Categoría: Accion sindical

  • Igual traballo, igual salario: Éxito total da folga e mobilizacións polo convenio de comercio alimentación de Ourense

    O conflito no sector de comercio de alimentación de Ourense xurdiu pola falta de avances nas negociacións do convenio provincial, que leva anos caducado e mantén condicións salariais moi por baixo das outras provincias galegas. Mentres o persoal de supermercados de Froiz, Gadis e Grupo Cuevas de Ourense realiza as mesmas tarefas có persoal de Lugo, Pontevedra ou A Coruña, perciben salarios máis baixos, algo que é totalmente inxusto.

    Patronal inmobilista
    A patronal mantivo unha postura inmobilista, sen presentar propostas concretas para corrixir estas diferenzas e mellorar as condicións laborais. Ante esta situación, as traballadoras e traballadores, organizados pola representación sindical de CCOO, USO, CIG e UGT, reclamaron o mesmo salario polo mesmo traballo e subas salariais xustas que recoñezan o esforzo diario que realizan.

    Folga e mobilizacións
    Despois de chamadas ao diálogo e mediacións sen éxito, as persoas traballadoras en asemblea, apoiadas pola representación sindical, decidiron dar un paso firme. O 16 de maio convocouse unha primeira xornada de folga que xa contou cun seguimento superior ao 90%, demostrando a disposición do persoal do sector a defender as súas reivindicacións. Posteriormente, os días 6 e 7 de xuño convocouse unha nova folga, cun seguimento masivo en toda a provincia, deixando claro que o persoal non está disposto a seguir soportando estas condicións.

    Ademais, o día 7 de xuño tiveron lugar mobilizacións multitudinarias nas rúas de Ourense, onde as traballadoras e traballadores fixeron visible a súa demanda de igualdade salarial e dignidade laboral. A mensaxe foi clara: non hai xustificación para que as mesmas empresas paguen menos en Ourense que noutras provincias galegas.

    A loita continúa
    Desde a representación sindical advertimos á patronal que, de non presentar avances reais nas negociacións, as mobilizacións poderán continuar e mesmo intensificarse nas vindeiras semanas. A unidade e a participación nestas xornadas de folga e manifestacións deixan claro que o sector está preparado para loitar polo que lle corresponde: un convenio provincial digno, xusto e igualitario.

     

    convenio comercio alimentación Ourenseconvenio comercio alimentación Ourenseconvenio comercio alimentación Ourenseconvenio comercio alimentación Ourense

  • Novo ERE en Teleperformance Coruña: paros e mobilizacións o 10 de xuño para defender o emprego

    O comité de empresa de Teleperformance na Coruña anunciou a convocatoria de mobilizacións o 10 de xuño en resposta ao novo expediente de regulación de emprego (ERE) anunciado pola compañía.

    As mobilizacións incluirán paros laborais de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, así como unha concentración diante das oficinas de Vodafone na praza de Pontevedra, ás 12:00 horas.

    Afectación do ERE en Teleperformance A Coruña

    O novo ERE supón a perda de 27 postos de traballo no centro de Teleperformance da Coruña, situado no polígono da Agrela. Este centro conta actualmente con 427 traballadoras e traballadores.
    A afectación céntrase integramente no persoal adscrito ao servizo de Vodafone, que xa sufriu un axuste importante en outubro de 2023, cando 41 persoas foron despedidas.

    Impacto estatal do ERE

    A mesa negociadora do novo ERE constituíuse o pasado 30 de maio e afecta un total de 321 persoas en centros de traballo de seis cidades do Estado.
    Teleperformance, líder mundial no sector dos contact centers, emprega a 11.000 persoas en España e máis de 138.000 en 47 países. Desde a adquisición do grupo Majorel en 2023, a empresa executou xa catro ERE, dous deles directamente na propia Teleperformance.

    Denuncia da destrución de emprego

    O comité de empresa denuncia a destrución deliberada de emprego, a pesar dos beneficios millonarios das empresas para as que presta servizo Teleperformance.
    Destacan tamén que este sector está altamente feminizado e que a maior parte do persoal afectado na Coruña ten máis de 50 anos e unha ampla experiencia profesional.

    ____________________________________

    enlightenedActualización: Imaxes da concentración do día 10 de xuño

    mobilizacións contra o ERE en Teleperformancemobilizacións contra o ERE en Teleperformancemobilizacións contra o ERE en Teleperformancemobilizacións contra o ERE en Teleperformancemobilizacións contra o ERE en Teleperformancemobilizacións contra o ERE en Teleperformancemobilizacións contra o ERE en Teleperformancemobilizacións contra o ERE en Teleperformance

  • Arrinca a negociación do convenio comercio materiais de construción de Pontevedra

    Na reunión do 27 de maio de 2025 constituímos a mesa de negociación do convenio do sector, na que ningún sindicato ten maioría, coa seguinte composición: CCOO: 4, CIG: 6 representantes, UGT: 3.

    Nesta primeira xuntanza constituíse a mesa, e a plataforma estará en poder da patronal antes da próxima reunión, que se celebrará o 10 de xuño ás 11:00h nos locais de ASEMACO. Ler máis

    Plataforma de CCOO para o convenio 2025-2026

    • Vixencia: Propoñemos unha duración de 3 anos (2025-2026)
    • Salario mínimo de convenio: 18.000€
      • Incremento Convenio 4% anual (Complementos e pluses na mesma porcentaxe).
      • Cláusula de revisión salarial ligada ao IPC + 1%.
    • Xornada:
      • Máxima anual: 1.712 hr
      • Descanso entre xornada:
      • 5 horas ou máis: 20 minutos de descanso
      • 8 horas ou máis: +10 minutos aos 20 desfrutados
      • Implantación de controis de presenza efectiva e medidas contra as horas extras non cotizadas.
      • Prioridade xornadas continuadas en tendas sen peche a mediodía – Bonificación por xornadas partidas
      • Límite tempo máximo entre xornadas: 2H
      • Libranza 2 días consecutivos – Días máximos de xornada ao ano
      • Establecer 1 fin de semana de calidade ao mes
    • Contratación:
      • Redución parcialidade: 80% do persoal fixo a tempo completo (excluídos fixos descontinuos)
      • Contratos a tempo parcial: prioridade para cobertura de vacantes a tempo completo
      • Horas complementarias: consolidación de excesos de horas do ano anterior
      • Fixos descontinuos: mellorar períodos mínimos de contratación e preaviso de chamamento
    • Permisos:
      • Actualización a Estatuto
      • 1 día para parentes de 3º grao
      • 1 día por voda de parente de 3º grao
    • Saúde Laboral:
      • Procedementos de control dos riscos psicosociais.
      • Protocolos para a suspensión por risco no embarazo.
      • Melloras para a participación dos Delegados/as de Prevención na Empresa.
      • Esixir avaliación de riscos con perspec va de Xenero.
      • Recoñecementos médicos anuais por conta da empresa (criterios Art. 22 Lei de Prevención Riscos Laborais, Art. 37 Regulamento dos Servizos de Prevención) e que incluirán revisión xinecolóxica e mamografía.
      • Incluir no artigo de baixas que os días de repouso se considerarán situacións asimiladas á baixa a efectos do complemento por IT. Establecer de forma expresa a posibilidade de realizar contratos de substitución, regulados no Art. 15 do ET, para suplir ás persoas traballadoras que deban gardar repouso por prescrición faculta va”.
      • Actualizar Seguros de Vida e Accidente.
    • Igualdade:
      • Adaptacións de xornada sen reducción
      • Lactación por xornada
      • Protocolos contra o acoso
      • Obrigas legais e recomendacións en materia de igualdade do CCAINC: Comisión Consultiva Autonómica para a Igualdade entre Mulleres e Homes na Negociación Colectiva. Plataforma completa CCOO
      • LGTBI: ver Plataforma completa CCOO
    • Revisión de:
      • Protocolos Desconexión
      • Actualizar Conflitos Resoltos Mediante Comisións Paritarias.
      • Acumulación de Horas en Dereitos Sindicais

    Plataforma CCOO

  • Lume no convenio do comercio alimentación de Ourense: Folga de 2 días e manifestación

    Sabemos que é posible e xusto, entón… por que esta patronal segue a provocar? A patronal mente outra vez.

    Presentan unha suba salarial de MISERIA:

    • 2025: chega a 18.100€, a costa das subas de 2026, 27 e 28
    • 2026: +47€ brutos/mes
    • 2027: +47€ brutos/mes
    • 2028: +24€ brutos/mes

    Non chega nin ao plus de transporte doutras zonas! Queren que cobremos 19.860€ en 2028 cando noutras provincias iso xa se cobra en 2025!!!.

    É UN INSULTO!
     

    Por iso faremos:

    • Folga de 2 días: Venres 6 e sábado 7 de xuño
    • Manifestación: Sábado 7 de xuño ás 12:00 h polas rúas de Ourense

    NON IMOS PARAR

    Porque temos razón, porque é xusto, porque poden pagalo, porque xa perdemos o medo, porque Ourense está con nós.
    Seguiremos loitando polos nosos dereitos e pola nosa dignidade!!

    Circular 27.05.2025 "Lumee!!!"

  • Convenio comercio alimentación Ourense: A patronal non chega

    O día 20 de maio celebramos en Ourense a primeira xornada de mediación do Convenio Colectivo Provincial do Sector da Alimentación trala folga.

    Tras un primeiro intercambio de opinións, no que situamos o conflito e o punto de partida da mediación, a parte empresarial trasladounos unha proposta económica que segue sen achegarse aos 18.100 euros para o 2025 e aos 19.500 euros para o 2026, cifras que reclamamos para as nosas compañeiras e compañeiros do sector.

    Reprochámoslle á patronal que, malia terse vivido unha xornada histórica de folga, continúa sen facer un exercicio de reflexión nin de recoñecemento da realidade laboral que padecemos.

    Desde a parte social, e de forma consensuada entre CCOO, CIG, USO e UGT, trasladámoslle unha nova proposta co obxectivo de acadar un acordo digno para todas as traballadoras e traballadores do sector:
    2025: 18.100 €

    • 2026: 19.500 €
    • 2027: Suba segundo o IPC do ano 2026, cun mínimo garantido e un plus de transporte de 80 € en 12 pagas
    • 2028: Suba segundo o IPC do ano 2027, cun mínimo garantido e plus de transporte de 80 € en 12 pagas
    • 4 sábados de calidade ao ano (1 por trimestre), reducindo así a xornada anual
    • Adaptación do convenio á lexislación vixente en materia de contratación, xornada, permisos e licenzas
    • 20 % de plus de nocturnidade para as horas traballadas entre as 22:00 e as 06:00
    • Axuda escolar de 80 €
    • 32 días de vacacións. Un día adicional sobre o actual

    Tras un receso para valorar a nosa proposta, a patronal solicitou aprazar a reunión ata o vindeiro venres 23 de maio ás 10:00 da mañá.