das
    traballadoras e traballadores desta empresa na provincia de
    Pontevedra. Segue

    Os
    puntos resumidos deste acordo son:

    • A
      partir do mes de setembro, un plus de 80 eur para todo o persoal
      sexa cal sexa a súa xornada. Este plus terá un incremento do 1,5%
      cada ano.

    • TRABALLO
      EN DOMINGOS E FESTIVOS : Establécense dúas opcións de
      compensación, a elección do persoal da tenda e sempre en
      proporción da xornada:

      • 160 eur sen devolución de horas.

      • 80 eur máis devolución de horas.

    • ADAPTACIÓN
      ESCOLAR por fillos ou fillas de 3 a 4 anos: 6 horas.

    • LICENZA
      RETRIBUÍDA POR ENFERMIDADE: 10h anuais para o acompañamento de
      familiares de 1º grao ao médico.

    • ACUMULACIÓN
      DE LACTACIÓN: Amplíase o período de acumulación de lactación
      nas contías seguintes dependendo da xornada:

      • 30h:
        40 días naturais

      • 40h:
        30 días naturais

    • VACACIÓNS:
      21 días garantidos a partir de rebaixas e hasta o mes de setembro.

    • AXUDAS
      SOCIAIS: 150 ? por nacemento o adopción de fillo ou filla.

    • 80 eur por cada día de ASUNTOS PROPIOS sen xustificar non desfrutado.

    • EXCEDENCIA
      VOLUNTARIA: con reserva do posto de traballo por unha duración de
      seis meses a un ano.

    • DESCANSOS
      DENTRO DA XORNADA: dous tempos de descanso para todas as quendas:

      • Xornadas
        de menos de 6h: 20 minutos de descanso

      • Xornadas
        de 6h ou máis: 30 minutos de descanso

    Desde
    CCOO facemos unha valoración positiva deste acordo que consegue
    mellorar as condicións de traballo e salariais en Stradivarius
    Pontevedra. Desde a representación de CCOO nas diferentes empresas
    do grupo Inditex seguiremos expoñendo a necesidade de que os
    traballadores e traballadoras gocen das mesmas condicións sen que a
    provincia ou a empresa na que traballen sexa un condicionante para que estas sexan diferentes.

    Para
    CCOO é un paso máis, pero temos claro que debemos seguir reivindicando a mellora das condicións laborais e así o faremos.
    A firma deste acordo non significa que todo o traballo estea feito,
    agora toca poñelo en marcha, esixir o seu cumprimento e tentar
    melloralo no futuro.

    Poñémonos
    á vosa disposición para aclarar calquera dúbida que vos xurda.

  • Continúan os despedimentos en ADECCO OUTSOURCING en Vigo

    Esta vez son 16 os traballadores despedidos tras perder o servizo que a empresa de multiservicios Adecco Outsourcing ten contratado con GEFCO España no centro denominado CTL3 en Mos e que se basea no almacenamento e preparación de pedidos para PSA-Peugeot-Citroen.

    Na Federación de Servizos de CCOO non entendemos que se sigan producindo situacións deste tipo que non teñen ningunha explicación lóxica e razoable. Tras conseguir unha mellora das condicións laborais e salariais coa firma de varios acordos con Adecco Outsorcing, atopámonos con que a decisión que toma a empresa principal é rescindir o contrato para, imaxinamos, cambiar a estes traballadores por outros con peores condicións. Non entendemos que un servizo que estaba a funcionar perfectamente, de súpeto e sen motivo aparente, deixe de ser interesante para GEFCO España.
    Desde CCOO estamos a facer un esforzo importante para conseguir mellorar ás paupérrimas condicións de traballo que están a sufrir os traballadores e traballadoras das empresas Multiservizos. Por iso non podemos deixar de denunciar actos como este, no que, baseado en non se sabe que tipo de intereses e utilizando armas legais que a reforma laboral puxo ao alcance das empresas, decídese despedir a uns traballadores que a través da negociación colectiva conseguiran unha pequena mellora das súas condicións de traballo, para sen dúbida ningunha pór no seu lugar a outros en peores condicións.

  • CCOO Servizos acada a maioría nas eleccións do 061 en Santiago

    Nas eleccións parciais celebradas hoxe 30 de xuño no 061 de Santiago, CCOO Servizos acadou un total de tres delegados para un comité de cinco, quedando os outros dous repartidos entre UGT e CUT. Cabe salientar o avance suscrito pola Federación de Servizos xa que na anterior convocatoria foron elixidos dous delegados de CCOO.

    Esta maioría amosa o gran apoio do personal do 061 ao traballo realizado por CCOO Servizos nesa empresa. Agradecemos a todas/os o apoio recibido e lembramos que as/os nosas/os delegados sempre terán a total disposición de defender os dereitos laborais de todas/os as/os traballadoras/es.